Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Dende o 1 ata o 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado.

A solicitude pódese realizar tanto de xeito presencial no centro coma a través de internet no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Se teñen dúbidas poden poñerse en contacto co centro no número 881866995.  É posible visitar as nosas instalacións (solicitando cita previa). 

documento adxunto contén información relevante sobre as características do centro.

RADIO PATIO EN ACCIÓN

Temos a boa nova de informar que a través dos Polos Creativos, tivemos a posibilidade de poñer en marcha unha radio escolar, na que o noso alumnado convertirase en periodistas, conta contos, investigadores...

Estamos desexando poder darvos máis novas, pero polo momento imos a deixarvos un pequeno aperitivo do que se está cociñando nas ondas.

 

Radio Patio de Santiago

CONTA ATRÁS MÁXICA

Dende a ANPA fannos chegar este papel tan motivador.

Se non tes a túa carta preparada, non agardes máis!!

COÑECENDO A PULCINELLA

O alumnado de Infantil e 1º de Primaria achegouse ata o auditorio de Galicia para saber porque estaba triste Pulcinella.

Un espectáculo moi interesante e divertido da man de grandes profesionais como:

Javier Fajardo, director

Malu Balado, guión e dirección artística

Rodrigo Rodríguez, narrador

Marta Placer, bailarina

 

Pulcinella de Santiago

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Hoxe o noso alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria achegáronse ata O Pino para participar no Campionato Galego de Campo a través.

Foi unha xornada de convivencia no que puideron disfrutar do deporte ao aire libre a vez de coñecer outros nenos e nenas de centros de Galicia.

Deixamos unha pequena colección de fotos do que foi a xornada.

 

 

Campionato de Campo a través de Santiago

Novembro

Nesta pequena presentación interactiva deixamos unhas pequenas mostras das actividades, conmemoriacións e formacións que estamos a realizar para o noso cole e os nosos nenos e nenas. 

Desexamos que vos gusten as liñas de traballo que estamos a seguir e agardamos continuar mellorando para que cada vez o noso, e o voso colexio sexa un pouco mellor.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut