Gallego

Ciclo de conferencias sobre Domingo Antonio de Andrade

Summary: 

O sábado 20 de Outubro iníciase un ciclo de conferencias sobre Domingo Antonio de Andrade, o xenial mestre do barroco galego.
Gallego

Sábado 20 de outubro:

Andrade e a vila de Cee no seu contexto histórico.

Victor Manuel Castiñeira Castro. Historiador. Técnico de Cultura do Concello de Cee

Sábado 27 de outubro:

Domingo de Andrade, mestre do barroco galego.

Antonio Francisco Leis Castro. Profesor no Colexio Estudiantes de Madrid

Sábado 4 de novembro:

A Arquitectura de Domingo A. Andrade

Juan Creus Andrade. Arquitecto. Profesor na E.T.S.A. da Universidade de A Coruña

O ciclo desenvolverase no Salón de Sesións da Casa do Concello a partir das 19.00 horas

Sábado 17 de novembro

Roteiro pola obra de Andrade. Visita a Santiago de Compostela

Inclúe a visita á catedral, Prazas da Quintana, Praterías e Museo de Pobo Galego (exposición conmemorativa sobre a figura de Andrade

A torre do reloxo
A Berenguela

Relación definitiva de plans de formación permanente do profesorado

Summary: 

Relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería nos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012/2013
Gallego

Xúntase a Proposta de resolución do 15 de outubro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitarianos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012-2013, conforme aos criterios de selección recollidos na Resolución do 22 de maio de 2012 (DOG do 28).

aula

Fin do prazo de presentación de solicitudes de GT e Seminarios

Gallego

Prazos:

  • Preinscrición: Ata 10 de outubro, a traves da aplicación informática Fprofe
  • Elaboración do proxecto e solicitude de participación: Ata o 31 de outubro tamén a través de Fprofe e en papel.

Documentación:

  • Solicitude de participación: Anexo I da convocatoria debidamente cumplimentado no rexistro do CFR
  • Proxecto segundo o guión do Anexo II que deberá subirse tamén á aplicación Fprofe
  • Memorial final: 31 de maio 2013. Anexo III tamén subida á Fprofe
plan anual 2012
plan anual 2012

Política de Calidade

rede de formación permanente do profesorado definiu a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptou un sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguranza da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

Máis en concreto, dende a súa creación adoptou a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:

  • O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos de traballo.

  • A achega de valor ao profesorado, ao persoal do centro, ás escolas de nais e pais escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.

  • A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.

  • A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a revisión e mellora destes.

  • A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o seu nivel de logro.

  • Requisitos implícitos, explícitos, do usuario, regulamentarios e os propios da nosa organización.

     

Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:

  • Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9001:2015.

  • Medición e análise periódica da satisfacción de servizos polos usuarios.

  • Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.

  • Auditorías internas e externas do sistema da calidade.

     

Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o seu cumprimento. Os obxectivos da rede de formación permanente serán computables e medibles a través de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado periodicamente.

O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas da rede de formación aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos no Sistema de Xestión da Calidade, así como o de participar activamente na mellora da calidade e da xestión, e no logro dos obxectivos institucionais.

 

POLÍTICA PEDAGÓXICA

rede de formación ten en conta as seguintes directrices:

  • Detectar e recoller as necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.

  • Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran os plans anuais de formación do profesorado aprobados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e conseguir un alto grao de satisfacción por parte do alumnado.

  • Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.

  • Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ao profesorado e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.

  • Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.

  • Impulsar e apoiar a participación do profesorado en seminarios, grupos de traballo e proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.

  • Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.

  • Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.

  • Dar soporte ás Escolas de Nais e Pais.

  • Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.

  • Asegurar a profesionalidade e compromiso das persoas da rede de formación, proporcionándolles o clima adecuado, os recursos precisos e a formación necesaria.

  • Desenvolver unha relación baseada no beneficio mutuo co profesorado, para proporcionar un servizo eficaz e eficiente.

  • Conseguir o máis alto nivel de desempeño en todos os procesos e especialmente naqueles que teñen relación directa coa satisfacción dos grupos de interese.

  • Asegurar o comportamento ético nas relacións con todos os grupos de interese, así como no cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables.

Esta Política de Calidade é o marco de referencia que se utiliza para a fixación e o seguimento dos obxectivos anuais.

Gallego

Horario de atención ao público

Sede Central

Horario de mañá: de 9:00 a 14:00 horas
Horario de tarde: de 16:00 a 20:00 horas, excepto os venres.
Durante o período non lectivo dos centros educativos (Nadal, Entroido, Semana Santa, Xullo) o horario será de 9,30 a 14 horas.

Centro colaborador de Vimianzo

Horario de mañá: de 9 a 14 horas
Horario de tarde: de 16 a 20 horas, excepto os venres.
Durante o período non lectivo dos centros educativos a atención ó público faráse na Sede da Coruña.

   

 

Gallego

Plan de Formación Permanente do Profesorado en centros públicos

PFAC

  • O prazo de preinscrición finaliza o 26 de setembro de 2022, inclusive.
  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 14 de outubro de 2022, inclusive. Ampliado o prazo de presentación ata o 23 de outubro

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.
 

Destinatarios

 
Poderán participar nesta convocatoria os centros educativos públicos dependentes da consellería que impartan as ensinazas reguladas na LOMLOE.

Finalidade dos plans de formación

Os plans de formación terán como finalidade a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais docentes, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado, en consonancia coas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia.

As competencias profesionais docentes a que se refire este punto, xunto coas subcompetencias asociadas, figuran no anexo de competencias profesionais docentes.

Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos plans de formación
 

1. Os PFPP deberán desenvolver algunha das seguintes liñas de traballo, que se corresponden coas directrices de Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (en diante, dirección xeral) para o curso 2022/23.

2. As liñas de traballo prioritarias dos PFPP, de acordo coas directrices da dirección xeral, serán as seguintes:

a) Competencia dixital: educación dixital e transformación dixital dos centros. Plan dixital do centro. Competencia dixital docente. Espazos virtuais para traballo en rede. Iniciativas formativas no ámbito STEM e fomento da creatividade e o emprendemento. Polos creativos.

b) Competencia didáctica: deseño e desenvolvemento dos novos currículos conforme os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) para a atención á diversidade do alumnado. Biblioteca escolar. Lectura, información e aprendizaxe. Metodoloxías didácticas.

Ademais, os PFPP poderán tratar unha das seguintes liñas:

c) Competencia en innovación e investigación. Plans de mellora dos centros: Xestión de calidade. Adecuación de espazos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica. Centros saudables. Optimización da práctica docente: observación inter-pares e inter-centros. Desenvolvemento sostible.

d) Competencia en educación inclusiva e coeducación. Mellora da convivencia e benestar emocional. Relación coas familias.

e) Competencia comunicativa: programas de plurilingüismo e internacionalización dos centros educativos. Competencia comunicativa en linguas maternas e estranxeiras. Tratamento integrado de linguas. Participación en proxectos europeos. Aprendizaxe colaborativa e cidadanía global.

Estas liñas de traballo estarán asociadas ao desenvolvemento de, como mínimo, as seguintes competencias e subcompetencias docentes:

Estas liñas de traballo estarán asociadas ao desenvolvemento de, como mínimo, as seguintes competencias e subcompetencias:

LIÑAS DE TRABALLO COMPETENCIAS SUBCOMPETENCIAS
  • a) Competencia dixital: educación dixital e transformación dixital dos centros. Plan dixital do centro. Competencia dixital docente. Espazos virtuais para traballo en rede. Iniciativas formativas no ámbito STEM e fomento da creatividade e o emprendemento. Polos creativos.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.

 

Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin.

Competencia dixital docente

Compromiso profesional Contidos dixitais
Ensino e aprendizaxe Avaliación e retroalimentación Empoderamento do alumando Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

  • b) Competencia didáctica: deseño e desenvolvemento dos novos currículos conforme os  prinicipios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) para a atención á diversidade do alumnado. Biblioteca escolar. Lectura, información e aprendizaxe. Metodoloxías didácticas

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe

Programación, seguimento e avaliación.

Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin.

Especialista na súa materia Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.
Investigador/a e innovador/a. Investigación formativa. TAC. Alfabetización mediática e informacional.
  • c) Competencia en innovación e investigación. Plans de mellora dos centros: Xestión de calidade. Adecuación de espazos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica. Centros saudables. Optimización da práctica docente: observación interpares e inter-centros. Desenvolvemento sostible
Investigador/a e innovador/a.

Diagnóstico e avaliación da práctica docente.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. Xestión, participación e implicación en proxectos comúns. Xestión administrativa de centro e calidade.
Membro dunha organización. Centros saudables e seguridade integral.
  • d) Escola inclusiva e coeducación. Mellora da convivencia e benestar emocional. Relación coas familias.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.

Acción titorial e atención á diversidade.

Interlocutor/a e referente na comunidade educativa.

Xestión e promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético.

Mediación e resolución de conflitos.

Membro dunha organización. Orientación pedagóxica, académica e profesional.
  • e) Competencia comunicativa: programas de plurilingüismo e internacionalización dos centros educativos. Competencia comunicativa en linguas maternas e estranxeiras. Tratamento integrado de linguas. Participación en proxectos europeos. Aprendizaxe colaborativa e cidadanía global.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe

Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin.

Especialista na súa materia

Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.

Membro dunha organización

Xestión da participación e implicación en proxectos comúns.

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras.

Destrezas comunicativas verbais e non verbais.

 

Características

1. Os PFPP estarán integrados por unha o máis liñas de traballo. Como principio xeral, potenciaranse a actualización e mellora das competencias profesionais docentes asociadas a cada liña.

2. Cada liña desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos, dependendo dos diferentes niveis de competencia profesional que se pretenda acadar ou doutras circunstancias que así o xustifiquen.

3. Cada itinerario formativo constará de varias actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario), tendo en conta que en caso de que haxa algún curso, deberá estar vinculado a un grupo de traballo ou seminario. No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser grupo de traballo ou seminario.

4. As actividades de cada itinerario formativo estarán secuenciadas para que, partindo da situación inicial determinada polo centro, sexa posible alcanzar os obxectivos finais previstos.

As citadas actividades deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.

5. Os PFPP presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.

6. Os centros que desenvolvan un PFPP contarán cunha escola de nais e pais a demanda das familias, canalizada a través do director/a do centro educativo, no momento en que estas o consideren oportuno.

Requisitos dos plans

1. Os PFPP deberán ser presentados ao claustro e ao consello escolar, e incluiranse na

programación xeral anual do centro.

2. Con carácter xeral, contarán cunha porcentaxe de participación representativa do claustro do centro en función do seu número e da participación dos distintos niveis, de ser o caso, salvo cando

a relevancia formativa do proxecto presentado ou a participación nun programa institucional xustifique que non se cumpra este requisito.

3. Cada centro poderá participar nun único PFPP.

4. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo PFPP conxunto. Neste caso, un dos centros actuará como representante e centro de referencia para efectos administrativos, e rexerán os mesmos requisitos que para os plans únicos de centro en canto á aprobación, e o PFPP executarase como unidade de acción.

5. Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado nesta convocatoria poderá participar no seu PFPP. Cada participante integrarase, como mínimo, nunha das liñas de traballo seleccionadas e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta deberá ser un grupo de traballo ou un seminario, salvo no caso de itinerarios correspondentes a programas educativos que especificamente se indique na súa convocatoria.

6. Independentemente da liña ou liñas de traballo escollidas e das actividades que configuren cada itinerario formativo, todos os PFPP terán a súa disposición un módulo de formación específica en inclusión, convivencia e igualdade, que deberán realizar todas as persoas docentes que non acrediten a súa superación previa, para o cal contarán co apoio, asesoramento e acompañamento das persoas asesoras da rede de formación permanente do profesorado.

7.Un centro que desenvolva un PFPP, con carácter xeral, só poderá ser centro sede dun grupo de traballo ou seminario se nestas actividades participa profesorado doutros centros.

8. No caso de que un centro desenvolva un programa institucional, a participación do centro en PFPP será voluntaria, segundo as necesidades formativas de cada comunidade docente.

Proceso de elaboración e contido dos plans

1. Os centros interesados en participar nesta convocatoria contarán co asesoramento do Centro Autonómico de Formación e Innovación (en diante, CAFI) e dos centros de formación e recursos (en diante, CFR) aos que estean adscritos, co obxecto de elaborar o informe de detección de necesidades formativas, así como deseñar e redactar o PFPP.

2. O proceso de elaboración do PFPP constará dos seguintes pasos:
– Detección da área de mellora en relación coas liñas de traballo do apartado 4.
– Concreción das necesidades formativas en relación coa liña ou liñas seleccionadas.

–Elaboración do/s itinerario/s formativo/s para dar resposta ás necesidades detectadas. Estes incluirán a determinación das diversas actividades formativas (curso, seminario, grupo de traballo) xunto coas accións de aplicación á aula ou ao centro, a reflexión e a avaliación.

3. Os centros cumprimentarán na pestana correspondente da aplicación Fprofe os seguintes aspectos:

a) Membros do equipo de formación do centro.
b) Xustificación das necesidades formativas detectadas. c) Obxectivos xerais que se pretenden acadar co plan. d) Liñas de traballo propostas.

e) Itinerarios formativos do PFPP especificando para o primeiro ano:

Obxectivos específicos.

Actividades formativas: obxectivos, contidos e temporalización.

f) Relación detallada de materiais que se pretenden elaborar e documentos que se van entregar.

g) Relación de participantes no plan.

h) Aplicación na aula ou no centro.

i) Criterios e indicadores de logro referentes á aplicación e o impacto na aula ou no centro.

j) Medidas organizativas internas do centro previstas para o desenvolvemento do plan.

k) Seguimento e avaliación do plan

Máis información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información a través dos seguintes medios:

a) As seguintes páxinas web:

- Consellería: www.edu.xunta.gal

- CAFI: www.edu.xunta.es/portal/cafi

- CFR:

A Coruña: www.edu.xunta.es/portal/cfrcoruna

Ferrol: www.edu.xunta.es/portal/cfrferrol

Lugo: www.edu.xunta.es/portal/cfrlugo

Ourense: www.edu.xunta.es/portal/cfrourense

Pontevedra: www.edu.xunta.es/portal/cfrpontevedra

Vigo: www.edu.xunta.es/portal/cfrvigo

b) Os seguintes teléfonos:

CAFI: 981522411

CFR: A Coruña 981274221; Ferrol 981370541; Lugo 982251068; Ourense 988241533; Pontevedra 986872888; Vigo 986202370

Dirección Xeral de Centros  Recursos Humanos:

981 54 65 58  

981 54 65 59

c) Os seguintes enderezos electrónicos:

CAFI: cafi@edu.xunta.gal

CFR:

A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.gal

Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.gal

Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.gal

Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.gal

Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.gal

Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.gal

 

Gallego

Peso: 

2