Materia de programación: qué ten que ver co cálculo mental?
O cálculo mental é unha competencia clave na aprendizaxe das matemáticas. A práctica do cálculo mental mellora a capacidade de concentración, facilita a comprensión e sentido da magnitude e do número, proporciona versatilidade e rapidez no proceso de cálculo e axuda na reflexión para decidir e elixir.
Dentro da materia de programación (2º ESO ) os departamentos de Tecnoloxia e Matemáticas estamos a colaborar na elaboración dunha serie de aplicacións informáticas que axuden ao alumnado a aprender matemáticas dun xeito lúdico e atractivo.
Froito desta colaboración presentámosvos o primeiro traballo: un programa realizado na plataforma Scratch que axudará a potenciar a capacidade de cálculo mental do alumnado. Que esté feito en Scratch fai que o alumnado coñeza e comprenda o código e que poida modificalo ao seu gusto para adaptalo ás súas necesidades.
O programa está aínda en desenvolvemento e gustaríanos recibir as vosas suxestións para facelo máis completo e atractivo. Esperamos que vos guste.