Skip to Content

Dependencias

As dependencias do noso centro.

Para accederes ao folleto de oferta educativa e instalacións, preme aquí.

Para accederes ao plano do centro, preme aquí.

Para coñecer as nosas dependencias, preme nas ligazóns correspondentes.  A autoría das fotografías corresponde á nosa compañeira Olga (Relixión), ao noso excompañeiro Enrique (Matemáticas) e a Beni Feijoo.

As nosas dependencias.
Andar Dependencias Dependencias Dependencias
baixo
Entrada ao centro Aparcadoiro Hall
  Conserxería Oficinas Vicedirección
  Titorías Secretaría Dirección
  Sala de profesorado Xefatura de estudos Biblioteca
  1º da ESO Hall de taquillas Salón de actos
  Cafetería Dep. de Educación física Debuxo técnico
  Informática 0 Dep. de Tecnoloxía Obradoiro de tecnoloxía
  Pistas exteriores Pistas interiores Convivencia inclusiva
  Música Dep. de Orientación Debuxo artístico
  Dep. de Xeografía e historia Dep. de Relixión, Grego, Latín e Filosofía Dep. de Castelán
  Dep. de Artísticas Dep. de Linguas estranxeiras Dep. de Matemáticas e Economía
  Dep. de Ciencias (Bex, e Feq) Dep. de Galego ---
1º andar  Lab. Química Pedagoxía terapéutica 2º da ESO
  Francés 1º de bacharelato Informática 1
  2º da ESO PMAR Lab. de Física Clásicas
2º andar Lab. Bioloxía e xeoloxía Arte 4º da ESO
  2º de bacharelato  3º da ESO 3º da ESO PMAR
  Informática 2 Inglés ---

Novas mamparas na cafetería do centro.

Xa dende hai varios anos rondáballe ao secretario do centro, Juan Carlos Pérez Mestre, a idea de que os biombos de separación da cafetería do centro co resto do hall principal tiñan que evolucionar até unha nova opción na liña de gañar máis luz, presenza e elegancia ao mesmo tempo que maior privacidade para a propia cafetería.
No mes de novembro de 2012 propuxo a  Beatriz Esperón, a cabeza visible para tódolos socios da Fundación Rías do Sur da Piscina Olímpica do complexo deportivo de Pontemuiños a posibilidade de que doaran ao centro as mamparas de cristal que con anterioridade se retiraran da piscina pequena do complexo e que como son pezas feitas a medida é moi difícil o seu aproveitamento posterior.  No mes de marzo de 2013 tivo a resposta afirmativa polo que agora había que ver a maneira de trasladar e instalar o material ao centro.

A verdade é que foi un pouco arriscado xa que aínda non o tiña proposto ao centro, e non sabía se o adecuado era propolo nun primeiro momento e correr o risco de que non houbera doazón algunha, ou como fixo, contar coa doazón e que despois non se puidera realizar por non crer que fora adecuada a actuación ou falla de recursos.  
O custo da instalación era elevado, o orzamento inicial que tiña fixado foi crecendo e crecendo pois as lúas de cristal pesaban máis de 200kg e facía falta moito persoal para a súa deslocalización.  Ademais o custo dos vinilos decorativos con elementos institucionais pasaban por riba  do prezo esperado.  Obviamente tiña que contar co custo de retirar os biombos existentes e instalar as novas mamparas … Sen embargo, pouco a pouco e falando cuns e con outros foi conseguindo as colaboracións necesarias para obter o obxectivo e puidéronse instalar para o comezo do curso académico 2013-2014.
E un exemplo de aproveitamento sustentábel no que partindo dun material retirado e sen posible uso a priori, conseguimos dotar ao centro, a través dunha colaboración público-privada, da nova imaxe e identidade que nada máis chegar ao mesmo consegues ter.
Con este artigo queremos, dende o IES A Xunqueira II de Pontevedra, dar as grazas ao Concello de Pontevedra, aos membros do servizo de Protección Civil de Pontevedra, á Consellería de Cultura, Educación e O.U., a Fundación Rías do Sur e, en especial, a Bea, grazas mil.

Dª. Mª Cristina López Gago, Directora do  IES A Xunqueira II.

Distribuir contido


by Dr. Radut