Skip to Content

Extraescolares

Fotografías de actividades.

Para poder ver  fotos das Actividades prema aquí.

Curso inglés preparatorio dos exames Cambridge curso 23/24

Este vindeiro mércores 20 comeza o prazo de inscrición para os cursos de preparación dos exames Cambridge A2/B1 e B2, e tamén do obradoiro de conversacíon.

 

Podedes acceder a folla informativa e ao formulario de inscrición premendo no enlace do final

 

O curso comezará o mércores 4 de outubro. o prazo de inscrición rematará o 30 de setembro.

Clausura do proxecto Comenius Regio en Polonia

             Participantes galegos: IES A Xunqueira II e CEIP Froebel de Pontevedra, Centro Don Bosco de Santiago e o a propia Consellería de Cultura, Educación e OU.

Participantes polacos: III Liceum Ogólnokstalcacym e Powiatowy Mlodziezowy Dom Kultury (ambos os dous en Bedzin) e o Liceum Ogólnokstalcace en Siewierz.

Ademais dos centros mencionados, houbo tamén unha implicación das administracións locais polacas: o distrito de Bedzin e o seu presidente Krystztof Malczewski e os representantes das localidades que conforman o mesmo (especialmente Bedzin, Siewierz e Slawków), todas elas dentro da rexión de Silesia.

Outros datos:

 3ª visita da delegación galega para culminar un proxecto de dous anos (a visita tivo lugar do 4 ao 8 de xuño)

  • o lema do proxecto é Through Culture to the common future; asemade, utilizouse tamén como fío condutor o Camiño de Santiago ou, máis concretamente a Via Regia, que conecta varias rexións polacas coa ruta xacobea.

  • culminación de proxecto a falta de entregar memoria final e presentar unha pequena publicación.

    Resumo da visita:

  • xoves 5: recepción na sede do Distrito de Bedzin polas autoridades locais e presentación dos resultados por parte dos centros participantes. Percorrido pola vila de Bedzin (castelo, barrio xudeu...)

  • venres 6: visita aos centros participantes e reunión cos integrantes da Asociación Amigos da Via Regia de Polonia.

  • sábado 7: visita á Euroterminal de Slawków (a maior terminal de contedores da Europa oriental, punto intermedio entre as principais rutas comerciais europeas e asiáticas); inauguración dun albergue de peregrinos na School Youth Center de Slawków e participación cun pequeno posto no Mercado de Santiago de Slawków onde se presentaron diversos produtos típicos de Galicia así como información turística en xeral e sobre o Camiño en particular, ademais dunha pequena mostra de xogos tradicionais e mesmo unha queimada.

    Novo proxecto: o IES A Xunqueira II está a traballar nun novo proxecto (Erasmus+) para levar adiante un intercambio con alumnado do III Liceum Ogólnokstalcacym  de Bedzin e o Liceo Gargallo de Siracusa, Sicilia baixo o lema My life, your life, our theatre.

          O CEIP Froebel está tamén a traballar nun novo intercambio co colexio de Slawków.

    Jorge Potel Torres, profesor integrante da delegación española na devandita visita. IES A Xunqueira II.

 

Encontro de ex-alumnos do 22 de outubro 2010

Velaquí algúns dos participantes no Encontro de ex-alumnos que tivemos o pasado 22 de outubro no noso Instituto.

Para agranda-la foto prema enriba dela e para ver todas as fotos do encontro prema aquí .

Curso 2009/2010

Para ver as actividades realizadas durante o curso 2009-2010 prema aquí. 

Distribuir contido


by Dr. Radut