Recollida de datos de atención á diversidade
Ano académico:
Instruccións drdAdi 
Dende esta aplicación recóllense os datos relativos á atención á diversidade necesarios para a elaboración da "Estatística do ensino non universitario en Galicia" do actual curso académico . A información que se solicita estrutúrase en dous bloques:
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Nestes formularios consignarase o alumnado con necesidade específica de apoio educativo valorado polos servizos de orientación educativa ou o personal competente a tal efecto.
OS DATOS recollidos nos formularios deste bloque SON EXCLUÍNTES, non debe existir duplicidade na recollida do alumnado. Cada alumno deberá aparecer só unha vez segundo a súa problemática dominante
Dentro deste bloque recóllese información relativa a:
Alumnado que presenta necesidades educativas especiais
Alumnado con altas capacidades intelectuais
Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo
Alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe
Alumnado con especiais condicións persoais ou de historia escolar
Alumnado con trastorno por déficit de atención e/ou Hiperactividade (TDAH)
Outras especificacións sobre o alumnado recollido nos formularios anteriores
Nos formularios correspondentes a este bloque. incluiráse o alumnado que consta nalgún dos formularios do bloque "Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo" incluíndoos onde corresponda segundo os trastorno que se especifica e polo que estea diagnosticado.
Outros diagnósticos a especificar
Situacións de desvantaxe socio-educativa a especificar
Para visualizar todas as casuísticas posibles recollidas neste documento pode consultar este arquivo:
CONSULTE A AXUDA QUE LEVA CADA FORMULARIO PARA REALIZAR ADECUADAMENTE O PROCESO DE RECOLLIDA DE DATOS A TRAVÉS DESTA APLICACIÓN