Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas

Lun, 04/12/2023 - 08:05

Xúntase a Orde do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, será desde o martes, 5 de decembro ata o xoves, 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.