Bioloxía e Xeoloxía
Segunda tanda de traballo na Auditoría medioambiental do centro. Transcorridos dous meses dende a última limpeza, os alumnos recolleron máis de 10 bolsas de residuos que estaban espallados polos patios e xardín. Principalmente trátase de envases de plástico, como xa o demostrou a análise dos residuos atopados na primeira fase do traballo.
Definitivamente temos un problema recorrente con este tipo de envoltorios. Precisamos de máis concienciación (non só no centro, tamén no entorno familiar e social. Non se trata só do feísmo ou do problema medioambiental que xeran: pensemos que a maioría dos alimentos que estaban envoltos neses plásticos non son o que os expertos en nutrición consideran nutricionalmente correctos.
De novo moitas grazas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía por organizar este tipo de actividades, e facemos un chamamento as familias para que dialoguen e debatan cos seus fillos sobre esta problemática.
ECOAUDITORÍA DO LIXO NO PATIO
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía coordina a primeira ECO-Auditoría no centro. Participa o alumnado de 1º ESO dirixido de xeito voluntario por alumnado de 2º BAC.
Aquí vos deixamos a súa crónica da primeira xornada:
"Onte levouse a cabo a primeira actividade consistente no estudo do lixo acumulado no patio, e, a pesares de que o tempo non acompañaba, cabe salientar que o alumnado non cegóu no seu empeño e fixo unha exhaustiva recollida e clasificación do lixo nas diferentes fraccións para a súa reciclaxe. A fracción de lixo dominante foi o da bolsa amarela ( plásticos e metais) dos que destaca pola abundancia as bolsas de alimentos elaborados (patacas fritas, gusanitos e semellantes, doces, chuches).
O propio alumnado quedóu sorprendido da cantidade de refugallos esparcidos polo entorno e sobre todo dos “alixos” escondidos nos arbustos e nos desaugues que estaban case atorados.
Tamén fixeron fincapé nos puntos de recollida de lixo: papeleiras, conterdores… indicando a localizción e estado de conservación.
Agora están a cubrir unha enquisa sobre os “Hábitos que ten cada un na xestión do lixo”.
Cando se procesen eses datos, o alumnado elaborará as propostas que poden contribuir á desaparición dese problema."
O Departamento de Bioloxía (e por extensión todo o centro) agradece a todo o alumnado participante o excelente traballo realizado e desexamos que esta pequena semente que plantamos hoxe, poida xermolar e medrar vigorosa ao longo do curso para que poidamos disfrutar dun entorno natural sen "adornos artificiais".
Despedimos hoxe con grande emoción a Pedro, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, un dos veteranos da plantilla docente do IES Xulián Magariños.
Pedro Núñez Ferreiro, excelente profesional e mellor compañeiro, levaba con nós nada máis e nada menos que 28 anos. Tantos como tempo leva guiando ao noso alumnado nas saídas á natureza, das que é verdadeiro experto e entusiasta.
Desexámoste moita sorte nas túas futuras ocupacións. E que saibas que aínda que a situación sanitaria non o permite polo de agora, espérate unha boa comilona de despedida.
Unha aperta enorme!
O noso alumnado vai participar no concurso PILABOT de recollida de pilas usadas.
Como sabedes, as pilas e baterías son un residuo moi valioso e á vez moi contaminante polo que é preciso facer unha recollida selectiva e asegurarse de que sexan correctamente tratadas despois da súa vida útil.
POLO NOSO MEDIO AMBIENTE, polo futuro do noso planeta, vos pedimos que non tiredes esas pilas usadas de calquera maneira.
A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Medio ambiente, acaba de lanzar este concurso para concienciar aos rapaces da importancia de reciclar correctamente, así que por favor gardade esas pilas usadas e se llas dades ao noso alumnado éste se encargará de depositalas nun contenedor axeitado que virán a recoller o vindeiro mes. Ademáis dunha boa acción dende o punto de vista medioambiental podedes axudarnos a gañar un importante premio que revertirá en melloras no centro. Grazas pola vosa axuda!!
Verde ou negro? Como vedes o futuro do noso planeta?
Hoxe o alumnado escolleu cor e todos xuntos asistimos á lectura dun manifesto a prol da loita contra o cambio climático e o despilfarro enerxético.
Hai esperanza, pero todos temos que actuar xa e esixir dos nosos gobernantes un compromiso real para a reducción de gases de efecto invernadoiro.
O alumnado elaborou un precioso mural ...con solucións reais que entre todos podemos adoptar...
-Reduce o teu consumo de bens innecesarios
-Usa o transporte público
-Recicla
-Repara as cousas, non as tires
-Usa os folios polas dúas caras
-Dúchate en vez de te bañar...
de seguro que a vos se vos ocorren moitas máis. Compartídeas con nós.
Con motivo do día do Medio Ambiente o alumnado de 1º de ESO participou nunha recollida colectiva de residuos plásticos. En menos dunha hora se recolleron 7 sacos grandes de restos de plásticos!
Ademáis inauguramos unha nova zona axardinada no recinto do centro que servirá como patio-xardín e prantamos varios árbores frutais que nos proporcionarán froita fresca e sombra.
Con motivo do día mundial da Auga (22 de marzo) o alumnado de 4º de ESO percorreu o "roteiro da auga potable" de Negreira, visitando o paseo do río Barcala, a captación da auga, a estación de potabilización, os depósitos e a depuradora de augas residuais. Unha actividade moi completa, na que contaron coas explicacións dos técnicos e coñeceron todos os procesos que fan posible que teñamos auga de calidade nas billas da nosa casa.
O dereito a auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, recoñecido polas Nacións Unidas, pero a día de hoxe millóns de persoas seguen sen ter garantido ese dereito, sufrindo enfermidades e mortes evitables. Por iso faise necesario de que sexamos conscientes do esforzo que supón garantir o acceso á auga potable e que non malgastemos ese recurso escaso e imprescindible
http://www.un.org/es/events/waterday/
O xoves o alumnado de 3º e 4º ESO foi a Coruña a disfrutar da obra de teatro " Don Juan Tenorio" e visitar varios museos DOMUS, MUNCYT) acompañados dos profesores Ana Barrientos, Natalia Freire, Susana Madrea e Pedro Núñez. Ata tiveron tempo de achegarse a torre de Hércules. Unha excursión moi completa.
E o venres, o alumnado de 1º e 2º de ESO poido asistir a unha sesión interactiva sobre cultura americana organizada polo departamento de inglés.
Hoxe celebraremos unha comida de claustro na que homenaxearemos a dous queridos compañeiros de longa traxectoria no instituto Xulián Magariños. María del Pilar Antelo Docampo, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, e Ricardo Rodríguez de Ravena, profesor de Filosofía. Ambos se xubilan a finais deste curso 2017-2018.
Quremos desexarvos moita sorte nas vosas futuras ocupacións e que saibades que vos extrañaremos moitísimo.
O noso centro participa no programa " Enerxía con Conciencia" da Fundación Repsol. Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía están a elaborar co alumnado unha auditoría enerxética para analizar os consumos de enerxía eléctrica, combustibles e auga no día a día do funcionamento do centro co obxectivo de facer unha serie de propostas de mellora buscando a racionalización e eficiencia no seu uso.
Ao longo dos próximos días todos seredes tamén protagonistas destas actuacións... porque ¿que facedes vos para aforrar enerxía?
