Premios e distincións
Hoxe tivo lugar e entrega de premios aos finalistas e gañadores do IV Concurso de Fotografía IES Xulián Magariños, "Camiño de Santiago e patrimonio en Negreira". Parabéns a todos eles, aos que desexamos que sigan cultivando esa afición pola fotografía e por coñecer e valorar o rico patrimonio do noso concello.
A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato 2022-2023. VER PDF RESUMO DA CONVOCATORIA
Seis alumnas de bacharelato representaron ao IES Xulián Magariños como parte do xurado do Premio San Clemente de Narrativa. O acto tivo lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago o pasado xoves 3 de novembro. As alumnas deliberaron con representantes de varios institutos tanto de Galicia como de fóra da nosa Comunidade e despois deron a coñecer o nome dos gañadores nunha rolda de prensa. Mais tarde, xunto co resto dos membros do xurado, foron invitadas a unha comida no Casino de Santiago. Unha experiencia moi enriquecedora que se completará dentro duns meses coa cerimonia de entrega de premios, na que poderán coñecer persoalmente aos galardoados.
A prensa fíxose amplo eco da noticia, dada a importancia deste premio.
A memoria histórica e o hiperrealismo máxico imponse no Premio San Clemente Abanca con tres mulleres galardoadas (galiciaconfidencial.com)
El Premio San Clemente Abanca galardona en Santiago de Compostela a tres autoras (elespanol.com)
La memoria histórica y el hiperrealismo mágico se imponen en el Premio San Clemente Abanca con tres mujeres galardonadas (europapress.es)
Volve de novo a fotografía ao Xulián Magariños. Se o ano pasado o tema do noso concurso fotográfico foi a fotografía matemática, este ano queremos ver a creatividade do noso alumnado aplicada a mostrar o patrimonio do concello de Negreira e do camiño de Santiago que por aquí pasa.
IV CONCURSO FOTOGRÁFICO IES XULIAN MAGARIÑOS
Patrimonio e Camiño de Santiago en Negreira
O concurso está aberto a participación de todo o alumnado do noso centro.
Prazo límite de presentación de fotografías o 15 de novembro.
RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA
Moitísimos parabéns á nosa ex-alumna Mencía Casas, que acaba de ser galardoada co Premio Extraordinario de Bacharelato xunto con outros 19 alumnos excelentes de toda Galicia. Todo un orgullo para o noso centro e a nosa vila.
Noraboa a o equipo formado polos alumnos do ciclo superior de Informática Mynor Alexander Folgar Peláez e Jordan Garabal Fernández que foron proclamados gañadores do premio do III Concurso Científico Luis Gustavo Rodríguez Taboada no nivel D(alumnado de Formación Profesional) polo traballo "Reciclando hardware informático para uso escolar", organizado polo IES Laxeiro de Lalín.
Utilizando placas base inservibles, teclados e demáis restos de equipos informáticos deseñaron e construiron reloxos, libretas de notas, chaveiros moi orixinais e ao tempo funcionais. Magníficas ideas para alongar a vida de obxectos que doutro xeito rematarían sen máis nun vertedoiro.
Orgullosos do noso alumnado. Hoxe queremos felicitar por partida triple:
1. a Eduardo Cabañas López, alumno de 2º ESO brillantemente clasificado para a final da Olimpiada Galega de Matemáticas a celebrar en Lugo a finais de maio. Moita sorte Eduardo!
(Queredes ver as probas as que se tiveron que enfrontar os participantes? Botade unha ollada a ver que vos parecen! #vivanasmates #matesdivertidas https://www.agapema.org/images/Fase_Zona.pdf)
2. aos gañadores e finalistas do II Concurso de relatos IES Xulián Magariños que tivo o pasado mércores a entrega de premios:
Categoría Bacharelato e ciclos
-1º Premio Paula Rodríguez Pais con "Un último vistazo"
-Accésit Iván Noya con "Mi amiga la luna"
Categoría 2º ciclo de ESO e FPB
-1º Premio Josué Fdo. Martínez Delgado con "La sala"
-Accésit Héctor Lago Esperante con "Vendetta Rossa"
Categoría 1º ciclo de ESO
-1ºpremio Jennifer Andrade Gorgal con "O día que o mundo foi noso"
-Accésit María Castro Andrade con "A protectora"
3. Aos membros do noso equipo do Club de Debate, Peripatéticos, que participaron brillantemente na fase final de competición en Pontevedra malia non poder acadar os postos de honra.
Hoxe inauguramos a exposición de fotografía matemática cunha selección das imaxes presentadas no III Concurso de fotografía "Matemáticas na contorna". Estará todo o mes de maio no vestíbulo do edificio principal.
As láminas están acompañadas duns textos explicativos elaborados polo profesorado do departamento de matemáticas que nos axudarán a interpretar os conceptos matemáticos mostrados nas imaxes. Grazas a todos, alumnado e profesorado participante e a quenes axudaron na montaxe final.
Aquí tedes a relación de fotografías presentadas na edición deste ano. Un gran nivel que garante un difícil traballo por parte do xurado. Ao longo da vindeira semana publicaremos a relación dos gañadores.
TRABALLOS PRESENTADOS (PRESENTACIÓN PDF)
Ampliamos o prazo de participación ata o 14 de novembro!!
Convocamos o III CONCURSO fotográfico IES XULIÁN MAGARIÑOS, e este ano a temática é a fotografía MATEMÁTICA. E este ano os premios serán aínda mellores!
E quén pode participar? Pois todo o alumnado do centro.
Así que xa sabedes, ide atopando motivos matemáticos na vosa contorna.
