Asesoría de bibliotecas escolares


A Asesoría de Bibliotecas Escolares é o equipo integrado na Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional , que coordina todas as actuacións en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura integradas no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

 

 

 

Redes sociais: @bescolaresgal 

Pode contactar coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través de:

ASESORÍAS DE ZONA

 

ASESORÍAS SERVIZOS CENTRAIS

 

María Pousa Rodríguez

Coordinadora da asesoría de bibliotecas escolares. Asesora de bibliotecas escolares zona A Coruña

Enderezo: CFR da Coruña. Rúa da Educación, 3, 2º Planta (Edificio U.N.E.D.), 15011 A Coruña (A Coruña) 

Teléfono: 981 274 221 

Correo electrónico: abe.coruna@edu.xunta.gal

Alexandra Cabana Outeiro

Asesora de bibliotecas escolares zona Lugo
Xestión documental Koha, Meiga

Enderezo: CFR de Lugo. Rúa Doutor Yañez Rebolo, 31 27004 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982 251 068

Correo electrónico: abe.lugo@edu.xunta.gal 

Dolores Delfina Nieto Campos

Asesora de bibliotecas escolares zona Ourense 

Enderezo: CFR de Ourense. Avenida da Universidade, 18 32005 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988 241 533

Correo electrónico: abe.ourense@edu.xunta.gal 

Asun Carballo Rodríguez 

Asesora de bibliotecas escolares zona Pontevedra
Plataforma de préstamo dixital E-LBE.2

Enderezo: CFR de Vigo. Rúa Rocío, 72, Coia 36208 Vigo (Pontevedra) 

Teléfono: 986 202 370 

Correo electrónico: abe.pontevedra@edu.xunta.gal 

Enderezo: Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, Rúa de San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela

Correo electrónico: asesoria.bibliotecas@edu.xunta.gal

Eva Cancio Rascado  

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais
Xestión documental Koha, Meiga
Plataforma de préstamo dixital E-LBE.2

Teléfono: 981 546 547 

Hilda Cuba Cabana 

Asesora de bibliotecas escolares-TIC servizos centrais
Soporte aplicación ProgramasBibliotecas

Teléfono: 881 997 562 

Eva García Sexto 

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais
Actividades formativas 

Teléfono: 881 997 637 

María Neira Cerdeira  

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais 

Teléfono: 881 997 330 

Montserrat Penelas-Cortés Bellas

Asesora de bibliotecas escolares-xestión servizos centrais
Libros que van e veñen (bolsas e mochilas)
Maletas viaxeiras 

Teléfono: 881 996 555

 

VII Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados nas Modalidades IV, V, VI e VIII

Estos son os catro podcasts seleccionados na Modalidade IV alumnado de 5º e 6º de Educación Secundaria,  na Modalidade V alumnado de 1º e 2º de ESO, na Modalidade VI alumnado de 3º e 4º de ESO e na mOdalidade VIII alumnado doutras ensinanazas.. A selección recoñece a orixinalidade do traballo,  a calidade sonora e de contido e o uso da radio como ferramenta de inclusión. Un percorrido  polo papel das mulleres como creadoras individualizadas, a importancia das recollas e a representación das cantigas galegas como tradición viva da poesía popular oral a través das novas manifestacións.
 

 CEIP MIlladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña)

 

 

 

 CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo)

 

 

 

 CPI de San Vicente (A Baña-A Coruña)

 

 

 

 CEE de Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

 

 

VII Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados nas Modalidades I, II e III

 
Estos son os catro podcasts premiados na Modalidade I alumnado de Educación Infantil, na Modalidade II alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria; pola orixinalidade do seu traballo e a calidade sonora e de contido. Un percorrido  polo papel das mulleres como creadoras individualizadas, a importancia das recollas e a representación das cantigas galegas como tradición viva da poesía popular oral a través das novas manifestacións.
 
 

 CEIP O Castiñeiro (Laza-Ourense)

 

 

 

CEIP P. San Xoán de Filgueira (Ferrol-A Coruña)

 

 

 

CEIP Ortigueira (Vedra-A Coruña)

 

 

 

 CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra)

 

 

Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.

 
 
 
Axúdame, compañeira,
axúdame, camarada,
axúdame, compañeira,
a facer a foliada.
 
Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 
 
Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia das mulleres como figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura.
 
Mulleres que fortalecían e fortalecen os vencellos comunitarios como fan as bibliotecas escolares de Galicia, tecendo redes arredor do patrimonio e a defensa da nosa cultura.
 
Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2025:  
 

XVII Xornada dos Clubs de Lectura

 

 
 
 
O vindeiro 21 de maio, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Neste curso 2024/2025 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 512 centros que matriculan alumnado de Educación Primaria, ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XVII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a máis de 500 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado. 
 
 
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2025, que desta vez recaeu na escritora Paula Carballeira por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2023/2024, tal e como se recolle na Resolución do 22 de abril de 2025, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Antía Yáñez, Manuel Núñez Singala e Arantza Portabales.
 
 
  Comezará a xornada cunha conversa coa autora premiada e dúas profesoras integrantes dun club de lectura, continuaremos coa intervención do mediador, investigador, escritor e especialista en LIX Freddy Gonçalves; a profesora, investigadora e formadora Gualdalupe Jover; disfrutaremos dunha conversa arredor das redes que tecemos con librarías e bibliotecas públicas e de  sesións simultáneas coa experiencia de dez centros integrados no programa O peche da xornada dará voz ao alumnado que forma parte dos clubs de lectura nunha conversa moderada por Freddy Gonçalves.
 
 
 
 

Documentos de apoio para a elaboración da memoria PLAMBE

 
 
 
Achéganse os seguintes documentos para facilitar a elaboración da memoria PLAMBE 2024/25. 
 

Resolución do VII Concurso de Podcasts - Radio na biblio

O Portal educativo publica a Resolución de 28 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, relativa á convocatoria do VII Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, e prteende salientar a valoración da lingua materna, o coñecemento da poesía galega alén da escrita e o seu carácter colectivo, a relación entre a literatura e a música, o papel das mulleres como creadoras individualizadas, a importancia das recollas e a representación das cantigas galegascomo tradición viva da poesía popular oral a través das novas manifestacións.

Os podcasts seleccionados serán difundidos na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/. Así mesmo, recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Celebrando o Libro e a Lectura nas Bibliotecas Escolares de Galicia

 
 
 
Un día terrible, de mal tempo e contrariedades, aflición e infortunio, desconsolo e malas 
novas, unha desas xornadas confabuladas para a calamidade, en que todo parece saír 
mal e nada vai ao dereito. Pero abrir por fin unha porta ao espazo luminoso dun día de
verán, descubrir a emoción dun reencontro, culminar unha fazaña vibrante, recuperar un 
arrecendo da infancia xa logo esquecido, percibir o agarimo dunha amizade sincera,
espertar náufrago nunha illa deserta,  viaxar a lugares inexplorados, sentir a pulsión do
desexo, tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos o sabor dos labios
amados... abrir un libro!
 
Manuel Núñez Singala. Día do Libro 2025 
 
 
O mes de abril pon en valor o traballo que fan as persoas mediadoras , ao longo do ano, arredor do libro e a lectura nas bibliotecas escolares de Galicia.
 
Imaxe do II Encontro Letras na Praza no CEIP de Carballedo
 
Velaquí algún exemplos: 
 

Adaptación da CDU para as bibliotecas escolares galegas

 

 

 

 

 

 

 

Dende a creación da Asesoría de Bibliotecas Escolares púxose a disposición dos responsables das bibliotecas escolares de Galicia unha adaptación da CDU que servise ás necesidades e características destas.

 

 

Facilitamos agora estes materiais actualizados, xunto cun documento que contén os encabezamentos de materia máis empregados nas bibliotecas escolares.
 
 
Documento que contén información xeral sobre a adaptación da CDU ás bibliotecas escolares, as signaturas topográficas e a organización dos fondos  documentais.
 
CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas na súa versión abreviada (con dous díxitos) que se emprega na maioría de centros educativos que escolarizan alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
 
CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas na súa versión estendida (con tres díxitos) que se emprega habitualmente en centros educativos que escolarizan alumnado de bacharelato, formación profesional e outros centros que precisan dunha maior especificidade na catalogación dos fondos documentais. 
É un documento que serve de axuda tamén no labor de catalogación en centros que utilizan a versión abreviada.
 
Táboa moi simplificada da CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas.
 
Documento de apoio á catalogación no referido aos termos de materia.
 
Documento de apoio á colección no referente ás series e coleccións.

Premio dos Clubs de Lectura 2025 para Paula Carballeira

 
 
 
 
Co gallo da celebración do Día do Libro 2025, publícase a Resolución do 19 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  pola que se recoñece á escritora Paula Carballeira co Premio dos Clubs de Lectura 2025, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24.
 
 
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Desde hai dous cursos, contribúe a este recoñecemento o alumnado dos clubs de lectura da educación primaria. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022), Manuel Núñez Singala (2023) e Arantza Portabales (2024).
 
 
 
Paula Carballeira é unha das autoras máis seguida polo lectorado dos clubs de lectura. Dous dos seus títulos están entre os 50 máis lidos no curso 2023/24: As alumnas  e Trece avisos. Contos para ler pola noite. Nun curso no que a biblioteca escolar sae a escena celebramos que unha peza teatral sexa a obra máís lida. As alumnas foi recoñecida no ano 2023 co Premio Nacional de Literatura Dramática.
 
 

Día Mundial do Libro 2025

 
 
 
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2025.
 
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala, recoñecido polo lectorado infantil e xuvenil galego co Premio dos Clubs de Lectura 2023.
 
Este agasallo ás bibliotecas escolares de Galicia, convida a "... tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos os sabor dos labios amados... abrir un libro!".
 

Convocado o XI Concurso de Traballo por Proxectos

 

 
 
O Portal Educativo publica  a Resolucióna da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, do 26 de marzo de 2025, pola que se convoca, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe),  o XI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de  Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, para traballos realizados durante o curso 2024/2025.
 
 
 
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes: 
 
 
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
 
 
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo/nivel.
 
 
3. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado para  grupos internivelaesr ou departamento.
 
 
4. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común. 
 
 
  O prazo de presentación dos traballos remata o 15 de xullo de 2025.
 
 
 

Día do Libro Infantil 2025

 
 
 
 
 
Fai debuxos
para o meu poema,
pero con liberdade:
estas palabras
que saíron da miña boca
son para ti.
Rian Visser
 
 
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
A sección patrocinadora deste ano é Holanda que difunde a mensaxe de Rian Visser e o cartaz de Janneke Ipenburg co lema "Estas palabras que sairon da miña boca son para ti".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
 

17 de marzo 2025: Día do Cómic e o Tebeo

 
 
 
 
Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
 
A autora do cartel deste ano é a ilustradora Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024. Creadora do cartel "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" , lema das bibliotecas escolares de Galicia no curso 2020/2021, no que nos  ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír. 
 
Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, vén de presentar unha publicación para celebrar esta data:"Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".
 
 

Encontros PLAMBE 2025

 

 
 
 
 
 
Os vindeiros 19 e 20 de marzo celébranse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2024/2025, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura de non ficción, a intelixencia artificial, a competencia lectora, a alfabetización mediática e informacional, o fotoálbum. Ademais, presentaranse un total de 19 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, ALFIN, lecturas compartidas radio , bibliotecas LIA.3  e outros... ). 
 
 
Un espazo de encontro, das máis de 860 persoas coordinadoras, no que as bibliotecas escolares de Galicia saen  a escena, un ano máis!.
 
 

Bibliotecas Escolares Solidarias 2024/25

 
 
O Portal educativo vén de publicar a Resolución do 18 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, destinadas a centros públicos de nivel non universitario e de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no curso 2024/25.
 
Concederánse 5 Selos na modalidade de "Biblioteca Escolar Solidaria"  e seleccionaranse 10 experiencias na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria.
 
O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude onde se integra como un programa de voluntariado cultural.
 
O prazo de solicitude será de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación desta resolución. 
 

Para as mulleres e nenas en TODA a súa diversidade...

 
 
 
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:

   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.

   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.

   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.

   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?
 
 
 
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
 
Día Internacional da Muller 2025 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Para as mulleres e nenas en TODA a súa diversidade:Dereitos, igualdade e empoderamento", reivindica ampliar a igualdade de dereitos, o poder e as oportunidades para todas, cun futuro feminista no que non se deixe a ninguén atrás. O empoderamento da próxima xeración é o núcleo desta idea, xa que a mocidade, en especial as mulleres novas e as nenas adolescentes, serán as protagonista de cambios duradeiros no futuro.
 
Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
 
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030"  apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e  empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas. 
 
As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 
 

Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: 
 

Convocatoria do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio

 
 
O Portal educativo vén de publicar a Resolución do 18 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para o curso 2024/25. Poderán participar neste concurso centros integrados ou non no programa Radio na biblio.
 
 
Prazo de entrega de solicitudes: un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no portal educativo (do 20 de febreiro ao 20 de marzo).
 

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 
 
 
No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
 
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
 
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
 
Máis información:
 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:  
 

Xornada de Biblioteca Creativa 2025

 
 
 
O 5 de febreiro de 2025 celebrarase na EGAP a Xornada de Biblioteca Creativa que reunirá ás 191 persoas coordinadoras deste programa nas súas bibliotecas.
 
Inaugurarán a xornada Lucas Ramada e Diego López, abordando as necesidades e urxencias para unha didáctica da ficción dixital, continuando con obradoiros simultáneos de escornabots, impresión 3D, banda deseñada, collage, ficción dixital, creación, creación audiovisual, imprenta creativa e escenografías de papel. Pecharán as experiencias de catro centros falando da evolución e desenvolvemento dos espazos creativos das súas bibliotecas.
 
 

Día da Ilustración 2025

 
 
 
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Xosé Vizoso, un dos artístas gráficos máis senlleiros e prolíficos da Galicia recente. .
 
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun cacompañamento da escrita. Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo do ilustrador e deseñador gráfico Luís Sendón autor do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas e na que o autor tenta plasmar o proceso creativo dun ilustrador.
 
Nesta data, desde a Asesoría de bibliotecas escolares queremos poñer en valor o  traballo dos ilustradores e ilustradoras  ao longo de 17 anos de creación e de colaboración na edición dos carteis anuais para as bibliotecas escolares galegas, que iniciáramos en 2008 , e, de paso, celebrarmos estas fermosas imaxes a prol da lectura que fomos quen, entre todos, de poñer nos muros dos centros educativos. Imaxes que xurden dun coidado proceso de creación a partir do lema proposto. Imaxes que son testemuña gráfica da evolución das bibliotecas escolares galegas.
 
 
Ilustradores/as e creadores/as dos carteis anuais:  
 

Resolución definitiva do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionados conforme ao disposto no apartado 9 da Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25. 
 
 
 
 

Resolución definitiva do Programa Lectura e Familias

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionado segundo o establecido no apartado 9 da Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25. 
 
 

Avaliación crítica dos fondos (expurgación)

 

 

 

 

 

 

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares realizouse unha revisión e actualización do documento realcionado coa expurgación dos fondos. Este material de apoio pretende matizar e resolver dúbidas sobre estes labores, básicos na xestión técnica da coleccion das bibliotecas escolares. É fundamental a súa lectura e difusión entre os membros dos equipos de bibliotecas.

 

AVALIACIÓN CRÍTICA DOS FONDOS

 

Resolución da convocatoria do X Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2023/24

 

 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución pola que se fai pública a relación de centros premiados segundo o establecido no apartado 9 da Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o X Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para o curso 2023/24.