Skip to Content

Libros de texto curso 2024-2025

Bo día,

Publicamos adxunta a listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025.

Bo verán!

Vexo Veo Xacobeo

Aquí vos deixamos unha mostra da nosa saída para realizar un pequeno tramo do Camiño de Santiago que pasa preto do noso colexio.

Agardamos que vos guste!!!

 

Vexo veo xacobeo de Santiago

ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Dende o 1 ata o 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado.

A solicitude pódese realizar tanto de xeito presencial no centro coma a través de internet no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Se teñen dúbidas poden poñerse en contacto co centro no número 881866995.  É posible visitar as nosas instalacións (solicitando cita previa). 

documento adxunto contén información relevante sobre as características do centro.

RADIO PATIO EN ACCIÓN

Temos a boa nova de informar que a través dos Polos Creativos, tivemos a posibilidade de poñer en marcha unha radio escolar, na que o noso alumnado convertirase en periodistas, conta contos, investigadores...

Estamos desexando poder darvos máis novas, pero polo momento imos a deixarvos un pequeno aperitivo do que se está cociñando nas ondas.

 

Radio Patio de Santiago

CONTA ATRÁS MÁXICA

Dende a ANPA fannos chegar este papel tan motivador.

Se non tes a túa carta preparada, non agardes máis!!

COÑECENDO A PULCINELLA

O alumnado de Infantil e 1º de Primaria achegouse ata o auditorio de Galicia para saber porque estaba triste Pulcinella.

Un espectáculo moi interesante e divertido da man de grandes profesionais como:

Javier Fajardo, director

Malu Balado, guión e dirección artística

Rodrigo Rodríguez, narrador

Marta Placer, bailarina

 

Pulcinella de Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut