IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Secretaría

Información publicada polo/a secretario/a

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2021-2022

21/05/2021
22/06/2021

Acaba de saír publicada a Orde de 6 de maio de 2021 que regula a participación nesta convocatoria.

INSTRUCIÓNS XERAIS (RESUMO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN)

Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros de texto a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e axuda para material escolar por valor de 50€, e 4 libros de texto para rentas inferiores a 10000€ per cápita.

Lembramos que un requisito imprescindible para poder recibir estas axudas e os libros en réstamo é a devolución en bo estado dos libros que foran prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento de devolución.

AVISO PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO: O IES Xulián Magariños foi admitido no proxecto EDIXGAL polo que segundo o artigo 1.2 da convocatoria está excluído da participación no Fondo Solidario de libros pero sí pode solicitar a axuda para material escolar se reúne os requisitos.

PRAZO : O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

COMO CUBRIR OS DATOS NA SOLICITUDE: Ver PDF adxunto

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Recomendamos encarecidamente empregar a aplicación informática FONDO LIBROS   https://www.edu.xunta.es/fondolibros para xerar e cubrir os datos da solicitude. Para facelo terán que identificarse na aplicación pulsando o botón verde da esquina superior dereita. 

No caso de que non poidan presentalas pola sede electrónica, as datas para a presentación de solicitudes no centro serán escalonadas por protocolo COVID segundo o seguinte calendario e en horario de 9:30 a 14:00 horas.

  • Alumnado que vai cursar 2º ESO : do 31 de maio ao 4 de xuño
  • Alumnado que vai cursar 3º ESO : do 7 ao 11 de xuño
  • Alumnado que vai cursar 4º ESO: do 14 ao 18 de xuño

Unha vez completado o impreso de participación na aplicación informática a solicitude numerada pódese presentar :

  1. por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal  (necesítase certificado dixital e adxuntar escaneada a documentación requerida )
  2. Presencialmente no centro educativo. Imprima a solicitude xerada na aplicación que terá que ser asinada por todos os membros da unidade familiar. Deberá traer ademáis a seguinte documentación: SEMPRE fotocopia do ou dos libros de familia /// Se está separado/a divorciado/a fotocopia da sentenza de separación/divorcio e convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a /// Certificado de defunción se é o caso /// Cando non teña libro de familia ou este non reflicta a situación actual, deberá traer un volante de convivencia da unidade familiar que se solicita no concello.

 

Se por calquera motivo non pode cubrir a solicitude en Internet , na conserxería do instituto existen copias en papel que poden pasar a recoller.

 

  • Becas e axudas
  • Secretaría
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 3 adxuntos
  • Calendario

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2020-2021

20/05/2020 08:10

Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita

O prazo de solicitude remata o 19 de xuño.

Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano.

Ligazón á información na web da Consellería

Resumo informativo

IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432

  • Becas e axudas
  • Secretaría
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

MEDIDAS NA FASE DE DESESCALADA

08/05/2020

1.- As solicitudes de certificacións ( académicas, de matrícula, celgas … ) diríxiranse preferiblemente ao correo electrónico do centro – ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal- indicando na solicitude un número de teléfono por se é preciso contactar co interesado. Tamén se poden solicitar chamando o teléfono do centro – 881867126-. Unha vez feitas enviaranse por correo eléctronico ou correo postal.

2.- Ata novo aviso non se poderán recoller títulos no instituto, se precisa algunha xustificación dos seus estudos siga as instruccións do punto 1.

3.- Consulte a páxina web do instituto, na que estará dispoñible toda a información sobre os distintos procedementos que se vaian abrindo.

4.-Antes de acudir presencialmente ao instituto, pregámoslles que nos chamen telefónicamente para concertar cita.

5.- En caso de acudir ao centro, polo ben de todos, pregámoslles que usen mascarilla.

  • Últimas novas
  • Secretaría
  • Calendario

Solicitude transporte escolar e novas paradas

06/06/2019

Circular con información para solicitude de transporte escolar no curso 19-20 e de ser o caso solicitude de novas paradas de autobús.

Achégase circular informativa

  • Últimas novas
  • Servizos complementarios
  • Secretaría
  • 1 adxunto
  • Calendario

Proceso de admisión curso 2019-2020

01/03/2019
20/03/2019

Do día 1 ao 20 de marzo é o prazo para solicitar a admisión aos centros educativos. (non ten que solicitar a admisión o alumnado procedente de centros adscritos e o que exerza o seu dereito de permanencia)

Normativa

Oferta de vacantes

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

2º BAC

OFERTA

90

90

90

90

66

66

VACANTES

37

28

33

37

11

16

 

Solicitudes: Formulario de admisión

Listaxes de alumnos admitidos

 

  • Secretaría
  • Calendario

FONDO LIBROS. LISTAXE DEFINITIVA

19/09/2018 12:15

Achégase a relación definitiva do alumnado admitido no fondo solidario de libros cos libros que serán obxecto de reparto. Os libros serán repartidos a partir da semana que ven.

NOTA: Algún dos libros reseñados e adxudicados aínda non figura nas existencias do centro pero procederemos á súa adquisición nos proximos días. 

VER DOCUMENTO ADXUNTO 

  • Últimas novas
  • Secretaría
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

Calendario de exames de setembro e período de matrícula en setembro (actualizado)

03/09/2018
05/09/2018

EXAMES DE SETEMBRO

  • Información sobre as probas extraordinarias de setembro
  • Ver detalle calendario de exames

IMPORTANTE: O alumnado que levou libros de texto procedentes do fondo solidario ou adquiridos coas axudas da Xunta para preparar os exames de setembro e o resto de alumnado beneficiario do fondo de libros do curso 2017-18 que falte por devolver libros ten que traelos e deixalos en Conserxería.

Tal e como recolle a orde de convocatoria (artigo 5)  "As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18"

A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.

MATRÍCULA DE SETEMBRO  (NOVAS DATAS)

Os días para formalizar a matrícula en setembro serán :

2º Bacharelato e probas ABAU : Xoves 6 de setembro

1º Bacharelato, 3º e 4º de ESO : Venres 7 de setembro

1º e 2º de ESO : Luns 10 de setembro

  • Últimas novas
  • Secretaría
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Libros de texto para o curso 2018-2019

13/07/2018

Aquí tedes a listaxe dos libros de texto para o curso 2018-2019

CONSULTAR LIBROS DE TEXTO

  • Secretaría
  • 1 adxunto
  • Calendario

Impresos de solicitude de matrícula curso 2018/2019

07/06/2018

Achegamos os modelos de impreso de solicitude de matrícula para o curso 2018/2019 onde se poden consultar as materias ofertadas e posibles itinerarios académicos.

IMPRESOS

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO (ensinanzas aplicadas)

4º ESO (ensinanzas académicas)

1º BAC ( ciencias)

1º BAC (humanidades e CCSS)

2º BAC (ciencias)

2º BAC (humanidades e CCSS)

  • Últimas novas
  • Secretaría
  • 1ºBAC
  • 1ºESO
  • 2ºBAC
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 9 adxuntos
  • Calendario

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

01/03/2018

IMPORTANTE: Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos.

O prazo abrangue do 1 ao 20 de marzo de 2018

Relación de prazas vacantes no IES Xulián Magariños

NOTAS:

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería de educación.

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/ admisionalumnado). Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

Normativa reguladora do proceso de admisión:

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 ...
  • Últimas novas
  • Secretaría
  • 1 adxunto
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

CURSO 21-22

  • Calendario inicio de curso
  • Resumo para as familias
  • Plano de entradas
  • Calendario escolar 21-22
  • Libros de texto
  • Seguro Escolar
  • Resumo programacións didácticas
  • Protocolo Actividades Extraescolares
  • COVID
    • Protocolo COVID (XUNTA)
    • Como actuar en caso de síntomas o contacto estrecho
    • Autoenquisa síntomas COVID (facer diariamente)
    • Declaración responsable (para entregar o día da presentación)
    • Plan de centro para adaptación á situación COVID-19

Eventos

« Maio 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016