IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Act. Complementarias

Actividades complementarias desenvolvidas no centro

Grande afluencia de público na Feira das profesións

04/05/2023

O  xoves 4 de maio tivo lugar a Feira das Profesións 2023 organizada conxuntamente polos departamentos de orientación do IES Xulián Magariños, do IES de Ames e do IES de Brión. Contou coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegaron ao alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.

 
O evento tivo lugar na Sala de Usos Multiples do IES de Ames e o horario é o seguinte:

    De 10 a 14 horas asistencia do alumnado dos tres centros educativos.

    De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que quixeron asistir.

    Ás 18:30 acto de clausura.

Repercusión nos medios de comunicación

 

  • Na prensa
  • Act. Complementarias
  • Orientación
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

DÍA DA BICI NO IES XULIÁN MAGARIÑOS

18/04/2023

 

Tradicionalmente o 19 de abril celébrase o Día da bicicleta. Con ese motivo onte organizamos unha xornada arredor deste estupendo medio de transporte, co obxectivo de animar a nosa comunidade educativa  a usar máis a bici. Máis liberdade, menos fumes, máis saúde, máis espazo, máis tempo libre...
Primeiro tivemos unha serie de charlas técnicas sobre mantemento e ergonomía da bicicleta e seguridade vial, e tamén puidemos coñecer as testemuñas de alumnos e profesores usuarios habituais de bicicleta. E despois saímos á rúa a por en práctica o aprendido. Fumos arredor de 50 persoas entre alumnos e profesores que collimos a bici e pedaleamos por Negreira adiante.
Queremos agradecer a axuda e inspiración da profesora de educación Física Nuria Castelao , a colaboración desinteresada de Manuel Rioseco, de Bicicletas Rioseco/ , do Concello de Negreira (en especial do departamento de cultura e deportes), da Policía  Local e de Protección Civil sen os cales non poderíamos ter organizado unha actividade tan proveitosa.
Animar a todos a usar máis a bici e menos o coche, lembrar aos que sexades condutores de vehículos a motor que respetedes aos ciclistas, que son a parte máis débil na estrada,  e ás autoridades que poden e deben facer máis a prol do uso da bicicleta e outros medios de transporte non contaminantes ( ralentizar tráfico, crear carrís e rutas específicas, bonificar o uso destes medios de transporte, etc...
Quedámonos cun bo sabor de boca e de seguro que repetiremos para o ano que ven.

INFORMACIÓN

AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA EN BICI (entregar asinada antes do 12 de abril)

RESULTADOS DAS ENQUISAS

  1. A FAMILIAS

  2. A ALUMNADO

  • Act. Complementarias
  • Últimas novas
  • 7 adxuntos
  • Calendario

RESULTADOS DAS ENQUISAS SOBRE PERCEPCIÓN E USO DA BICICLETA

12/04/2023

Como sabedes, no instituto queremos fomentar o uso responsable da bicicleta, como medio de transporte cómodo, rápido e ambientalmente responsable, que pode ser axeitado para determinado alumnado nunha franxa de idade e que viva a unha distancia intermedia do centro.

Previo á celebración do Día da Bicicleta, quixemos facer unha enquisa para saber como ven o uso da bici os alumnos e as familias, e que aporten ideas para facer máis cómodo e seguro o seu uso. Creemos que os resultados poden ser de interese para o Concello de Negreira, asociacións e institucións varias, para que tamén traballen a prol do fomento do uso da bicicleta.

Os países máis avanzados promoven e facilitan o uso da bicicleta como medio de transporte diario, que conleva aforro económico, menos atascos, mellora a saúde da poboación e mellora a calidade do aire das poboacións nas que se incrementa o seu uso.

Incluso estase a debatir o feito de pagar á xente por usar a bicicleta como medio de transporte diario ao traballo (ver ligazón)


Aquí tedes os resultados da enquisa.

ENQUISA FAMILIAS

ENQUISA ALUMNOS

  • Act. Complementarias
  • Ed. Física
  • Matemáticas
  • Tecnoloxía
  • Calendario

Recomendacións lectoras para a Semana Santa

30/03/2023

Achegamos o boletín trimestras de suxestións do Equipo de biblioteca, sempre cheo de interesantes recomendacións.

Primavera lectora

Comics recomendados

 

  • Recomendámosche
  • Act. Complementarias
  • 3 adxuntos
  • Calendario

Entrega de premios do concurso de fotografía

23/03/2023

Hoxe tivo lugar e entrega de premios aos finalistas e gañadores do IV Concurso de Fotografía IES Xulián Magariños, "Camiño de Santiago e patrimonio en Negreira". Parabéns a todos eles, aos que desexamos que sigan cultivando esa afición pola fotografía e por coñecer e valorar o rico patrimonio do noso concello.

  • Premios e distincións
  • Act. Complementarias
  • 1 adxunto
  • Calendario

3 anos despois volvemos a ter concurso de carnaval

18/02/2023

Emoción e alegría, xa que despois de 3 anos puidemos retomar o noso tradicional concurso de entroido. Queremos dar as grazas ao profesorado e alumnado que se implicou nel e que nos permitiron pasar uns ratos moi agradables e divertidos.
Ao final da gala todos puidemos disfrutar das ricas filloas que ANPA e Concello nos fixeron chegar. Moitas grazas tamén a eles. No noso Facebook podedes ver fotos da xornada.

  • Act. Complementarias
  • Vicedirección
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • CB FP
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos

14/12/2022

Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada ano o 10 de decembro, os alumnos de Valores Éticos de 2º de ESO B buscaron nos xornais exemplos de noticias que amosaban situacións nas que non se respectaban algúns dos dereitos que ten calquera ser humano polo mero feito de existir. A actividade serviulles para analizar cunha mirada crítica a realidade cotiá e comprobar que queda moito por facer. O resultado do seu traballo pode verse na exposición que montaron no hall de entrada ao instituto.

  • Act. Complementarias
  • Lingua castelá e Literatura
  • 2ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

Aprendendo a navegar con seguridade.

07/02/2023

Hoxe o alumnado de 1º ESO acompañado polo profesorado do departamento de Tecnoloxía  participou nun interesante obradoiro en liña deseñado dende o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) co obxecto de aprender a detectar sinais de fraude e engano en páxinas web, chats e redes sociais. Malia a indudable utilidade das TIC é importante saber protexernos de estafadores e ladróns de datos persoais e identidades.
Levan para casa unha pequena folla de tarefas para practicar en familia.
Cousas que nos quedaron claras:

  • Fixarnos nas direccións de internet e comprobalas cun comprobador de URL.
  • Desconfiar de versións gratuitas de aplicacións de pago e de ofertas moi suculentas.
  • Regalos moi golosos e urxencias de tempo tamén son signos claros de páxinas web fraudulentas.
  • Ollo coas invitacións de descoñecidos.
  • E ante calquera dúbida falar cos nosos pais, profesores ou contactar co propio INCIBE

Entre todos podemos facer de internet un espazo máis seguro e amigable.

Visitar web do INCIBE

  • Act. Complementarias
  • Últimas novas
  • Vicedirección
  • Tecnoloxía
  • 1ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Alumnado do IES Xulián Magariños no xurado do Premio San Clemente

07/11/2022

Seis alumnas de bacharelato representaron ao IES Xulián Magariños como parte do xurado do Premio San Clemente de Narrativa. O acto tivo lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago o pasado xoves 3 de novembro. As alumnas deliberaron con representantes de varios institutos tanto de Galicia como de fóra da nosa Comunidade e despois deron a coñecer o nome dos gañadores nunha rolda de prensa. Mais tarde, xunto co resto dos membros do xurado, foron invitadas a unha comida no Casino de Santiago. Unha experiencia moi enriquecedora que se completará dentro duns meses coa cerimonia de entrega de premios, na que poderán coñecer persoalmente aos galardoados.

A prensa fíxose amplo eco da noticia, dada a importancia deste premio.

A memoria histórica e o hiperrealismo máxico imponse no Premio San Clemente Abanca con tres mulleres galardoadas (galiciaconfidencial.com)

El Premio San Clemente Abanca galardona en Santiago de Compostela a tres autoras (elespanol.com)

La memoria histórica y el hiperrealismo mágico se imponen en el Premio San Clemente Abanca con tres mujeres galardonadas (europapress.es)

  • Premios e distincións
  • Act. Complementarias
  • Lingua castelá e Literatura
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 1 adxunto
  • Calendario

Actividades complementarias. Programación de novembro

06/10/2022

Podedes consultar aquí as actividades previstas para o mes de novembro:

VER PROGRAMACIÓN NOVEMBRO

VER PROGRAMACIÓN ANTERIOR OUTUBRO

  • Act. Complementarias
  • Vicedirección
  • 2 adxuntos
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Novas

  • Curso 22-23
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22
  • Curso 19-20

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016