Premios e distincións
MÁIS PREMIOS PARA O ALUMNADO DO IES XULIÁN MAGARIÑOS:
Premios de pintura ¨Negreira en cor¨ do concello de Negreira na categoría de 13 a 18 anos:
- 1º premio - Laura Rodríguez Capeáns, pola obra A colleita de 1º ESO C
- 2º premio - María Suárez Canoura, por Paisaxe de 3º ESO C
- 3º premio - Paola Enjo Lueiro, coa obra Orange de 4º ESO A
Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas.
PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!!
Parabéns a Iría Sánchez Del Río de 3º ESO polo 3º Premio de narrativa na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) co traballo Noite de lóstregos.
O día 15 de marzo, publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.
Noraboa aos equipos do IES Xulián Magariños que participaron na gran final de Club de Debate en Ferrol e como sempre deixaron moi boas impresións. Este ano a victoria foi para Ames, a quen tamén felicitamos cariñosamente, que gañou nunha disputadísima final a o equipo 1 do noso centro.
A pesar de que non gañaron, o noso alumnado tivo como sempre unha actitude magnífica e dedicáronlle a María Blanco, quen para o curso que ven trasládase de centro, unha despedida moi emotiva con peza de gaita incluída.
A alumna de 4º ESO Sara Marcos foi gañadora do III concurso de Nadal sobre danos ao medio ambiente convocado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia natural da USC. Noraboa!
O proxecto "Nicradome: Sistema de conectores rápidos para ensamblado de cúpulas xeodésicas" ven de obter o premio Desafío Impresión 3D na categoría senior nos Premios de Innovación Educativa "Desafío STEM" convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Parabéns a todo o alumnado da materia de Modelado e Impresión 3D do curso 2016-2017 e especialmente a Fátima Fathallah, Miguel Ángel Corral, Miguel Blanco e Brais García, titorizados polo profesor Jesús García.
Deseñouse un sistema de 26 conectores imprimible nas impresoras 3D do instituto, fácilmente escalables e adaptables a todo tipo de listón cadrado de madeira, de xeito que permiten a rápida montaxe de cúpulas xeodésicas de tipoloxía 2V de tamaño variable.
Estamos novamente de noraboa. A alumna de 2º bacharelato Lidia Cambón Cancio ven de gañar o 1º premio de narración curta Concello de Curtis na categoría A coa obra "Do soño á realidade". Os membros do xurado subliñaron a calidade das obras presentadas a concurso (mais de medio centenar de relatos), o que pon de relevo o interese dos xóvenes pola escritura e a literatura. Parabéns a Lidia e a o resto dos premiados.
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
O pasado día 18 de Maio na Casa de Cultura do Milladoiro celebrouse a entrega de premios do Certame Literario "Concello de Ames 2017", onde un ano máis o talento do noso alumnado, neste caso feminino, brillou máis que nunca ao acadar dous premios na categoría de "Narrativa". Iria Freira Agra e Lucía Fontes Bustos, ambas alumnas de 4º ESO, recibiron o 1º e 3º premio respectivamente.
Parabéns a estas alumnas que en plena época de exames saben facer un oco á literatura, ou cal aínda ten máis mérito.
Aquí vos deixamos "Unha gaiola para a luz "(1º premio) e "A vida de Marta" (3º premio) para que gocedes da súa lectura.