Comezan a chegar as recomendacións de lectura elaboradas nas bibliotecas escolares galegas. Estas guías de lectura para o Nadal, que pretenden orientar ás familias na adquisición de textos axeitados á idade dos lectores e lectoras, incorporan tamén suxestións para os adultos e son válidas na medida en que están elaboradas desde o coñecemento dos textos que se seleccionan e desde o interese por mellorar a competencia lectora do alumnado. Porque só lendo libros de calidade se aprende a seleccionar os bos libros, distinguíndoos dos textos máis banais ou completamente prescindibles.
Guías de lectura
Lecturas para o inverno
Guías de lectura para o verán 2009
Coma en anos anteriores, e contra vento e marea, os profesionais que traballan nas bibliotecas escolares e que, día a día, miran pola formación das nenas e nenos como lectores, prepararon coidadas seleccións de lecturas para o verán que xa se anuncia:
Día das Matemáticas e lecturas
O 12 de maio celébrase o Día das Matemáticas. Desde a Biblioteca do IES Auga la Laxe, achégannos unha interesante selección de títulos relacionados con esta materia.
A páxina da FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) inclúe, entre outros recursos, varias actividades específicas para este día, que son todos os do ano; entre elas, unha conferencia sobre a cidade e as matemáticas do profesor Jose María Sorando.
Libros sobre libros
A responsable da biblioteca escolar do IES de Ames informa dunha exposición realizada no centro co gallo da celebración do Día do Libro. Acompaña a esta exposición unha guía de lectura: Libros sobre libros.
Por outra parte, no blogue do IES Fernando Esquío, de Neda, hai acceso a unha interesante exposición sobre a Historia do Libro, que tamén se pode visitar nestes días. Aquí, unhas fotografías da exposición que, con absoluta xenerosidade, a biblioteca oferta en préstamo a outros centros a través do seu blogue.
Noraboa aos equipos de ámbolos dous centros polas súas iniciativas.
Guía de lectura para nais e pais de adolescentes
A Biblioteca escolar do IES Fernando Esquío, de Neda (A Coruña), en colaboración do Departamento de Orientación do centro, editan unha guía de lecturas, Especial Guía Familias. Interesante material que recolle títulos destinados ás nais e pais de adolescentes. Inclúen "conceptos básicos para ser pais de adolescentes" e "mensaxes clave" que orientan o labor educativo con mozos e mozas destas idades.
Parabéns por esta iniciativa que vén a exemplificar a apertura da biblioteca a toda a comunidade educativa, non só co ofrecemento de espazos e recursos, tamén con orientacións e propostas especificamente destinadas ás familias.
Lecturas recomendadas para o Nadal
Chega decembro e nas bibliotecas escolares continúan a ser fonte na que beber para quen ten gana de ler e sede de coñecemento. Estannos a chegar as novas recomendacións de lectura para este tempo de inverno, guías para unha lectura de calidade. Agradecemos o traballo dos equipos das bibliotecas que poñen as súas estudadas seleccións ao servizo de tod@s, e felicitamos por este traballo que favorece a formación do alumnado como lectores e lectoras e, ao tempo, facilita a implicación das familias no labor de difusión do hábito da lectura. Velaquí algúns exemplos:
Guías de lectura - Verán 2008
Comezan a chegarnos as guías de lectura elaboradas polos centros para recmendar lecturas de cara ao verán.
- CEIP Quintela de Moaña. Lecturas Infantil-2008
- CEIP Quintela de Moaña. Lecturas Primaria-2008
- CEIP Mestres Goldar. Vigo: Lecturas frescas
- CEIP Os Casais. Fene. Recomendacións para o verán
- CEIP Wenceslao Fernández Flórez. A Coruña: Guía lecturas Infantil
- CEIP Wenceslao Fernández Flórez. A Coruña: Guía lecturas Primaria
- CEIP Milladoiro, de Malpica: Lectura para o verán 2008
- IES Fernando Blanco. Cee: Guía de lecturas-Bacharelato
- IES Fernando Blanco. Cee: guía de lecturas-ESO
- IES Pedra da Aguia, Ponte do Port-Camariñas:Verán 2008
Novas guías de lectura... para o Día Internacional do Libro
Chegan novas guías de lectura, seleccións de gran interese elaboradas polos equipos das bibliotecas escolares, co fin de orientar as seleccións do alumnado, dar a coñecer novidades e títulos de referencia en relación a unha temática determinada, un xénero ou un autor. Son recursos fundamentais para os mediadores e a súa difusión serve, entre outras cousas, para rendabilizar o traballo de todos e todas e ampliar os efectos do traballo colaborativo. Detrás de cada guía de lectura, de cada selección, hai un traballo previo, de moitas horas de consulta de catálogos e visitas a librerías e bibliotecas, de lectura e análise, de elaboración... un traballo que cómpre recoñecer e agradecer.
IES Poeta Añón, de Outes (A Coruña):
IES Pedra da Aguia, de Ponte do Porto (Camariñas):
Guías de Lectura - Primavera 2008
Chegan desde os centros diversas guías de lectura, algunhas temáticas, outras de contido máis diverso, destinadas á recomendación de lecturas para estes días de lecer a comezos da primavera.
Guías de lectura: matemáticas - física e química
A biblioteca escolar do IES Afonso X O Sabio, de Cambre, en colaboración dos diversos Departamentos do centro, continúa a elaborar interesantes e atractivas guías de lectura, que pon a disposición da comunidade educativa do centro e de todas as bibliotecas escolares, a través da súa páxina: http://biblioafonso.googlepages.com/home
Guías de Nadal - III
- IES Armando Cotarelo Valledor, de Vilagarcía. Guía para bacharelato.
- IES Armando Cotarelo Valledor, Guía para 1º C. ESO
- IES Armando Cotarelo Valledor, Guía para 2º C. ESO. Responsable da biblioteca escolar, Cristina González
- IES Fernando Esquío, de Neda. Responsable da biblioteca, Dolores París.
- CEIP Wenceslao Fernández Flórez. Cambre. Responsable da biblioteca, Ana Isabel Pérez.
- CEIP Fermín Bouza Brey, de Ponteareas. Responsable da biblioteca Beatriz González:
Guías de Lectura para o Nadal - II
![]() |
Máis guías de lectura para o Nadal:
|
- APIs de Blogue
Guías de lectura para o Nadal
Achégase o tempo de vacacións e as bibliotecas están xa a elaborar as súas Guías de lectura para o Nadal.
|
- APIs de Blogue
Novela histórica
A biblioteca do IES Afonso X O Sabio publica a súa primeira guía de lectura do curso 07/08, nesta ocasión sobre novela histórica. Compre imprimila no mesmo folio e descubrir o xeito de pregala, a modo de entretemento.
No blog desta biblioteca pódese acceder ao conxunto das guías de lectura que elaboraron ata o momento. http://biblioafonso.googlepages.com/home
Pásao de medo!
Guía de lecturas para pasar medo... nova achega da biblioteca do IES Río Cabe, de Monforte, neste novembro de 2007.
IES Río Cabe - Monforte de Lemos
Guías temáticas de lectura: seleccións de títulos e recursos para diversas áreas, achega xenerosa de Mª Luz Paramio dende o IES Río Cabe:
Guías de lectura para o verán
Coa chegada das vacacións, as bibliotecas escolares están a editar boletíns e guías de lectura con recomendacións para o verán:
IES Auga da Laxe - Gondomar
Dende o IES Auga da Laxe, Concha e o seu equipo poñen a disposición de tod@s unha relación de títulos "en igualdade":
IES Pintor Colmeiro - Silleda
Gracia e o seu equipo, dende Silleda, poñen a disposición de todas e todos novas guías de lectura:
Tamén están accesibles no seguinte enlace:
http://centros.edu.xunta.es/iespintorcolmeiro/biblioteca/boletin.htm
IES Leliadoura - Ribeira
Selección de libros para o Nadal 2006:
IES As Tellerias - Narón
Dúas seleccións para o mes de abril:
IES Afonso X O Sabio: novas guías de lectura
Antonio Martínez e o seu equipo publican novas guías temáticas de lectura:
Máis materiais e máis información no blog desta biblioteca escolar: http://biblioafonso.blogspot.com/
IES de Fene
Loly Lago e o seu equipo da biblioteca escolar do IES de Fene remítennos unha Guía de Lectura con novidades de Banda Deseñada:
IES Salvaterra de Miño
Día dos namorados 2007: selección de poemas, suxestións de lectura....
IES Sanxenxo - Portonovo - Sanxenxo
Boletíns informativos que incluímos aquí como guías de lectura por incluíren seleccións temáticas de gran interese: