Act. Complementarias
A semana pasada iniciamos unha actividade nova. Os recreos dos martes e venres alumnado e profesorado combatimos xuntos o sedentarismo e guiados polo profesor Xoan Carlos Gantes realizamos unha serie de exercicios sinxelos que non precisan equipamento especial e poden facerse en calquera lugar. A prensa mostrou interese por esa actividade e aquí podedes leer a reportaxe que nos adica "El Correo Gallego".
Con motivo da semana adicada á Constitucuión e a o Estatuto de Autonomía de Galicia, o alumnado de 1º ESO traballou na materia de educación plástica sobre o cartelismo electoral. No hall do centro podedes contemplar a visión do alumnado dos carteis electorais a favor do SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Castelao, Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo ou Camilo Díaz Baliño firmaban as obras. Exposición das reproduccións feitas polo alumnado de 1º ESO. Foi un traballo conxunto dos departamentos de Galego, Plástica, Tecnoloxía e Historia.
Co gallo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o alumnado infórmase sobre a orixe do alfabeto Braille e xa o está usando para escribir mensaxes motivadoras.
O departamento de Tecnoloxía por outra banda nos mostra como as impresoras 3D do centro tamén son unha ferramenta ideal para elaborar material adaptado a persoas con discapacidade visual. Os principios do deseño universal ou inclusivo son algo que hai que ter en conta dende o principio cando se deseña un producto.
Este xoves e venres o departamento de Orientación organiza unha serie de obradoiros para ESO e ciclo de FPB co obxecto de axudar a previr conductas adictivas.
Enma Mayo nos falará do día a día dunha persoa con discapacidade. Con motivo do Día internacional das persoas con discapacidade é necesario dar a coñecer o Deseño Inclusivo.
Para alumnado de bacharelato e ciclos formativos.
Guía de deseño universal da Fundación ONCE
(por motivos alleos ao centro esta actividade queda aprazada temporalmente)
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe un grupo de alumnos procederon á lectura pública dos Dereitos da Infancia. Aprobados na ONU o 20 de Novembro de 1959, hai case 60 anos, seguen estando plenamente vixentes e xustificados. Aínda hoxe están lonxe de ser respectados en moitos países, incluído o mal chamado primeiro mundo. Os alumnos reflexionaron sobre eles e fixeron pequenas modificacións para adaptalos á realidade do século XXI. Bo traballo!