Inicio


Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente non universitario e no concurso específico de Orientación

 

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 23 de febreiro ata o 6 de marzo de 2026, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

 Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/


 1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Escolla o concurso no que quere facer a reclamación CXT ou ORIENTACIÖN. Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións e aportar a documentación.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

 6.-Unha vez descargado no buzón de informes e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) ou (ED013A) do ano 2025 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

 

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) ou no concurso específico de Orientación (ED013A) do ano 2025, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.


 

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

 1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

 5.-Unha vez descargado no buzón de informes e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A)  ou no concurso específico de Orientación (ED013A) do ano 2025 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

 

PUBLICACIÓN PARA EFECTOS INFORMATIVOS DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN DOS CONCURSOS E PUNTUACIÓNS OUTORGADAS

Para xeral coñecemento e para efectos meramente informativos, desde hoxe día 5 de febreiro ata o 9 de febreiro de 2026 poderanse consultar as solicitudes de participación do concurso xeral de traslados e do específico de orientación na lapela Listaxes de concurso/ Listaxes de instancias no menú esquerdo desta páxina web.

O persoal concursante poderá consultar unicamente  as solicitudes das especialidades e corpos polos que participa

 

De conformidade coa base trixésima da Orde do 23 de outubro de 2025 (DOG nº 216, do 7 de novembro) e a base décimo quinta da Orde do 17 de novembro de 2025 (DOG nº 231, do 28 de novembro), o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada con anterioridade á resolución provisional do concurso unha vez que se fagan públicas na páxina web da consellería.

As reclamacións formularanse por correo electrónico aos seguintes enderezos segundo proceda: persoal.primaria@edu.xunta.gal

persoal.secundaria@edu.xunta.gal

O persoal concursante deberá indicar no correo electrónico o seguinte:

Asunto: reclamación á puntuación outorgada no concurso

Mensaxe: no contido da mensaxe deberá concretarse o apartado, epígrafe ou subepígrafe que reclama e unha breve descrición da alegación efectuada.

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria:
Teléfonos:

981-544488 881-995887 981-544482 981-544483

Secundaria:

Teléfonos:

981-545406 981-545408 981-545255 981-545452

  • CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DO CORPO DE MESTRES PARA CUBRIR PRAZAS DE XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2025/26

No Diario Oficial de Galicia do día 28 de novembro de 2025 publicouse a Orde do 17 de novembro de 2025 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 1 de decembro de 2025 ata o día 22 de decembro de 2025, ambos incluídos.

* No caso de que o expediente do persoal concursante non estea actualizado ou se discrepe dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED011A) salvo no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se establece para reclamacións e renuncias na base décimo quinta da orde de convocatoria.

*Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico no procedemento código ED013A.

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados específico. Prema aquí

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal de primaria.

Primaria:
Teléfonos:

981 54 44 88, 881 99 58 87, 981 54 44 83

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria @edu.xunta.gal

 

 

  • CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2025-26

Para acceder ao Manual de usuario. Prema aquí.

Para acceder á información relacionada co concurso xeral de traslados. Prema aquí.

O persoal docente que participe no concurso de traslados convocado pola Orde do 23 de outubro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A) poderá formular a solicitude de participación entre o día 10 de novembro de 2025 ao 28 de novembro de 2025 ambos os dous incluídos.

* As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web www.edu.xunta.gal/cxt e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal

* Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

* No caso de que o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (código de procedemento ED011A)

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se estableza para reclamacións e renuncias.

*Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados no procedemento código ED012A.

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria:
Teléfonos:

981 54 44 88, 881 99 58 87, 981 54 44 83

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria @edu.xunta.gal

Secundaria:

Teléfonos:

981-545255, 981-545406

Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria @edu.xunta.gal