IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía

RESULTADOS DAS ENQUISAS SOBRE PERCEPCIÓN E USO DA BICICLETA

12/04/2023

Como sabedes, no instituto queremos fomentar o uso responsable da bicicleta, como medio de transporte cómodo, rápido e ambientalmente responsable, que pode ser axeitado para determinado alumnado nunha franxa de idade e que viva a unha distancia intermedia do centro.

Previo á celebración do Día da Bicicleta, quixemos facer unha enquisa para saber como ven o uso da bici os alumnos e as familias, e que aporten ideas para facer máis cómodo e seguro o seu uso. Creemos que os resultados poden ser de interese para o Concello de Negreira, asociacións e institucións varias, para que tamén traballen a prol do fomento do uso da bicicleta.

Os países máis avanzados promoven e facilitan o uso da bicicleta como medio de transporte diario, que conleva aforro económico, menos atascos, mellora a saúde da poboación e mellora a calidade do aire das poboacións nas que se incrementa o seu uso.

Incluso estase a debatir o feito de pagar á xente por usar a bicicleta como medio de transporte diario ao traballo (ver ligazón)


Aquí tedes os resultados da enquisa.

ENQUISA FAMILIAS

ENQUISA ALUMNOS

  • Act. Complementarias
  • Ed. Física
  • Matemáticas
  • Tecnoloxía
  • Calendario

Estado de alarma. Docencia virtual do Dpto. de Tecnoloxía

22/03/2020

Durante este período excepcional de peche dos centros educativos, a docencia do departamento se organiza da seguinte forma

MATERIA: PROGRAMACIÓN 2 ESO

2 ESO (Prof. Jesús García). Aula virtual (curso PROGRAMACION 2 ESO) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen as tarefas a realizar , segundo unha temporalización semanal

MATERIA : TECNOLOXÍA

2ESO A TECNOLOXIA (Prof. Jesús García). Aula virtual (curso TECNOLOXIA 2ESO 19-20 Jesus) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen os apuntes e materiais e as tarefas a entregar , segundo unha temporalización semanal

2ESO B e C TECNOLOXIA (Prof. Ana Bautís)

2ESO AGRUPAMENTO (Pro. Natalia Freire)

3ESO A e B TECNOLOXIA (Prof. Natalia Freire)

3ESO C TECNOLOXIA (Prof. Jesús García)Aula virtual (curso TECNOLOXIA 3ESO 19-20 Jesus) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen os apuntes e materiais e as tarefas a entregar , segundo unha temporalización semanal

4ESO A e B TECNOLOXIA (Prof. Natalia Freire)

2 BAC TECNOLOXÍA INDUSTRIAL (Prof. Natalia Freire)

  • Tecnoloxía
  • Calendario

Resumo programación Tecnoloxía 19-20

10/10/2019

Xúntase como referencia o resumo da programación didáctica do departamento do curso actual 2019-2020.

  • Tecnoloxía
  • 1 adxunto
  • Calendario

Información do departamento de Tecnoloxía

CURSO 2019-2020

PROFESORADO 

Natalia Freire Curráis :Xefe de departamento

Jesús García Otero : Vicedirector

Ana Bautís

MATERIAS IMPARTIDAS 

2º ESO : Tecnoloxía :  Ana Bautís, Jesús García

2º ESO : Programación :  Jesús García

3º ESO : Tecnoloxía :  Natalia Freire / Jesús García

4º ESO : Tecnoloxía: Natalia Freire

1º BACH : NON HAY GRUPO

2º BACH : Tecnoloxía Industrial II :  Natalia Freire

 

 

CURSO 2018-2019

PROFESORADO 

Natalia Freire Curráis :Xefe de departamento

Jesús García Otero : Vicedirector

José Antonio Ponte Pereira / Ines Castro Pardo :

MATERIAS IMPARTIDAS 

2º ESO : Tecnoloxía :  J.A. Ponte / Inés Castro

2º ESO : Programación :  Jesús García Otero

3º ESO : Tecnoloxía :  Natalia Freire

4º ESO : Tecnoloxía: Natalia Freire,  Jesús García Otero

4º ESO : TIC: J.A. Ponte / Inés Castro

1º BACH: Tecnoloxía Industrial I : Natalia Freire

1º BACH: Modelado e impresión 3D  : Jesús García Otero

2º BACH : Tecnoloxía Industrial II :  NON HAY GRUPO

 

CURSO 2017-2018

PROFESORADO 

Natalia Freire Curráis

Jesús García Otero : Xefe de departamento

MATERIAS IMPARTIDAS 

2º ESO : Tecnoloxía :  Natalia Freire Curráis , Jesús García Otero

3º ESO : Tecnoloxía :  Jesús García Otero

4º ESO : Tecnoloxía , Informática : Natalia Freire Curráis , Jesús García Otero

1º BACH: Tecnoloxía Industrial I, Modelado e impresión 3D  : NON SE CREOU GRUPO ESTE ANO

2º BACH : Tecnoloxía Industrial II :  Jesús García Otero

 

CURSO 2016-2017

PROFESORADO 

Sofía Noya Morlán / Javier Andrés Leira Otero

Jesús García Otero : Xefe de departamento

MATERIAS IMPARTIDAS 

2º ESO : Tecnoloxía (LOMCE)   Javier Andrés Leira Otero, Jesús García Otero

3º ESO : Tecnoloxía (LOMCE)   Javier Andrés Leira Otero

4º ESO : Tecnoloxía (LOMCE), Informática   Jesús García Otero, Javier Andrés Leira Otero

1º BACH: Tecnoloxía Industrial I, Modelado e impresión 3D  Jesús García Otero

2º BACH : Tecnoloxía Industrial II  Jesús García Otero

  • Tecnoloxía

Aprendendo a navegar con seguridade.

07/02/2023

Hoxe o alumnado de 1º ESO acompañado polo profesorado do departamento de Tecnoloxía  participou nun interesante obradoiro en liña deseñado dende o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) co obxecto de aprender a detectar sinais de fraude e engano en páxinas web, chats e redes sociais. Malia a indudable utilidade das TIC é importante saber protexernos de estafadores e ladróns de datos persoais e identidades.
Levan para casa unha pequena folla de tarefas para practicar en familia.
Cousas que nos quedaron claras:

  • Fixarnos nas direccións de internet e comprobalas cun comprobador de URL.
  • Desconfiar de versións gratuitas de aplicacións de pago e de ofertas moi suculentas.
  • Regalos moi golosos e urxencias de tempo tamén son signos claros de páxinas web fraudulentas.
  • Ollo coas invitacións de descoñecidos.
  • E ante calquera dúbida falar cos nosos pais, profesores ou contactar co propio INCIBE

Entre todos podemos facer de internet un espazo máis seguro e amigable.

Visitar web do INCIBE

  • Act. Complementarias
  • Últimas novas
  • Vicedirección
  • Tecnoloxía
  • 1ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

O alumnado de 1º ESO deséxavos un Bo Nadal dun xeito moi divertido

21/12/2022

Dentro da materia de Tecnoloxía e dixitalización, o alumnado de 1º ESO deseñou unhas felicitacións animadas de Nadal programando en Scratch. Había moitas moi orixinais e divertidas, pero como non temos espazo para todas, aquí vos deixamos unha pequena mostra. E unímonos aos bos desexos destes futuros programadores.

 Raúl 1º ESO A

 

AROA 1º A

 

AITANA 1ºB

 

NAÍM 1ºC

  • Tecnoloxía
  • 1ºESO
  • Calendario

STEAM. Xogando coa arte aleatoria

20/10/2022

Experimentando coa arte aleatoria dentro da materia de Programación de 2º ESO

 

 

  • Tecnoloxía
  • 2ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

O IES Xulián Magariños, estupendamente representado na Galiciencia

12/05/2022

O IES Xulián Magariños na Galiciencia!! As profesoras Natalia Freire e Josefa Paulos coordinan os dous equipos que presentan os seus proxectos de economía circular na máis importante feira científica escolar de Galicia, un sobre contenedores SMART que fan reconto automático dos envases que teñen e envían un aviso por internet cando están cheos, e outro sobre "upcycling" de refugallo informático. "La Voz de Galicia" tamén menciona os nosos proxectos.

 

  • Na prensa
  • Act. Complementarias
  • Informática
  • Tecnoloxía
  • 4ºESO
  • CS FP
  • 2 adxuntos
  • Calendario

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

04/05/2022

Hoxe inauguramos a exposición de fotografía matemática cunha selección das imaxes presentadas no III Concurso de fotografía  "Matemáticas na contorna". Estará todo o mes de maio no vestíbulo do edificio principal.
As láminas están acompañadas duns textos explicativos elaborados polo profesorado do departamento de matemáticas que nos axudarán a interpretar os conceptos matemáticos mostrados nas imaxes. Grazas a todos, alumnado e profesorado participante e a quenes axudaron na montaxe final.

  • Premios e distincións
  • Act. Complementarias
  • Matemáticas
  • Tecnoloxía
  • 1 adxunto
  • Calendario

Usar internet con sentidiño

25/04/2022

Onte estivo con nós Roberto Vieito Raña, enxeñeiro informático e exalumno do centro, para falarnos de como podemos evitar perigos no uso de Internet e as redes sociais. As redes poden ser unha ferramenta maravillosa, que ofrecen moitas posibilidades de información, comunicación e ocio, pero tamén poden ser foco de noticias falsas, estafas, abusos etc.

Dentro do programa Navega con Rumbo, Roberto fíxonos un resumo das pautas máis efectivas para evitar a maioría deses efectos indeseados no uso das novas tecnoloxías.

 

  • Act. Complementarias
  • Tecnoloxía
  • 2ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Novas

  • Curso 22-23
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22
  • Curso 19-20

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016