Skip to Content

Servizos ofrecidos

polo centro

A maiores dos servizos educativos prestados polo centro (Guía de información básica), ofrécesen distintos servizos inherentes ás instalacións e/ou de conveniencia para as persoas usuarias das mesmas:Resultado de imagen de servicios ofrecidos

  • Oferta educativa
  • Servizo de cita previa para a secretaría
    • Na procura de conciliar os procesos administrativos do centro coas medidas sanitarias por mor do COVID-19, habilítase un sistema de cita previa para o proceso de matrícula ordinaria (xuño e xullo).
  • Servizo de transporte escolar de balde
    • Para o alumnado da ESO que teña a súa parada a máis de 2 kilómetros
    • A maiores do alumnado usuario lexítimo do centro, poden facer uso outro tipo de colectivos en precario, isto é se houber prazas dispoñibles.  Este suposto inclúe os seguintes colectivos e pola seguinte orde:
      • Alumnado da ESO que teña a súa parada a menos de 2 kilómetros
      • Alumnado da ESO doutros centros
      • Alumnado de bacharelato
      • Alumnado de formación profesional
      • Profesorado do centro
      • Viaxeiros adultos do programa TES-BUS, alleos á actividade escolar
    • (novas paradas para o curso 2023/24) Acceso á información das parada, rutas e liñas de transporte
    • Indicacións para a prioridade de acceso
    • Se eres alumnado de bacharelato e precisas saír 5/10 minutos antes do remate das clases por mor dunha liña recorrente de bus (caso do alumnado de Barro), contamos unha autorización ao respecto máis tes que presentar unha solicitude na secretaría.  Para accederes á mesma, preme aquí
    • Para accederes á normativa que o regula, preme aquí
  • Servizo de reprografía
  • Servizo de acceso a Internet
  • Servizo de correo electrónico
  • Servizo de prensa
  • Servizo de cafetería, pendente de actualización
  • Servizo de calefacción
  • Pistas deportivas
    • pendente de actualización
  • Activiades extraescolares organizadas pola ANPA Helenes

Servizo de cita previa

Na procura de conciliar os procesos administrativos do centro co calendario de fin de curso, habilítase un sistema de cita previa para o proceso de matrícula

  • O prazo de matrícula ordinaria abrangue dende o 23 de xuño ao 7 de xullo
    • 1º da ESO e 2º de bacharelato --> Do 23 ao 28 de xuño
    • 4º da ESO e 1º de bacharelato --> Do 29 de xuño ao 4 de xullo
    • 2º e 3º da ESO --> Do 4 ao 7 de xullo
  • O prazo de matrícula subsidiaria é a partir do 10 de xullo

Sempre se dará prioridade ás persoas que soliciten cita previa fronte as que non

Para solicitares cita previa preme no día e hora que che interese

Distribuir contido


by Dr. Radut