No proceso de admisión pódese contemplar tres situacións: (Resumo prazos e baremación)
- [Xaneiro-Febreiro] Reserva de praza: (alumnado de centros adscritos)
- Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito, no noso caso abrangue os seguintes centros:
- CEIP A Xunqueira Nº 2.
- CEIP Manuel Vidal Portela.
- Tamén está dirixido ao alumnado que quere cambiar dun centro a outro ao que estea adscrito.
- Abrangue do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
- Preme no logo do proceso de admisión para accederes á aplicación informática de admisión.
- Preme no logo da sede electrónica para accederes á solicitude. (código de procedemento ED550A)

- Para accederes á solicitude, preme aquí.
- Para coñeceres a oferta educativa do noso centro, preme aquí.
- Para coñeceres as paradas das liñas de transporte do noso centro, preme aquí.
- Listaxe definitiva de admisión.
- Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente. Para accederes ás listaxes, co uso da chave365, preme aquí ou ben achégate á corticeira de secretaría no hall principal.
- (sen actualizar) Para máis información sobre a 12ª xornada de acollida (venres 29 de maio, ás 9:20 horas), preme na imaxe dos monecos, situada á altura do mes de maio.
- [Marzo] Solicitude de admisión: (alumnado doutros centros ou que se reincorpore ao sistema educativo)
- Este suposto é para o alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos reflectidos no punto anterior.
- Antes do 1 de marzo --> publicación dos postos escolares vacantes e sorteo para o desempate.
- Abrangue do 1 ao 22 de marzo.
- Para accederes ás vacantes, preme aquí.
- Preme no logo do proceso de admisión para accederes á aplicación informática de admisión.
- Preme no logo da sede electrónica para accederes á solicitude. (código de procedemento ED550B)

- Para coñeceres a oferta educativa do noso centro, preme aquí.
- Para coñeceres as paradas das liñas de transporte do noso centro, preme aquí.
- Para máis información sobre a IV xornada de portas abertas (Mércores 24 de febreiro, ás 18 horas), preme na imaxe.
- Para coñeceres máis sobre este procedemento, preme aquí.
- [Abril] Permanencias: (alumnado do centro)
- Tódolos cursos o alumnado do centro ten a necesidade de cumprimentar uns formularios online ou follas de reserva interna para coñercer as súas preferencias e itinerarios de cara ao curso seguinte xa que ten unha praza garantida para o seguinte nivel ao que estea cursando. Estas follas repártense e explícanse por membros do equipo directivo e do departamento de orientación durante o mes de abril. Por mor do COVID-19, este curso só están dispoñibles na web a través duns formularios.
- Abrangue do 1 ao 30 de abril.
- Para accederes ás follas de reserva interna, as guías e a nosa oferta educativa, preme aquí.
- Para coñeceres as paradas das liñas de transporte do noso centro, preme aquí.
- [Abril] Listaxes provisionais de admisión: (alumnado doutros centros ou que se reincorpore ao sistema educativo)

- Publicaranse antes do 25 de abril.
- Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente. Para accederes ás listaxes, co uso da chave365, preme aquí ou ben achégate á corticeira de secretaría no hall principal.
- [Maio] Listaxes dfinitivas de admisión: (alumnado doutros centros ou que se reincorpore ao sistema educativo)
- Publicaranse antes do 15 de maio.
- Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente. Para accederes ás listaxes, co uso da chave365, preme aquí ou ben achégate á corticeira de secretaría no hall principal.
- (sen actualizar) Para máis información sobre a 12ª xornada de acollida (venres, 29 de maio, ás 9:20 horas), preme na imaxe dos monecos.

- [Xuño/xullo e setembro] Matrícula: (alumnado do centro e doutros centros)
- Este suposto é para o alumnado seguinte:
- Alumnado que unha vez obtida praza no noso centro ten de proceder coa oficialización da mesma.
- (Xuño/xullo) Alumnado do centro que aproba tódalas materias ou como máximo lle quedan dúas materias na convocatoria ordinaria que non sexan matemáticas e lingua castelá, ou matemáticas e lingua galega.
- (Setembro) Alumnado do centro, logo da convocatoria extraordinaria.
- O prazo de matrícula ordinario abrangue dende o 25 de xuño ao 10 de xullo.
- 1º e 2º da ESO --> Do 25 ao 30 de xuño.
- 3º e 4º da ESO --> Do 1 ao 6 de xullo.
- 1º e 2º de bacharelato --> Do 7 ao 10 de xullo.

- O prazo de matrícula extraordinario abrangue dende o 1 ao 10 de setembro.
- Para coñeceres máis sobre este procedemento, preme aquí.
- Para coñeceres a oferta educativa do noso centro, preme aquí.
- Para coñeceres as paradas das liñas de transporte do noso centro, preme aquí.
A continuación podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión:
- Sobre admisión:
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de EI, EP, ESO e BAC reguladas na LOE.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do a lumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Anuncio no portal educativo / Anuncio en el portal educativo. (en galego e en castellano)
- Sobre transporte escolar:
- Real Decreto 443/2001, de 27 de abril, sobre condiciones de seguridad en el transporte escolar y de menores.
- Real Decreto 894/2002, de 30 de agosto, por el que se modifica el Real Decreto 443/2001, de 27 de abril, sobre condiciones de seguridad en el transporte escolar y de menores.
- Decreto 203/1986, de 12 de xuño, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar.
- (Non dispoñible) Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
- (Non dispoñible) Orde do 29 de xullo de 1988 pola que se establece a sinalización que deberán levar os autobuses que realicen transporte escolar nos centros de ensino de titularidade pública.
- (Non dispoñible) Orde do 1 de marzo de 1991 pola que se ditan normas sobre racionalización do transporte escolar.
- DECRETO 65/2014, do 28 de maio, polo que se modifica o Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
- Instrución 3/2018 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2018/19.
- Planificación dos Servizos Educativos Complementarios no curso escolar 2014-15. (transporte escolar, supletoria da XT da Coruña)
- Solicitude de cambio de parada. (supletoria da XT da Coruña)