Skip to Content

Comisión de convivencia, bienio académico 2018/20.

Para accederes á composición do/a...

  • Consello escolar, preme aquí.
    • Comisión económica, preme aquí.
    • Comisión de convivencia, preme aquí.
    • Comisión da biblioteca, preme aquí.
    • Comisión de seguimento do estado das instalacións, preme aquí.
  • Equipo directivo, preme aquí. (inclusive información de contacto)
  • Claustro.
    • Comisión de coordinación pedagóxica (CCP), preme aquí. (inclusive información de contacto)
    • Listaxe de titorías, preme aquí. (inclusive información de contacto)
    • Listaxe de profesorado sen cargo, preme aquí. (inclusive información de contacto)
  • Persoal de administración e servizos, preme aquí.
  • Xunta de persoas delegadas e subdelegadas, preme aquí.

A continuación podes consultar os membros da comisión de convivencia:

Comisión de convivencia.
Presidencia. Juan Carlos Pérez Mestre.
Xefatura de estudo. Olga López Míguez.
Representantes do profesorado. Fernando Otero Urtaza.
  Mª Mercedes Domínguez Martínez.
Representante das persoas responsables de alumnado. José Jamardo Laseiras.
Representante do alumnado Alejandro Pazos Villamil.
  Mauro García Sola.
Representante do persoal de administración e servizos. Lourdes Domínguez Balboa.

Manterá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carácter extraordinario cantas veces sexa convocada pola súa presidencia.  Exercerá as seguintes funcións por delegación do consello escolar:

  1. Elaborar o plan de convivencia do centro e dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas e achegas no procedemento de elaboración, desenvolvemento e seguimento do citado plan.
  2. Adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro.
  3. Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os membros da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos.
  4. Propor ao consello escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.
  5. Propor, de ser o caso, á persoa titular da dirección do centro persoas que poidan formar parte do equipo de mediación.
  6. Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos en que fosen impostas e informar o consello escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente.
  7. Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro.
  8. Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, na cal se reflictan as iniciativas no ámbito do centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao consello escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de Inspección educativa.
  9. Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo consello escolar do centro docente ou polo órgano da Administración educativa con competencias na materia.



page | by Dr. Radut