IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Dinamización Lingüística

Convócase o II Concurso literario "IES Xulián Magariños"

25/03/2022
21/04/2022

Atentos/as se vos gusta a escritura. Tedes a ocasión de mostrar o voso talento no II CONCURSO LITERARIO IES XULIÁN MAGARIÑOS. Se queredes participar tomade nota das bases de participación e lembrade que o prazo para presentarse remata o 21 de abril de 2022.

BASES DE PARTICIPACIÓN.

 

  • Dinamización Lingüística
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • 2 adxuntos
  • Calendario

25 N no IES Xulián Magariños

25/11/2021

NON Á VIOLENCIA

  • Act. Complementarias
  • Dinamización Lingüística
  • Orientación
  • 1 adxunto
  • Calendario

CONCURSO DE DESEÑO. UN NOVO LOGOTIPO PARA O EDNL

07/05/2021

CONCURSO DE DESEÑO.

O equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Xulián Magariños convoca un concurso para ter un novo logotipo. 

Pode participar todo o alumnado do centro e o prazo final é ata o 28 de maio.

BASES

  • Dinamización Lingüística
  • 1 adxunto
  • Calendario

Semana das Letras Galegas 2019

14/05/2019

Con motivo do día das Letras galegas 2019 adicado a Antón Fraguas os departamentos de Galego e o Equipo de Normalización  e Dinamización Lingüística expoñen diversos traballos realizados polo alumnado sobre a vida e obra deste destacado historiador e etnógrafo e sobre Luis Seoane.

Así mesmo expoñen, no corredor de acceso á biblioteca unha serie de posters que tamén glosa a obra de Antón Fraguas.

Non queremos esquecer outras actividades organizadas arredor da festividade do Día das Letras Galegas como foron a participación no Correlingua 2019 e a asistencia á obra de teatro "made in Galiza" de Sechu Sende feita pola compañía "Os Quinqulláns"

 

  • Act. Complementarias
  • Dinamización Lingüística
  • Lingua galega e Literatura
  • 3 adxuntos
  • Calendario

O Club de debate do IES Xulián Magariños, outro ano máis, gañador da final galega

11/05/2019

O equipo do Club de Debate outro ano máis gaña a Gran Final Galega de Clubs de Debate. Noraboa ao alumnado participante, á preparadora Sara Porrit, a delegada do centro María José e a todos os participantes nesa festa da palabra. Queremos agradecer tamén o incondicional apoio dos compañeiros e familiares que acompañaron o equipo a Pontevedra.

Nova en "El  Correo gallego"

Nova na Voz de Galicia

  • Premios e distincións
  • Dinamización Lingüística
  • Lingua galega e Literatura
  • 1ºBAC
  • 4ºESO
  • Calendario

A revista do IES Xulián Magariños. nº 5 (Curso 2017-2018)

18/06/2018

Xa está dispoñible o número 5 da nosa ( e vosa) revista, correspondente ao curso 2017-2018. Nela atoparades unha chea de interesantes e variados contidos. Como sempre, esperamos que sexa do voso agrado e que nos enviedes os vosos comentarios para ir mellorándoa ano tras ano.

Como novidade dicir que, ademáis da edición electrónica, tamén fixemos unha pequena tirada de 50 exemplares dispoñibles na secretaría do noso centro a un prezo simbólico de 2 euros.

Ligazón á revista (calameo)

 

 

A revista do IES Xulián Magariños nº 5


 
 Tedes acceso aos últimos números na seguinte estantería

  • Números anteriores
  • Dinamización Lingüística
  • 1 adxunto
  • Calendario

Video interactivo conmemorativo do Día das Letras Galegas

21/05/2018

A Deputación da Coruña encargou a elaboración dun video interactivo para conmemorar María Victoria Moreno con motivo do Día das Letras Galegas. A proposta consiste nun xogo con dez preguntas e un premio virtual que permite achegarse á traxectoria da cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galega. De acertar, iranse sumando puntos para a recompensa final, virtual e relacionada coa autora. De non acertar, o xogo ofrece un vídeo explicativo que conduce á resposta correcta. Consideramos que este video pode ser unha ferramenta acaída para difundir a obra e a biografía de María Victoria Moreno entre o alumnado.

IR AO VIDEO

 

  • Dinamización Lingüística
  • Calendario

Conferencia: Unha viaxe á máquina da mente

02/05/2018

O mércores 2 de maio o profesor Xurxo Mariño falará sobre "Unha viaxe á máquina da mente" ao alumnado de 3º ESO e 1º de BAC, nas dúas últimas horas da mañá.

  • Act. Complementarias
  • Dinamización Lingüística
  • 1ºBAC
  • 3ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

Grandes enxeñeiras e científicas. Mostra de carteis

07/03/2018

Hoxe inauguramos dúas mostras de carteis adicados a excepcionais figuras femininas no mundo da técnica e da ciencia. Mulleres que foron pioneiras nos seus campos e que na maioría dos casos careceron do xusto recoñecemento no seu tempo. Quen dixo que as tecnoloxías e as ciencias non son cousa de mulleres?

(podedes descargar unha imaxe dos carteis clicando en adxuntos)

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • Últimas novas
  • Dinamización Lingüística
  • Tecnoloxía
  • 11 adxuntos
  • Calendario

A VIDA DAS NOSAS AVOAS

18/03/2018

"A historia das nosas avoas" recolle unha serie de relatos onde o alumnado de 3º de ESO plasma a infancia e as vivencias das súas avoas, o que lle permite comparar as condicións de vida actuais coas de hai 60 anos. Como ben dí a coordinadora do traballo, Nuria Araújo:

"Sen elas a historia sería outra. A do país e especialmente a nosa. Co seu traballo cotián, sen vacacións, conseguiron sacar adiante as súas familias e darlles o que elas apenas tiveron: varios pratos diferentes de comida ao día, educación en escolas todo o tempo necesario, asistencia médica, tempo de lecer... E máis que nada a posibilidade de facer na vida o que se desexa de verdade. De todo iso foron privadas, ou renunciaron para que hoxe nós teñamos máis ao alcance da man os nosos desexos.

E nós queixámonos, de case todo. De madrugar, de estudar, de facer mínimas tarefas sen movernos case da casa, dunha casa con todas as comodidades que elas non disfrutaron. E con demasiado tempo de lecer que parece que aproveitamos cada vez peor, mergullados nun mundo que nos contan outros a través de todo tipo de pantallas. Xa non nos gusta a vida en directo. Esa que elas protagonizaron.

Ao tempo que traballaban arreo, falaban cos amigos e veciños, con toda a familia, dispostas a colaborar no que fixese falta, aquí e ás veces moi lonxe, en Suíza, Venezuela, Colombia... Coñeceron moitos mundos nos seus propios escenarios, sobre o terreo, non por imaxes retransmitidas por outros en soportes dixitais. Viviron e moitas viven para ensinarnos a ir en persoa a aqueles lugares que soñamos.

E para que non se nos esqueza que debemos andar paso a paso o noso propio camiño, aquí están algunhas das viaxes delas. Quixemos recuperalas porque foron protagonizadas polas nosas auténticas heroínas, non polas dos filmes, que xamais foron reais. Estes guións semellan de película, mais non o son. Están escritos desde a verdade do que aconteceu nas nosas casas. Que a luz e a calor das nosas vellas lareiras nos guíen nos camiños que debemos percorrer. Por elas."

Preme aquí para acceder aos textos.

  • Dinamización Lingüística
  • Lingua galega e Literatura
  • 3ºESO
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Outubro 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Novas

  • Curso 23-24
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 22-23

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura
  • Blog do programa lectura e familias

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016