Debuxo
Acceso á guía de acceso e oferta de estudos nas 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia (Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña)
O pasado venres o alumnado de 4º ESO foi de excursión a Santiago onde percorreron a zona vella seguindo un completo itinerario organizado polos departamentos de Galego, Educación Plástica e Xeografía e Historia.
ITINERARIO PERCORRIDO POLA COMPOSTELA LITERARIA E MONUMENTAL 17 /12 2021
1. Casas Reais. Sociedade Económica de Amigos do País (organización académica e cultural do século XIX onde estudaron autores do Rexurdimento como Rosalía de Castro ou Aurelio Aguirre e centro de encontro dos intelectuais e escritores do momento como Eduardo Pondal. Nos seus escenarios Rosalía interpreta con 15 anos “Rosamunda” con grande éxito de público)
2. Praza de Cervantes (chamada no s. XII Praza do Foro por ser lugar de pregóns) e Igrexa neoclásica de San Bieito do Campo de Prado Mariño do s.XVIII, unha xoia do Neoclásico galego)
3. Praza de Abastos: visita a toda unha institución en Compostela. Construída en 1941 polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios a partir do primixenio edificio que data de 1873 e do que aínda se conserva o enlosado de granito e a muralla con escalinata.
4. Facultade de Historia e Xeografía. Visita ao edificio e á biblioteca
5. Catedral e pazos renacentistas da cidade vella, coas súas ruelas e perspectivas barrocas
6. Biblioteca municipal Anxel Casal.
7. Antigo cárcere municipal, centro de reclusión na ditadura.
8. Paseo da Alameda e homenaxe ás irmás Fandiño Ricart, máis coñecidas como as dúas Marías. Lectura dun texto elaborado pola alumna Nuria Juncal.
E tamén o venres pasado o alumnado de 1º ESO puido disfrutar da visita a dous museos emblemáticos de Santiago, o museo do Pobo Galego e o museo de Arte Contemporánea. Axentes infiltrados nos informan de que o pasaron estupendamente. Tedes máis información no Facebook do centro.
No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios.
Nun acto que tivo lugar durante o recreo o alumnado do equipo de igualdade do centro leeu un manifesto e logo cantaron a súa versión en galego da canción:"Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil.
Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade.
O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.
En 2019 se celebran os 500 anos da morte dun xenio, Leonardo Da Vinci. O profesor de representación gráfica da USC, D. Francisco Javier Gómez acudiu ao centro a falar sobre a súa obra, acto enmarcado dentro do programa "A Ponte" da USC, e organizado polos departamentos de Debuxo e Tecnoloxía.
Con motivo da semana adicada á Constitucuión e a o Estatuto de Autonomía de Galicia, o alumnado de 1º ESO traballou na materia de educación plástica sobre o cartelismo electoral. No hall do centro podedes contemplar a visión do alumnado dos carteis electorais a favor do SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Castelao, Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo ou Camilo Díaz Baliño firmaban as obras. Exposición das reproduccións feitas polo alumnado de 1º ESO. Foi un traballo conxunto dos departamentos de Galego, Plástica, Tecnoloxía e Historia.
Mañá un grupo de alumnos/as de 4º ESO e 2º BAC acudirán coa profesora Elena Paredes a visitar a EASD Mestre Mateo de Santiago, onde poderán coñecer a ampla oferta de estudos artísticos e as instalacións.
Gústavos debuxar letras? No noso instituto temos verdadeiros expertos/as
No pasillo do primeiro andar podedes ver unha preciosa mostra de traballos feitos por alumnado de debuxo de 4º ESO (Verónica Álvez, Raúl Rey, Yassine Bassami e Leticia Cunqueiro), nos que renden homenaxe á disciplina do debuxo científico. Este tipo de debuxo require de exactitude, realismo e capacidade descriptiva, e supera á fotografía en aspectos onde ésta amosa as súas limitacións, como é o contraste e a profundidade de campo. Visitádea e vos sorprenderá.
Construción dunha obra de arte Que é para quen?, Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Corenta obras que convidan a pensar sobre o papel dos e das artistas na actualidade. ALUMNADO: 1º ESO
Profesorado acompañante: Alberto Antelo Sánchez, Elena Páredes Sánchez e Ana Pensado Louzao.
Organizaron: Departamentos de Educación Física e Educación Plástica e Audiovisual.
Construción dunha obra de arte Que é para quen?
Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Corenta obras que convidan a pensar sobre o papel dos e das artistas na actualidade.
Fotografía, pintura, escultura, debuxo, instalación, videoinstalación, performance e unha pluralidade de técnicas de produción que nos fan reflexionar sobre o cambio que supuxo a aparición das tecnoloxías no mundo da arte e como conviven con técnicas clásicas.
Auditorio de Galicia. Santiago ALUMNADO: 1º ESO
SAÍDA: 10 h. (hai clase ata as 9:50 h.) / VOLTA: 14:25 h.
Para ver o cartel, clica aquí.