Gallego

Presentación

logo CFR A Coruña

O Centro de Formación e Recursos da Coruña é un órgano, dependente do servizo de Formación do Profesorado
da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivos a formación permanente do profesorado,
o intercambio de experiencias e reflexión sobre os procesos educativos
xunto coa  dinamización pedagóxica dos centros como elementos vertebradores do sistema educativo.

Este Centro desenvolve a súa actividade de forma coherente cos plans de formación que demanda
o sistema educativo e coas necesidades de actualización pedagóxica e científica sentidas e manifestadas polos docentes.

O Centro de Formación e Recursos da Coruña debe estar vencellado aos centros educativos do seu ámbito territorial.
É responsabilidade de todos conseguir que este centro sexa un lugar de colaboración, contribuíndo a consolidar o labor docente entendido
non como un simple traballo illado na aula senón como unha actividade máis complexa e creativa, que desenvolve e adapta os currícula ao contexto socio-educativo.

A que nos dedicamos

O Centro de Formación e Recursos da Coruña, ten como principais funcións:

  1. Detectar e recoller as necesidades e demandas de formación nos centros educativos
    do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións formativas que as satisfagan.
  2. Xestionar e executar as accións formativas que integran os plans anuais de formación
    do seu ámbito e colaborar, se é o caso, nas accións de formación a distancia.
  3. Promover accións de formación do profesorado nos centros, encamiñadas a impulsar
    a investigación educativa, fomentando e apoiando a participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo, proxectos de formación en centros ou calquera
    outra modalidade de formación.
  4. Fomentar a innovación e as actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias
    educativas entre o profesorado.
  5. Promover a elaboración e difusión de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.
  6. Proporcionar ao profesorado do seu ámbito territorial un servizo de documentación,
    elaboración e difusión de material didáctico, así como o acceso ao uso dos recursos pedagóxicos
    e dos fondos das súas bibliotecas e mediatecas.
  7. Calquera outra que a administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos
    propios do centro.

 

MISIÓN

Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.

 

VISIÓN

Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.

 

VALORES

Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.

Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.

Gallego