FASES DO PROCESO
a) Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado do último curso dos centros adscritos a noso instituto (alumnado de 6º de Educación Primaria no CEIP O Coto e alumnado de 4º de ESO noCPI da Baña) reserven a súa praza no IES Xulián Magariños co obxecto de continuar aquí os seus estudos. Teñen que facer o trámite neses centros onde están agora mesmo (ahí daranlles toda a información e os impresos necesarios).
b) Sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo
c) Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
d) Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. O alumnado que non teña dereito a reserva de praza (non cumple as condicións do apartado a.) e quere empezar ou continuar os seus estudos de ESO ou Bacharelato aquí debe facer solicitude de admisión:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA: solicitude (modelo ED550B), fotocopia do DNI ou libro de familia, certificado académico expedido polo centro actual onde está a cursar estudos, e de ser o caso sentenza xudicial de divorcio ou outra documentación para acreditar circunstancias persoais
As solicitudes faranse preferentemente a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ . Unha vez completada a solicitude pode presentarse por dúas vías:
a) En sede electrónica (mediante Chave 365 ou certificado dixital), acompañada do resto da documentación necesaria escaneada. Neste caso non é necesario entregar nada no centro, nin solicitude nin documentación
b) Imprimir a solicitude e asinala, e presentala físicamente no centro co resto da documentación
En caso de non ter acceso a internet pode pasar polo centro (previa cita telefónica) a recoller o impreso
VACANTES ESTIMADAS
Informarase dos postos dispoñibles unha vez sexan contabilizadas as reservas de praza
1º ESO :
2º ESO :
3º ESO :
4º ESO :
1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA:
1º BAC HUMANIDADES E CCSS :
2º BAC CIENCIAS :
2º BAC HUMANIDADES E CCSS :
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
O alumnado que teña materias suspensas de anos anteriores terá que presentarse aos exames nas datas citadas a continuación.
A primeira parte do temario das materias será examinada na quenda de xaneiro. O resto da materia será obxecto do exame da quenda de abril.
Acaba de sair publicada a Orde de modificación do calendario escolar, que conleva cambios nas datas de avaliación.
«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.
3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.
A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final».
O IES Xulián Magariños de Negreira é un dos 50 centros educativos de Galicia seleccionados este curso dentro do programa "Lectura e familias", integrado no Plan LIA 2021-25 de Bibliotecas escolares. Con este motivo o Equipo da Biblioteca, en colaboración coa ANPA A Barcalesa, convocou unha reunión no centro educativo para informar ás familias das iniciativas que se prevé desenvolver en colaboración con elas: mediación lectora, encontros con escritores/as da contorna, alfabetización informacional ou as posibilidades da lectura electrónica, entre outras.
Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada ano o 10 de decembro, os alumnos de Valores Éticos de 2º de ESO B buscaron nos xornais exemplos de noticias que amosaban situacións nas que non se respectaban algúns dos dereitos que ten calquera ser humano polo mero feito de existir. A actividade serviulles para analizar cunha mirada crítica a realidade cotiá e comprobar que queda moito por facer. O resultado do seu traballo pode verse na exposición que montaron no hall de entrada ao instituto.
Dende o equipo de Biblioteca fannos chegar dous boletíns cargadiños de boas lecturas para esas tardes frías de inverno. Acompañadas dun chocolate quente e algo de música tranquila...planazo!
Reunida a Xunta electoral constituída o pasado día 2 de novembro e formada por :
- D. José Luis Mateos Santiago (director do centro)
- Dª Rosa Negreira Outeiro (representante dos pais/nais)
- D. Alfredo Iglesias Diéguez (representante do profesorado)
- Dª. Silvia Pazos Leis (representante do Persoal non docente)
- D. Adrián Villar Castelo (representante do alumado)
acordou o calendario electoral seguinte
10 de novembro | publicación das convocatorias de eleccións nos sectores de profesorado/ pais, nais e titores legais / alumnado e publicación dos censos. O prazo de reclamacións ao censo remata o día 17 ás 14:00 horas |
Días 11 a 18 de novembro | presentación de candidaturas (seguindo as instrucións que figuran na correspondente convocatoria electoral). Poden descargar o impreso de presentación de candidatura correspondente que achegamos nos anexos e presentalo en secretaría o envialo por correo electrónico ao centro. |
Días 22 a 25 de novembro | prazo para a campaña electoral |
Día 29 de novembro | Votacións (ver os diferentes horarios na correspondente convocatoria electoral) |
EN CONSECUENCIA INFÓRMASE QUE:
1. Xa están dispoñibles para a súa consulta, no taboleiro de anuncios do centro, as convocatorias de eleccións para renovación dos diferentes sectores do Consello Escolar. Tamén poden consultarse o censos correspondentes.
2.O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 18 de novembro ás 14:00 horas.
3. Neste proceso electoral compre elixir : 2 representantes do profesorado, 2 representantes do alumnado e 2 representantes dos pais, nais e titores legais.
A Dirección
DOCUMENTOS PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A CONSELLO ESCOLAR
- documento presentación candidatura para sector profesorado
- documento de candidatura a sector alumnado
- documento de candidatura a sector pais/nais/titores legais
A nosa compañeira e coordinadora da biblioteca, Teresa Araújo, elaborou unha presentación moi útil onde resume as posibilidades de acceso e servizos que ofrecen as bibliotecas dixitais, tanto do Ministerio de Cultura como da Xunta. Seguro que nos axudará a toda a comunidade educativa a atopar novas e interesantes lecturas. Moitas grazas, Teresa.
Como todos os anos, o verán é época para facer arranxos e melloras no centro. Este curso estamos mellorando o aillamento térmico e acústico das aulas de 2º bacharelato, as máis frías do centro por situación e orientación. Aproveitaremos para cambiar a iluminación por outra máis moderna e optimizada. -> Confort térmico e visual e aforro enerxético. #traballando_pola_sostenibilidade
