Skip to Content

Protocolo DAFIS

Esta curso 2023-24 estamos participando en distintas modalidades do Plan Proxecta. 

Unha delas, dirixida a Primaria, é o programa DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable). Esta é unha ferramenta coordinada pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral. Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras nas que está demostrada cientificamente unha relación coa saúde. Isto permítenos coñecer o estado físico no que se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades. 

Aquí (https://dafis.xunta.es/index.php/pruebas-test) podedes ver cada unha das probas que pasamos ao alumnado (e o motivo polo que se pasa) co fin de poder detectar, se o houbese, algún problema que poida conlevar risco para a saúde.

Posteriormente entregarémoslle a cada nena/o un *informe individualizado cos resultados das probas realizadas.

*Para poder recibir estes resultados é necesario firmar unha autorización que lle facilitaremos a todo o alumnado.

 

AnexoTamaño
PROTOCOLO+VALORACION+DAFIS.pdf687.94 KB


page | by Dr. Radut