IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Lingua castelá e Literatura

Información do depto. de Lingua castelá e Literatura

Convócase o II Concurso literario "IES Xulián Magariños"

25/03/2022
21/04/2022

Atentos/as se vos gusta a escritura. Tedes a ocasión de mostrar o voso talento no II CONCURSO LITERARIO IES XULIÁN MAGARIÑOS. Se queredes participar tomade nota das bases de participación e lembrade que o prazo para presentarse remata o 21 de abril de 2022.

BASES DE PARTICIPACIÓN.

 

  • Dinamización Lingüística
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • 2 adxuntos
  • Calendario

GAÑADORES DO I CERTAME LITERARIO "IES XULIÁN MAGARIÑOS"

26/04/2021

Onte 23 de Abril do 2021,Día do Libro, non puidemos celebralo de mellor xeito que premiando no certame literario organizado polos Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega, o enorme talento literario que ano tras ano amosa o alumnado deste centro.
Así damos os nosos  orgullosos parabéns a María Castro Andrade polo seu primeiro premio na categoría de Primeiro Ciclo da ESO co fermoso relato dunha flor chea de curiosidade e beleza: "A flor viaxeira" e a Nerea García Guzmán que gañou o accésit cun relato pandémico pero cheo de humor "O cambio de Quico", ámbalas dúas de 1º da ESO.
Parabéns tamén a Héctor Lago Esperante de 3ª da ESO, gañador do primeiro premio na  categoría de 2º ciclo da ESO co seu magnífico relato "Un extraño visitante"  e á alumna de 4º da ESO Mª Carmen Dosil Fuentes polo accésit co relato cheo de sensibilidade : “ Frágil crisálida”
Na categoría de Bacharelato  o primeiro premio foi para Paula Rodríguez Pais polo seu relato de orixinal factura “Una pequeña queja” e o accésit para a madurez na escrita de  Reyes Freire por “Outro segredo que agochar”. Parabéns ás dúas.
Parabéns tamén a todas e todos os participantes, grazas por achegarnos a vosas creacións e pola calidade dos traballos presentados. O ano que vén máis.  A literatura en Galicia ten moito futuro con tanto xove talento nas nosas aulas.

 

No Facebook do noso centro tedes unha galería de imaxes da ceremonia de entrega dos premios.

RELATOS GAÑADORES

  • A flor viaxeira (María Castro Andrade)
  • Un extraño visitante (Héctor Lago Esperante)
  • Una pequeña queja (Paula Rodríguez Pais)
  • Premios e distincións
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • 4 adxuntos
  • Calendario

I CONCURSO LITERARIO IES XULIÁN MAGARIÑOS

27/02/2020

Os departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e a Biblioteca do IES Xulián

Magariños convocan un CONCURSO DE RELATOS para todo o alumnado do centro.

 

CONSULTAR AS BASES

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS: 16 de ABRIL

  • Premios e distincións
  • Act. Complementarias
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Actividades destes últimos días

26/11/2019

No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios.
Nun acto que tivo lugar durante o recreo o alumnado do equipo de igualdade do centro leeu un manifesto e logo cantaron a súa versión en galego da canción:"Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil.

Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade.

O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.

 

 

 

  • Act. Complementarias
  • Debuxo
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Orientación
  • Tecnoloxía
  • 3 adxuntos
  • Calendario

Editamos un diario local !

31/05/2019

O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Ana Barrientos, forma un equipo de redacción moi dinámico. Aquí tedes a primeira edición do seu diario, composto por variadas seccións (internacional, sociedade, local, deportes...)

ACCESO AO DIARIO DA BARCALA

 

  • Lingua castelá e Literatura
  • 1ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Actividades da semana

08/11/2018

O xoves o alumnado de 3º e 4º ESO foi a Coruña a disfrutar da obra de teatro " Don Juan Tenorio" e visitar varios museos DOMUS, MUNCYT) acompañados dos profesores Ana Barrientos, Natalia Freire, Susana Madrea e Pedro Núñez. Ata tiveron tempo de achegarse a torre de Hércules. Unha excursión moi completa.

E o venres, o alumnado de 1º e 2º de ESO poido asistir a unha sesión interactiva sobre cultura americana organizada polo departamento de inglés.

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Tecnoloxía
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 5 adxuntos
  • Calendario

O Renacemento en pósters

13/04/2018

O alumnado de 3º de ESO traballou durante o segundo trimestre a época do Renacemento nas materias de Xeografía e HIstoria, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa. Ao longo do trimestre foron elaborando unha serie de pósters, tanto traballando en grupo como de forma individual, recabando información en diferentes páxinas web, compartíndoa a través da Aula VIrtual e utilizando a aplicación Postermywall. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado, que en breve poderedes contemplar en forma de exposición nos corredores do centro.

Podedes descargar aquí os pósters en formato PDF

  • CCSS Xeografía e Historia
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • 3ºESO
  • Calendario

Teatro musical para 1º de ESO

01/03/2018 16:56

O vindeiro 1 de marzo o alumnado de 1º ESO asistirá en Santiago a unha representación de teatro musical organizada polos departamentos de Música e Lingua Española. Sairán ás 11 e regresarán as 14:25.

  • Lingua castelá e Literatura
  • Música
  • 1ºESO
  • Calendario

Premio Parlamento Xove

17/03/2017

Noraboa ao alumnado do IES Xulián Magariños que gañou o premio ao mellor dossier do Parlamento Xove 2017!

  • Premios e distincións
  • Act. Extraescolares
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • 1ºBAC
  • 4ºESO
  • Calendario

Parlamento Xove

13/03/2017

Excelente traballo do noso equipo de debate de 1ºBACH. Era a primeira vez que participaban nesta actividade despois de ser campións o curso pasado no Club de Debate da Lingua. Parabéns a Alba, Brais, Candela e Fátima tiveron un comportamento excelente e un nivel de traballo elevadísimo durante estas semanas. Gañaron dous dos tres debates nos que participaron e recibiron moi boas valoracións por parte dos diferentes xurados.

  • Act. Extraescolares
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • 1ºBAC
  • 4ºESO
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Xullo 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Novas

  • Curso 22-23
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22
  • Curso 19-20

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016