Skip to Content

ANPA

CONTA ATRÁS MÁXICA

Dende a ANPA fannos chegar este papel tan motivador.

Se non tes a túa carta preparada, non agardes máis!!

Celebración do Magosto e Samaín

Ola familias,

Achegamos máis información en referencia á celebración do Magosto e Samaín na escola, en colaboración coa ANPA.

Animámosvos a que veñades o luns 30 a partir das 16:00h compartir connosco a festa do Magosto! *

Para poder comer castañas quentiñas, cada estudante traerá as castañas xa picadas para o luns. Ademais, hoxe enviouse unha circular á casa onde vos pedimos colaboración, a cal consiste en que o alumnado traia ao centro un brick de leite partido á metade, lavado e seco para realizar un obradoiro.

 

Por último recordamos a posibilidade de que o alumnado traia para o luns unha cabaza tallada ou decorada, así coma que o martes veñan disfrazados/as e traian unha merenda "terrorífica".

 

Grazas e agardámosvos!

 * Se as condicións climatolóxicas o permiten.

 

 

 

CANTAR DE REIS

O pasado 21 de decembro tivemos a sorte de recibir a visita de Papá Noel, que veu cargado de sorpresas. Foi recibido por todas e todos con moito agarimo cos Cantos de Nadal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut