IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Act. Extraescolares

Extraescolares

VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva

02/05/2022

O sábado celebráronse no IES Afonso X O Sabio, de Cambre, os VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva. Foi unha alegría recuperar esta xuntanza despois de dous anos de pandemia. O noso alumnado (Josué, Odris, Antonio e Andrea) presentou a súa experiencia dos “Encontros Emocionais”, que teñen lugar unha vez ao mes coa guía da psicóloga Rocío Búa. Fixérono estupendamente, e coa axuda de Cristina, a nosa orientadora, responderon a un montón de preguntas que xurdiron entre o público. 

 

  • Act. Extraescolares
  • Orientación
  • 3ºESO
  • CB FP
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Graduación da XXXIX Promoción (2015-2021)

24/05/2021

A promoción 2015-2021 (XXXIX Promoción) remata os seus estudos no noso centro e comeza unha nova etapa nas súas vidas. Con motivo da súa graduación celebrouse un emotivo acto que estivo magníficamente conducido polos alumnado de 2º BAC  Benigno e Carla e que nos permitiu disfrutar do excepcional talento musical de Andrea,  Rafael,  Reyes e Lara.

Interviron no acto a directora do noso centro Clara Cristela Rodríguez, a madriña da promoción Susana Madera e por parte do alumnado Iria Lira e Rocío Santander.

Despedimos con moito cariño a esta magnífica promoción de alumnos, brillantes académicamente pero aínda mellores persoas. Parabéns e moitísima sorte.  Aquí sempre teredes a vosa casa.

  

  • Últimas novas
  • Act. Extraescolares
  • 2ºBAC
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Destacas en Matemáticas? Apúntate a ESTALMAT

10/05/2021 18:38

Se che gustan as matemáticas, tes talento para elas e naciches nos anos 2007, 2008 ou 2009 podes apuntarte ao PROGRAMA ESTALMAT (Estimulación do Talento Matemático) da Universidade de Santiago de Compostela.

Tes de prazo entre o 6 de maio e o 1 de xuño. O proceso de selección consta de 2 fases: 

-Unha proba de aptitude consistente na resolución dunha serie de problemas  (EXEMPLO DE PROBA DE SELECCIÓN)

- Unha entrevista persoal para avaliar o interese e o compromiso de participación.

Os seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos  2021-22 e 2022-23, 20 sesións cada curso, ás  actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso)

AQUÍ TEDES TODA A INFORMACIÓN

 

 

 

  • Becas e axudas
  • Act. Extraescolares
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

O IES Xulián Magariños, seleccionado na convocatoria 2019/20 dos Contratos-Programa

24/12/2019

De novo, como anos anteriores, temos unha boa nova que comunicarvos. Fomos seleccionados na convocatoria actual dos Contratos-Programa, plans dirixidos á mellora do éxito escolar.

Os plans do IES Xulián Magariños incidirán nos seguintes ámbitos de actuación:

1- Reforza-T (Acompañamento fóra do horario lectivo) para mellorar competencias básicas en matemáticas e ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística. Dirixido a alumnado de 1 e 2 ESO.

2- Mellora das competencias clave (A,B,C) co establecemento de grupos de reforzo

3-Iguala-T para establecer accións de promoción da igualdade e prevencións de violencia de xénero

4-Con-VIVE para desenvolver medidas que favorecan a convivencia e bo clima no centro e nas aulas

5- Inclue-T para poñer en marcha medidas de atención a diversidade

7- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia (dentro do cal ofrecemos o Club de Programación)

8-Mellora da calidade na xestión de centros

9-Reforzo das competencias clave en 3 e 4 ESO con acomañamento fóra do horario lectivo (A)

A firma do Contrato Programa, que terá lugar a volta das vacacións, ven ratificar a liña educativa seguida polo IES Xulián Magariños e supón poder dispoñer de máis recursos económicos e humanos para levar a cabo o noso labor.

A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA A PODEDES ATOPAR NO PORTAL EDUCATIVO

Convocatoria dos Contratos Programa 19-20

Resolución dos Contratos Programa 19-20

  • Premios e distincións
  • Act. Extraescolares
  • Comunicados
  • Calendario

Canguro matemático

21/03/2019

  • Act. Extraescolares
  • Matemáticas
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

OBRADOIRO DE TELEVISIÓN

07/02/2019

ATENTOS!. Se vos gusta o periodismo, a investigación e a televisión comprometida coa sociedade.  As entidades AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) e Asamblea de Cooperación pola paz desenvolverán un obradoiro de televisión gratuíto para alumnado e profesorado do centro. Dito obradoiro desenvolverase os xoves 7, 14, 21, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, de 16 a 18 horas dentro do proxecto "Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento" do que o noso centro forma parte. 

Nas distintas sesións abordarase a parte técnica do proceso audiovisual (cámara, micrófono, iluminación) e tamén a parte dos contidos, partindo da importancia de traballar un bo guión e a variedade de formatos que se poden utilizar, sempre baixo o enfoque da comunicación para o cambio social (temáticas de xénero, medio ambiente, dereitos humanos, etc.) e intentando que o obradoiro sexa unha ferramenta de transformación social para o IES Xulián Magariños e para Negreira. 

O alumnado interesado ten dispoñible como adxunto un modelo de autorización que deberá estar asinado polo pai/nai/titor legal no caso de que sexa menor de idade e ser entregado a Orientación ou en Vicedirección.

 

MODELO DE AUTORIZACIÓN

 

 

  • Últimas novas
  • Act. Extraescolares
  • Orientación
  • 1ºBAC
  • 1ºESO
  • 2ºBAC
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • CB FP
  • CM FP
  • CS FP
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Encontro do alumnado do IES Xulián Magariños co alumnado do Instituto Español V. Cañada blanch de Londres

05/06/2018

O alumnado de sección bilingüe que viaxou a Londres fixo unha visita ao alumnado do Instituto Español Cañada Blanch de esa cidade. É a sexta vez que se produce un encontro así.

  • Na prensa
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Act. Extraescolares
  • Vicedirección
  • 3ºESO
  • Calendario

Acto de graduación de 2º de bacharelato

24/05/2018 20:00

O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos  (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa.

Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.

  • Últimas novas
  • Act. Extraescolares
  • Vicedirección
  • 2ºBAC
  • Calendario

A produción audiovisual do IES recollida na prensa

24/05/2018

El Correo Gallego recolle nas súas páxinas a estrea de dúas series de producción propia do alumnado do noso centro.

 

  • Na prensa
  • Act. Extraescolares
  • Calendario

I Olimpiada de Historia

25/05/2018

Mañá venres, 25 un equipo composto por 4 alumnas de 4º de ESO, acompañadas do profesor Amancio Liñares, participarán na I olimpiada galega de Historia na facultade de Historia do campus de Ourense. Moita sorte!

P.D:O noso equipo chámase O Kalivera 30 H. P. (nome dunha das novelas curtas do escritor Xulián Magariños Negreira).

  • CCSS Xeografía e Historia
  • Act. Extraescolares
  • 4ºESO
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

CURSO 21-22

  • Calendario inicio de curso
  • Resumo para as familias
  • Plano de entradas
  • Calendario escolar 21-22
  • Libros de texto
  • Seguro Escolar
  • Resumo programacións didácticas
  • Protocolo Actividades Extraescolares
  • COVID
    • Protocolo COVID (XUNTA)
    • Como actuar en caso de síntomas o contacto estrecho
    • Autoenquisa síntomas COVID (facer diariamente)
    • Declaración responsable (para entregar o día da presentación)
    • Plan de centro para adaptación á situación COVID-19

Eventos

« Maio 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016