IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Historia

Historia do IES Xulián Magariños

Algúns datos sobre o IES Xulián Magariños

27/11/2018

Na comarca barcalesa (concellos de Negreira e A Baña), ata 1981, quen quería superar os estudos primarios tiña tres opcións: marchar fóra, prepararse por libre na Academia de Negreira ou a FP Agraria ofertada no Colexio Rural. Pero dende o curso 1981-82, a vila do Cotón, e para a contorna toda, ofreceu unha novidosa e útil opción ó alumnado: o Colexio Municipal Homologado de Bacharelato (CMHB) –sempre chamado Instituto–, que levaba dereito ó título de bacharel, impartindo os estudos de BUP e COU. Abría as portas á FP superior e á Universidade. Nesa década de 1980 para as xestións administrativas e documentación oficial, o CMHB de Negreira dependía do Instituto de Ordes.

 

Esas aulas á beira do Parque do Coto chegaron ata o curso 1989-90, cando o CMHB creceu e estreou o actual edificio tamén na Rúa de Castelao, pasando a ser Instituto de Educación Secundaria e Profesional (IESP) con varias vías na Secundaria.

 

Nesta etapa inicial foron directoras do CMHB dúas profesoras. Inicialmente Mercedes Salvado Martínez (Xeografía e Historia 1981-1986), á que seguiu Primitiva Ludivina Isidro Gómez (Lengua Española 1986-1990), quen exerceu a súa dirección ata o remate do curso de transición (89-90), durante o cal o Colexio Homologado se transformou definitivamente en IESP.

 

Este novo IESP continuou no curso 1990-91 e 91-92 coa dirección do profesor Manuel Pombo Sánchez (Filosofía). No curso seguinte 92-93 estreou o nome de “Xulián Magariños” sendo director Agustín Carracedo Santos (Filosofía, curso 92-93). Nos anos seguintes a dirección do centro recaería en Eusebio Ónega Carrera (Xeografía e Historia, 93-96), Cecilia Pensado Banet (Matemáticas, cursos 96-99, quen se encargaría de pilotar a complexa implantación da LOGSE no curso 98-99), Jaime López Otero (Comercio, cursos 99-04) e Adelino Pose Reino (Matemáticas, entre os anos 2004 e 2018). Dende o presente curso académico 2018-2019 asume a dirección Clara Cristela Rodríguez Núñez (Xeografía e Historia).

 

En todo este tempo a cifra do alumnado matriculado neste centro, dende que se converteu en IES, sempre superou os 350 estudantes, acadando a cifra máxima cos 531 matriculados do curso 1998-99, e cun cadro de persoal de entre 45 e 60 docentes.

 

No que se refire á oferta educativa, ademais do ensino de BUP e COU (substituídos pola ESO e bacharelato a partir do curso 98-99), compre sinalar que en 1990 implantouse o ensino de Técnico medio de Administrativo que pasou a ciclo medio de Comercio en 1998. En 2001 implantouse o ciclo superior de Informática. En 2015 comezou o ciclo básico de servizos comerciais reemplazando ao anterior Programa de Cualificación Profesional Inicial PCPI. Xa en 2018 deixou de ofertarse o ciclo medio de Comercio pola escasa demanda e inaugurouse o ciclo medio de Informática.

 

As instalacións do centro tamén acollen unha Sección da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, aberta a partir do curso 2010-2011.

 

O 3 de decembro de 2011 tivo lugar a celebración da xornada 30 anos de Ensino Secundario en Negreira (1981-2011), cunha serie de actos conmemorativos.

 

Son trinta e sete anos de camiño nunha realidade educativa que lle deu a moitas promocións xuvenís máis ampla formación, mellores perspectivas profesionais e, en suma, itinerarios misceláneos para encarreiraren as súas vidas. Nesta ruta do Ensino Secundario en Negreira hai moitos condutores e viaxeiros de toda a comunidade escolar, no servizo á Comarca de Barcala.



IES Xulián Magariños

Negreira, outono de 2018.

  • Historia
  • 1 adxunto
  • Calendario
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Septembro 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Novas

  • Curso 23-24
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 22-23

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura
  • Blog do programa lectura e familias

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016