Curso 2014-15

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA RAIGAME

O corresponsal do xornal La Región da zona de Celanova e membros da Fundación Curros Enríquez desprazáronse ata o noso centro o mércores 13 de maio para que o alumnado de 6º B de primaria, participante na difusión da obra de Curros gravaran unha parte do seu poema máis coñecido "A Virxe do Cristal":

"(...) Era unha pedrña pedra,

era unha pedra pedriña,

como un ovo de galiña

tallado en fino cristal:

unha pedra primorosa, 

elíptica, limpa, pura,

de artificio e soldadura 

sin xiquera unha sinal (...)"

 

E o 17 de maio, o mural realizado polos alumnos/as de 6º B, pertencente ao proxecto sobre a difusión do poema de Curros Enríquez  "A Virxe do Cristal" presidiu o palco no día das Letras Galegas na Exposición Etnográfica Raigame. Quedará exposto permanentemente no terceiro andar da Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes unha vez rematada a Aula expositiva. 

XORNAL ESCOLAR

Xa saímos na tele!!, o martes 13 de maio emitiuse pola cadea de televisión local TELEMIÑO o programa XORNAL ESCOLAR no que o noso o centro era o protagonista. Os que non puidestes ver o programa aínda tedes ocasión de facelo pois o mesmo repítese ao longo da semana. Estade atentos á programación de TELEMIÑO para coñecer o día e a hora de emisión. E se alguén queda sen velo, non vos preocupedes, en canto estén dispoñibles os vídeos do programa en internet, poremos un enlace na nosa web. 

Como complemento do programa, o mesmo día, o 13 de maio, saímos na edición impresa e na dixital do xornal ourensá La Región.  

Preme na foto para acceder á edición dixital do xornal La Región  Facede clic na imaxe para ler a noticia publicada na edición impresa 

TRABALLANDO NO HORTO

Esta semana na nosa sección habitual do horto escolar facemos unha chamada ás familias dos nenos/as de Educación Infantil para que se anoten e participen connosco na festa de Voz Natura que se vai celebrar o vindeiro 6 de xuño no parque Acea de Ama (Culleredo-A Coruña). A viaxe realizarase en autobús que correrá a cargo do colexio, o acceso ás instalacións é gratuíto, así coma todas as actividades que alí se ofertan: inchables, talleres, xogos, competicións deportivas, exhibicións, actuacións...  Haberá postos de comida en todo o parque. 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE CONNOSCO NA FESTA DE 

Se premedes no seguinte enlace podedes ver no blog do horto escolar as actividades realizadas o pasado venres, entre elas a colocación das "casiñas" ...

DO HORTO AO PRATO. O XARDÍN DOS SENTIDOS

XORNAL ESCOLAR

ATENTOS ESTA SEMANA Á CADEA DE TELEVISIÓN LOCAL TELEMIÑO, O VINDEIRO MÉRCORES, 13 DE MAIO (e repetirase en días posteriores), O NOSO COLE SERÁ O PROTAGONISTA DO PROGRAMA XORNAL ESCOLAR. NON O PERDADES, VEREDES QUE PRESENTADORES E QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE...

TERCEIRA SEMANA MUNDIAL DA SEGURIDADE VIARIA

Do 04 ao 10 de maio celébrase a 3ª Semana Mundial das Nacións Unidas para a Seguridade Viaria. Con elpreténdese destacar o perigo que corren os nenos/as nas estradas e promover accións en todo o mundo que axuden a mellorar a súa seguridade.

Unha das iniciativas promovidas pola ONU é a presentación da  "Declaración dos Nenos para a Seguridade Vial", documento elaborado por expertos a partir dos pensamentos e  medos expresados polos nenos/as cando van camiño da escola e empregan as rúas e estradas. Nesta declaración recóllense as medidas que se deberían promover  en todos os países do mundo para evitar os accidentes de tráfico e que axuden a que os nenos/as se sintan máis seguros.

 

Dende a páxina web oficial desta iniciativa invítase a todos a que nos unamos a esta campaña asinando a citada declaración co obxectivo de:

- Chamar á acción para deter o crecente número de mortes infantís nas rúas e estradas en todo o mundo.

- Pedir aos dirixentes que tomen medidas que melloren a seguridade dos nenos/as nas rúas e estradas.

- Apoiar o movemento para a seguridade vial liderado por nenos/as de todo o mundo.

Dende o noso centro, unímonos tamén a esta campaña e animamos a todos a que asinedes a declaración dos nenos para a seguridade viaria, para iso só tedes que picar nos seguinte enlaces para ler a declaración:

- Declaración dos Nenos para a Seguridade Vial

e asinala accedendo á páxina web oficial:

UN DÍA NO SUPER

O pasado venres, 24 de abril, os pequenos/as de Educación Infantil foron visitar un supermercado, concretamente o   supermercado da cadea LIDL que se atopa moi preto do noso centro.

Alí viron primeiro os almacéns e como reciclan o papel e o plástico dos embalaxes. Xa dentro, viron todas as seccións pero explicáronlles dun xeito especial a sección dos alimentos saudables: froitas e verduras frescas. A súa presentación, envasado, manipulación... e aprenderon que debemos poñer luvas cando collemos estes alimentos.

Por último, e despois de saborear unhas estupendas fresas, por un ratiño, foron uns estupendos caixeiros!!!

O xornal fíxose eco desta visita:

VISITA EDAR

O xoves, 23 de abril, os alumnos/as de 6º A foron visitar a EDAR (Estación de Tratamento de Augas Residuais), situada na zona de Reza, para coñecer o seu funcionamento. Mediante unha proxección, tiveron primeiramente unha explicación de todo o proceso de depuración e logo foron guíados por toda a planta para coñecer in situ o funcionamento. Con esta actividade, promovida polo Concello de Ourense, preténdese que os nenos/as coñezan a necesidade e a importancia de depurar as augas e o caro e custoso que ten este proceso para conciencialos da necesidade de non malgastar a auga potable. 

                                             (Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos desta saída)

SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

A biblioteca do centro organizou o 22 de abril unha nova sesión de contacontos co gallo da celebración do Día Mundial do Libro. Primeiro, nun grupo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e a continuación, noutro grupo, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron da sesión de animación á lectura "As maletas viaxeiras" que interpretou a actriz Sabela Gago.

 

E o xoves, 23 de abril, tivo lugar a segunda edición da actividade de animación á lectura "Apadriñamento lector"

(Para máis información, premede nas imaxes para ir ao blog da biblioteca)

TALLERES DE CIENCIA DIVERTIDA

Este martes, 21 de abril, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil participaron nos talleres CIENCIA DIVERTIDA. Estes talleres, realizados no cole e promovidos polo Concello de Ourense, foron impartidos por un monitor de educación ambiental. O fin dos mesmos é o de potenciar a participación, a creatividade e o interese dos nenos/as pola ciencia, aplicada a elementos da súa realidade diaria, dunha maneira divertida e diferente. Realizáronse tres talleres distintos, un para cada grupo de infantil, e foron diversos os experimentos realizados, aquí tedes algúns deles:

- COMO  INCHAR UN GLOBO SEN SOPRAR - Os nenos/as comprobaron esta reacción química: nunha botella metemos auga e vinagre; nun globo, bicarbonato. Ao colocar o globo na boca da botella, o bicarbonato cae na mestura e... maxia! O globo inchase só.

- O VOLCÁN - Partimos de auga, bicarbonato e colorante depositados nun vaso, ao botarlle vinagre... prodúcese unha verdadeira erupción volcánica... como resultado da reacción química entre unha substancia ácida e outra básica. 

- ELECTRICIDADE ESTÁTICA- frotando un globo contra o pelo, por exemplo, xenérase unha carga estática que fará que este se pegue facilmente a algúns obxectos... coma o papel...

- ÁCIDOS E BASES -  como distinguir mediante reactivos, se unha substancia é básica ou ácida... basta con meter un indicador na substancia e... a cor resultante diranos se é básica ou ácida.   

VISITA Á POLICÍA NACIONAL

Enmarcada dentro das actividades promovidas polo Concello de Ourense, atópase a actividade VISITA Á POLICÍA NACIONAL, actividade que realizaron, o pasado 22 de abril, os alumnos/as de 6º de Educación Primaria nas depedencias da Comisaría da Policia Nacional de Ourense.

Dita actividade consistiu nunha visita guiada polas instalacións da comisaría (sala de transmisións, calabozos, sala de identificación de detidos, heliporto...) para coñecer de preto o traballo que realizan os axentes. Alí explicáronlles o procedemento que seguen dende o momento en que un detido entra na comisaría ata que o xuíz decide o que facer con el, así como as distintas áreas de traballo que se realizan en cada dependencia.

(Premendo na imaxe podedes ver algunha foto máis na nosa galería de fotos)

Powered by Drupal - Design by artinet