Curso 2014-15

UN SELO PARA OURENSE

Hoxe queremos dar a noraboa a un alumno do noso centro: Antón Alvaredo López-Vizcaíno, de 5º de Educación Primaria, que acaba de ser galardonado cun accésit no concurso "UN SELO PARA OURENSE".

Co obxecto de acercar aos escolares a unha actividade tan divertida e educativa como é a filatelia, o comité organizador da EXPOSICIÓN NACIONAL DE FILATELIA XUVENIL XXIV JUVENIA 2015 OURENSE organizou este concurso en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ourense. Esta exposición, que se celebra de forma bianual, reúne a xoves coleccionistas de selos de toda España, e este ano celebrase en Ourense, do 18 ao 25 de abril. 

O concurso consistía en debuxar un selo que simbolizase o que cada neno/a considerase máis representativo da capital ourensá. 

No noso cole participaron un total de 47 alumnos/as dos cursos de 2º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria, entre eles Antón, que recibiu un diploma polo seu traballo e que lle foi entregado o martes 21 de abril no Auditorio Municipal, lugar onde se celebra JUVENIA 2015 e onde podedes ver todos os selos participantes no concurso, incluídos os do noso cole.

Nas seguintes imaxes podedes ver o selo deseñado por Antón e algúns momentos da entrega de premios:

Antón coa súa irmá ensinándonos o seu selo  O selo de Antón: a catedral de Ourense  
Con todos os premiados Coa súa nai mostrándonos o seu diploma

Tamén se premedes no seguinte enlace podedes ver todos os selos realizados polos alumnos/as do noso centro e que participaron no concurso:

UN SELO PARA OURENSE 

MERCADILLO SOLIDARIO

A ANPA do noso centro quere dar as grazas a todas as persoas que o pasado 19 de abril se acercaron ao colexio para participar na xornada de convivencia e /ou no mercadillo solidario. Este mesmo agradezemento tamén o expresan os rapaces/zas de 6º curso que contaron cun posto, onde vendían augas e refrescos, para recadar fondos destinados á excursión de final de curso que van realizar no fin de semana do 1 ao 3 de maio.

 

 

 

GRAZAS A TODOS

POLA VOSA

PARTICIPACIÓN !!

 

 

 ESPERAMOS SEGUIR CONTANTO COA VOSA COLABORACIÓN EN FUTURAS EDICIÓNS NO VINDEIRO CURSO!!!

TRABALLANDO NO HORTO

Xa está aquí a nosa noticia semanal sobre o horto escolar, que agora, coa chegada do bo tempo, está en plena actividade.

1-O venres, 17 de abril, os pequenos/as de 5º de infantil sementaron chícharos:

 

2- E os cativos/as de 4º e 5º de infantil, plantaron unhas bonitas petunias para "seguir poñendo guapa a nosa escola"

(Preme nas imaxes para ver as fichas a maior tamaño)

E mirade como van medrando as nosas colleitas:

 

COCER E CANTAR

Un ano máis a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ourense, trouxo o teatro ao noso cole para conmemorar o Día Mundial do Consumidor (día 15 de marzo). O venres, 17 de abril, da man do grupo SEISDEDOS, tivo lugar a representación da obra de títeres COCER E CANTAR, ou como o denominan os seus creadores ESPECTÁCULO GASTRONÓMICO MUSICAL PARA MARIONETAS.  Nesta ocasión a obra ía destinada aos máis pequenos/as do cole, 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. 

"Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Pero para preparar tan saboroso manxar primeiro deberán mercar con moito tino os ingredientes. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial...

Contidos: consumo responsable, que favoreza os produtos de alimentación locais " (Sinopse da obra na páxina web do grupo http://viravoltatiteres.com/)

O espectáculo, onde prima a interacción co público, resultou moi ameno e divertido para os nenos/as. Se premedes nas imaxes accededes á galería de fotos para ver o ben que o pasaron. 

MERCADO SOLIDARIO

Este domingo, 19 de abril, a ANPA do centro celebra unha nova edición do seu mercado solidario.

Unha vez máis animámosvos a asistir. Ademais de pasar unha xornada divertida en compañía doutros membros da comunidade escolar, podedes mercar algún obxecto artesanal, algún postre caseiro, roupa... a uns prezos moi especiais, ao mesmo tempo que colaborades nunha causa solidaria.

Xa sabedes que haberá "hinchables" e xogos para os nenos/as.

A ANPA destinará parte do recaudado á OPERACIÓN QUILO... NO COLE, a financiar actividades e excursións para o alumnado do centro...

Unha vez máis...

CONTAMOS

CONVOSCO!!!!

 

 

XADREZ, APRENDER A APRENDER

Este pasado domingo, 12 de abril, o xornal LA VOZ DE GALICIA, publicou unha reportaxe sobre o proxecto XADREZ, APRENDER A APRENDER, proxecto piloto promovido polo Concello de Ourense, que coordina o xadrecista Joaquín Bello (vinculado á Escola de Xadrez do Liceo), e que ten lugar  nun limitado número de colexios  da nosa cidade, sendo o noso un deles. Na primeira parte da reportaxe analízanse os obxectivos do plan, como se está desenvolvendo a experiencia, a que nenos/as vai dirixido, os posibles resultados a longo prazo... Nunha segunda parte, reprodúcese unha pequena entrevista con Joaquín Bello e remata cunha pequena reseña sobre o material utilizado.

(Se premedes na imaxe podedes ler esta interesante reportaxe)

Aquí tedes unhas fotos tomadas este luns, 13 de abril, dos pequenos/as na clase de xadrez:

ANTÓN PULIDO

O xoves, 9 de abril, os rapaces/zas de 5º e 6º de Educación Primaria foron á sala de exposicións "Afundación" sita na Praza Maior de Ourense para visitar a exposición "ANTÓN PULIDO. ANTOLÓXICA". Antón Pulido é un pintor ourensán que a día de hoxe é un dos artistas galegos máis destacados, levando a súa obra dende Tokio ata Nueva York. A exposición consta de 34 obras datadas entre os anos 1970 e 2013 e constitúen un excelente testimono da evolución do artista.

Unha vez alí, os alumnos/as foron divididos en dous grupos: mentres un grupo facía unha visita guiada polas obras expostas, o outro grupo participaba nun taller de pintura creativa. Logo en pequenos grupos, os alumnos/as realizaron unha pequena investigación sobre o cadro que lles foi asignado. Despois, unha guía-especialista, fixo unha análise sobre a cor, os sentimentos e o estilo pictórico do autor, ensinándolle aos nenos/as unha maneira diferente de ver e apreciar a arte.

 

Para sorpresa de todos o propio autor apareceu na sala de exposicións. Fixo un percorrido cos nenos/as pola súa obra, contoulles as súas vivenzas e animounos a que manifesten a súa creatividade con total liberdade. Que entusiasmados quedaron ao contar coa presenza  e o testimonio do propio autor... e coñecer de primeira man o significado da súa obra!!!

 

 (Preme na imaxe para acceder á galería de fotos)

Tamén se premedes no seguinte enlace accededes ao blog da aula de 6º A onde nos explican como viviron a experiencia: andaina de 6ª A 

TRABALLANDO NO HORTO

Grazas ao bo tempo que estamos tendo, a actividade no noso horto escolar vai cada día en aumento. Nesta pasada semana foron varias as actividades que realizamos:

1- O mércores, 8 de abril, os alumnos/as de 3º de primaria estiveron dándolle unhas voltas á zona das tuias (mirtos), plantadas no mes de novembro. Arrincaron as malas herbas, regaron e limparon en xeral o seu contorno.

2- O venres, os cativos/as de 4º de infantil estiveron sementando lirios e dalias para seguir "poñendo guapa a nosa escola"

3- Os pequenos/as de 5º e 6º de infantil  plantaron leitugas e tomates

 (Premede na imaxe para acceder á ficha completa)

Ah!! Tamén puxeron unhas estupendas "guías" para os tomates:

ACOLLIDA TEMPERÁ

Informar a todas as familias da posibilidade de poderse acoller no próximo curso 2015/2016 ao programa de ACOLLIDA TEMPERÁ (atención ao alumnado antes do inicio da actividade lectiva nun horario entre as 7:30 h ou 8:00 h e as 9:30 h). A ANPA do centro está realizando os trámites necesarios para o establecemento deste servizo. A súa implantación depende do número de alumnos/-as inscritos (é preciso un mínimo de 15 alumnos/-as). A acollida temperá integra tamén un servizo de almorzo saudable e o custo total sería de 39,50 €/mes

Os/as alumnos/-as inscritos neste servizo de acollida/almorzo saudable poderán ter unha subvención do Concello de Ourense de 9,00 €/mes.

 Toda familia que estea interesada pode poñerse en contacto coa ANPA ou a secretaría do centro e cubrir o cadro de inscrición que poden descargar no seguinte enlace:

 Formulario de inscrición

TRABALLANDO NO HORTO: SEMENTANDO XUDÍAS E ALGO MÁIS...

O último venres antes das vacacións de Semana Santa os alumnos/as de 5º e 6º de educación infantil e os de 3º B de educación primaria estiveron no horto realizando dúas tarefas:

1º- Primeiro observaron as nosas plantacións e á vista de certos perigos... colocaron algunhas trampas moi ecolóxicas.

(Preme na imaxe para visualizala a maior tamaño)

2º- Estiveron sementando xudías, logo na clase repasaron as súas propiedades e beneficios e,  os pequenos/as de infantil estiveron facendo uns bonitos traballos... adiviñades con que...?

(Preme na imaxe para visualizala a maior tamaño)

Powered by Drupal - Design by artinet