Skip to Content

Complementarias

COÑECENDO A PULCINELLA

O alumnado de Infantil e 1º de Primaria achegouse ata o auditorio de Galicia para saber porque estaba triste Pulcinella.

Un espectáculo moi interesante e divertido da man de grandes profesionais como:

Javier Fajardo, director

Malu Balado, guión e dirección artística

Rodrigo Rodríguez, narrador

Marta Placer, bailarina

 

Pulcinella de Santiago

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Hoxe o noso alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria achegáronse ata O Pino para participar no Campionato Galego de Campo a través.

Foi unha xornada de convivencia no que puideron disfrutar do deporte ao aire libre a vez de coñecer outros nenos e nenas de centros de Galicia.

Deixamos unha pequena colección de fotos do que foi a xornada.

 

 

Campionato de Campo a través de Santiago

UN OUTONO ESPECIAL

Xa case remata novembro, e con el achegámosvos un resume dalgunhas actividades que realizamos para conmemorar o outono e o samaín. Agardamos que vos gusten!

 

Excursión "A pita Xefa"

Hoxe as nosas cativas e cativos de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria achegáronse ata Santiago a ver o espectáculo presentado por Galicreques e que leva por título “A pita Xefa”.

 

Neste espectáculo, a galiña Coro e Cacarina, o galo Quiríaco e outras personaxes amósannos unha trama fascinante, na que Coro pretende ser a xefa do galiñeiro.

Con moita valentía e determinación, a nosa protagonista Coro demostra que as normas preestablecidas non deben limitar os soños de ninguén, e isto axuda ao resto do galiñeiro a perseguir tamén os seus soños e desafiar as conviccións de xénero.

 

O alumnado máis novo do noso cole aprendeu a importancia de crer nun mesmo ou mesma e loitar polo que queremos, sen importar as expectativas que outros teñan en nos.

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa viaxe.

 

SAÍDAS POLA CONTORNA

Durante o mes de xuño realizaranse saídas pola contorna (dentro do horario escolar) promovidas polo Concello de Vedra. As actividades son gratuítas.

PAZO DE ORTIGUEIRA: 12 de xuño. Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria

RUTA DOS MUÍÑOS: 12 de xuño. 3º ciclo de Educación Primaria.

CAMIÑO DE SANTIAGO: 13 de xuño. 2º ciclo de Educación Primaria.

 

Alumnado de EP asiste a concerto de ODAIKO no CGAC

16/05/2023 12:15

O 16 de maio todo o alumnado de Educación Primaria acudirá a un concerto didáctico protagonizado polo grupo de percusión ODAIKO. O evento terá lugar no CGAC de Santiago de Compostela ás 12:15 h.

Esta actividade non ocasionará ningunha modificación no horario xeral do centro.

Taller sobre saúde mental e emocional. Fundación Amigos de Galicia

02/05/2023 12:45

O alumnado de 5º e 6º de EP recibirá a visita do equipo de psicoloxía da Fundación Amigos de Galicia para participar nun taller específico.

Música e evolución con Pablo Carpintero no Auditorio de Galicia

23/02/2023 12:00

O alumnado de 3º a 6º de educación primaria asistirá ao concerto didáctico MÚSICA E EVOLUCIÓN a cargo de Pablo Carpintero no Auditorio de Galicia, ás 12 da mañá.

Mini Mozart no Auditorio de Galicia

02/03/2023 12:00

O alumnado de 3º a 6º de educación primaria asistirá ao concerto titulado MINI MOZART no Auditorio de Galicia ás 12 da mañá.

ATLETISMO EN FERROL

17/03/2023 09:30

O alumnado clasificado participará na fase provincial de atletismo, que se disputará en Ferrol.

Distribuir contido


by Dr. Radut