IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

 

1ºESO

ECO-AUDITORÍA NO EXTERIOR DO NOSO CENTRO

22/12/2020

ECOAUDITORÍA DO LIXO NO PATIO

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía coordina a primeira ECO-Auditoría no centro. Participa o alumnado de 1º ESO dirixido de xeito voluntario por alumnado de 2º BAC.
Aquí vos deixamos a súa crónica da primeira xornada:


"Onte levouse a cabo a primeira actividade consistente no estudo do lixo acumulado no patio, e, a pesares de que o tempo non acompañaba, cabe salientar que o alumnado non cegóu no seu empeño e fixo unha exhaustiva recollida e clasificación do lixo nas diferentes fraccións para a súa reciclaxe. A fracción de lixo dominante foi o da bolsa amarela ( plásticos e metais) dos que destaca pola abundancia as bolsas de alimentos elaborados  (patacas fritas, gusanitos e semellantes, doces, chuches).
O propio alumnado quedóu sorprendido da cantidade de refugallos esparcidos polo entorno e sobre todo dos “alixos” escondidos nos arbustos e nos desaugues que estaban case atorados.
Tamén fixeron fincapé nos puntos de recollida de lixo: papeleiras, conterdores… indicando a localizción e estado de conservación.
Agora están a cubrir unha enquisa sobre os “Hábitos que ten cada un na xestión do lixo”.
Cando se procesen eses datos, o alumnado elaborará as propostas que poden contribuir á desaparición dese problema."

O Departamento de Bioloxía (e por extensión todo o centro) agradece a todo o alumnado participante o excelente traballo realizado e  desexamos  que esta pequena semente que plantamos hoxe, poida xermolar e medrar vigorosa ao longo do curso para que poidamos disfrutar dun entorno natural sen "adornos artificiais".

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • 1ºESO
  • Calendario

Instruccións para acudir ao centro a presentar as solicitudes do Fondo solidario de libros, recoller material escolar e fianza das taquillas

22/05/2020

O alumnado que deba acudir ao centro a entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, recoller material escolar que deixara no centro ou teña que devolver a chave e recuperar a fianza das taquillas deben seguir as instruccións adxuntas:

Con elas trátase de escalonar a presencia das familias no centro e evitar aglomeracións e viaxes innecesarias.

Instrucións para solicitar o Fondo Solidario de libros de texto

Formulario precuberto de exemplo

Formulario para descarga

Calendario cos días que debe acudir o alumnado de cada curso

É obligatorio o uso de mascarilla, desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, gardar as distancias de seguridade e seguir as indicacións do persoal do centro. Agradecemos a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso.

O alumnado que levara libros en préstamo da Biblioteca tamén pode aproveitar para devolvelos.

POLO TANTO, A SEMANA QUE VEN VIRÍA POLO CENTRO:

Luns 8 de xuño: Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras H-P

Martes 9 de xuño : Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras Q-Z

A partir do mércores acudirá o alumnado de 4º ESO que teña que recoller material ou devolver libros da biblioteca

 

 

  • Últimas novas
  • Comunicados
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 4 adxuntos
  • Calendario

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2020-2021

20/05/2020 08:10

Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita

O prazo de solicitude remata o 19 de xuño.

Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano.

Ligazón á información na web da Consellería

Resumo informativo

IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432

  • Becas e axudas
  • Secretaría
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

As claves da boa alimentación para adoptar un estilo de vida saudable

04/12/2019

Qué bos consellos nos deixa o alumnado de 1°ESO. Traballando a alimentación na materia de Promoción de estilos de vida saudable da man do profesor Xoán Carlos Gantes. Intentaremos seguir as pautas que nos deixades!

  • Ed. Física
  • 1ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Distribución de máscaras ao alumnado

14/12/2020 13:38

Onte e hoxe procedeuse ao reparto das máscaras para o alumnado, adquiridas en base ao Fondo de Reserva de Garantía Educativa, distribuídas seguindo o establecido na Orde do 6 de novembro de 2020. Se algún alumno/a que tivera dereito a elas non as recibiu por non ter acudido ao centro pode solicitalas á volta do período vacacional.

 

  • Últimas novas
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • Calendario

Fondo Solidario de libros de texto. Adxudicación definitiva

14/09/2020

Xa está dispoñible a listaxe definitiva coa adxudicación dos libros de texto do fondo solidario. Para coñecer os libros adxudicados a cada alumno podedes consultar na web (na aplicación Fondo Libros, aqueles que teñades certificado dixital) ou no taboleiro de anuncios na entrada do instituto. No caso de ter que acudir ao centro por favor sede moi escrupulosos no cumplimento das medidas de seguridade: distancia, desinfección e mascarillas.

Só pode estar unha persoa consultando as listaxes, o resto debe esperar fora.

Non podemos facilitar información telefónica dos libros adxudicados.

  • Becas e axudas
  • Comunicados
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

PRESENTACIÓN FAMILIAS 1º ESO

07/09/2020 17:00

O vindeiro luns, día 7 de setembro, haberá unha reunión informativa presencial para as familias de 1º ESO. Debido á limitación de aforo do salón de actos, rogamos que acuda unicamente UNHA PERSOA por familia, e que o alumnado non asista á reunión pois terán unha presentación específica o día 16.

 

Para facilitar o mantemento das medidas de distancia sanitaria, faremos dúas sesións no seguinte horario:

 

  • 17:00 horas - alumnado con primeiro apelido dende A ata J incluído
  • 18:30 horas - alumnado con primeiro apelido dende K ata Z
  • Comunicados
  • 1ºESO
  • Calendario

Listaxes provisionais Fondo solidario de libros de texto 2020/21

13/07/2020

Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería.

O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo.

  • Becas e axudas
  • Comunicados
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • Calendario

Rutas e paradas do transporte escolar

03/07/2020

Consulte aquí as rutas e paradas do transporte escolar durante o curso 2019-2020.

TÁBOA DE RUTAS E PARADAS 2019-2020

Poden consultar tamén as instruccións para o curso 2020-2021 sobre Transporte escolar, en concreto sobre petición de novas paradas ou do servizo para usuarios non lexítimos

INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR 20-21

Resulta importante sinalar que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (bacharelato, ciclos medio e superior) que sexa autorizado a usar o servizo de transporte escolar nos vehículos contratados pola consellería farao de forma absolutamente gratuita.

Lembren tamén que no caso de solicitar modificación dos itinerarios ou novas paradas (só pode solicitalas  o alumnado de ESO e FPB usuario lexítimo do servizo de transporte) con carácter xeral non se autorizarán desviacións ou novas paradas por distancias inferiores a 2 km, nin fóra da zona de influencia do centro.

  • Servizos complementarios
  • Comunicados
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • CB FP
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Recollida de libros de texto do curso 2019/20

16/06/2020
  • Os libros de texto que teñen que ser devoltos obrigatoriamente son os que pertencen ao fondo solidario de libros de texto xestionado polo centro e os libros de texto adicionais prestados polos departamentos didácticos.
  • O alumno traerá todos os libros que se lle prestaron, que serán comprobados polo titor/a.
  • Se ten algunha materia suspensa para setembro poderá levar de volta para casa os libros correspondentes a esas materias suspensas para estudar durante o verán.
  • Os libros que se leven para casa durante o verán serán  devoltos en setembro cando veñan facer os exames  das materias suspensas.

1- Con anterioridade á entrega as familias deberán:

  • Comprobar que os libros teñen o selo e numeración do centro.
  • Retirar forros vellos, etiquetas e calquera outro elemento persoal. Comprobar o estado dos libros e identificar os que estean moi deteriorados ou se consideren inservibles.

2- A devolución dos libros farase o día 25 de xuño coincidindo coa entrega dos boletíns de cualificacións no SALÓN DE ACTOS ou no XIMNASIO PEQUENO dependendo do grupo.

 O alumnado agardará o seu turno na entrada mantendo as distancias recomendadas e con mascarilla. Irá entrando de un en un segundo sexa chamado.

3- Establécese o seguinte horario de devolución dos libros de texto

 

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

FPB (libros do centro)

A

12:00 

salón de actos

11:15

ximnasio

10:30

salón de actos

10:00

salón de actos

12:45

Ximnasio

B

12:15

ximnasio

11:30

salón de actos

10:45

ximnasio

10:15

ximnasio

-

C

12:30

salón de actos

11:45

ximnasio

11:00

salón de actos

-

-

 

4- Agradecemos a doación de libros de texto 

O curso anterior tivemos a sorte de contar coa desinteresada axuda de familias que mercaron libros de texto e considerando que xa non os ían necesitar os doaron ao centro co cal incrementamos a cantidade de libros dispoñible e puidemos repartir máis libros que nunca, o que favoreceu a toda a comunidade educativa.

Polo tanto, se tedes libros de texto propios que estean vixentes e pensades que xa non os ides necesitar, podedes traelos tamén e nós estaremos encantados de recollelos. Outras familias volo agradecerán.

 

VER COMUNICADO EN FORMATO PDF

  • Comunicados
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • CB FP
  • 1 adxunto
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Localización
  • Oferta educativa
  • Horario xeral
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Historia
  • Quen foi Xulián Magariños
  • Contacta connosco

CURSO 20-21

  • Declaración responsable (para entregar o día da presentación)
  • Autoenquisa síntomas COVID (facer diariamente)
  • Plano de entradas
  • Guía das familias
  • Plan de adaptación á situación COVID-19
  • Calendario escolar 20-21
  • Resumo programacións didácticas
  • Protocolo Actividades Extraescolares

Eventos

« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Normativa de reclamacións 2º BAC (curso 19-20) 

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016