Curso 2023-24
CONMEMORACIÓN DO 25N...2023
O venres conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero. Decoramos o centro, pedimos que o alumnado viñese cun pano morado na cabeza e despois do recreo celebramos un acto no patio.
Neste acto leron tres alumnos/as de 5º de primaria un manifesto e ao rematar todos os cursos cantaron e bailaron unhas cancións que prepararon na aula coa profe Maite e o seu profesorado.
Fixérono xenial!!
Agardamos que esta conmemoración lles permita ver que a sociedade precisa un cambio, para que ningunha muller máis sufra a violencia de xénero.
CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023
O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.
Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.
Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.