Na secretaría (material de papelería), conserxería (servizos de reprografía), sala de profesorado, departamentos, e nas propias aulas, temos as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo, sen embargo, se precisamos mercar determinados produtos ou ferramentas de traballo que non teñamos á vosa disposición, é preciso solicitar o visto e prace para a súa compra e a solicitude dunha factura ao respecto por parte do comercio. Temos algúns comercios da cidade onde temos "conta aberta" (lembra indicar a persoa e/ou o departamento a quen lle asignamos o cargo), para o resto é preciso emitir unha factura que pagarase a posteriori. A continuación tes os datos fiscais ao respecto
Tódolos permisos son validados pola dirección do centro, agás os de formación (validados pola Inspección educativa) e permisos "superiores" (validados pola Xefatura territorial, caso de maternidade, lactación...)
Solicitude de permiso por formación(plantilla deseñada en Word 2007 e versións seguintes, con ocos axeitados para o seu cumprimento, sendo documentos bloquexados para que non sexan alterados na súa estrutura básica. Cubrir, imprimir, achegar a convocatoria da formación, asinar e presentar en xefatura de estudos)
Solicitude de permiso por formación(en formato PDF, para imprimir, cubrir, achegar a convocatoria da formación, asinar e presentar en xefatura de estudos)
(plantilla deseñada en Word 2007 e versións seguintes, con ocos axeitados para o seu cumprimento, sendo documentos bloquexados para que non sexan alterados na súa estrutura básica)

Estes impresos tamén os tes dispoñibles na xefatura de estudos e/ou na sala de profesorado e/ou na vicedirección, sobre todo nos casos de impresos autocalcantes.