1ºESO
Co gallo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o alumnado infórmase sobre a orixe do alfabeto Braille e xa o está usando para escribir mensaxes motivadoras.
O departamento de Tecnoloxía por outra banda nos mostra como as impresoras 3D do centro tamén son unha ferramenta ideal para elaborar material adaptado a persoas con discapacidade visual. Os principios do deseño universal ou inclusivo son algo que hai que ter en conta dende o principio cando se deseña un producto.
Este xoves e venres o departamento de Orientación organiza unha serie de obradoiros para ESO e ciclo de FPB co obxecto de axudar a previr conductas adictivas.
Hoxe un grupo de alumnos procederon á lectura pública dos Dereitos da Infancia. Aprobados na ONU o 20 de Novembro de 1959, hai case 60 anos, seguen estando plenamente vixentes e xustificados. Aínda hoxe están lonxe de ser respectados en moitos países, incluído o mal chamado primeiro mundo. Os alumnos reflexionaron sobre eles e fixeron pequenas modificacións para adaptalos á realidade do século XXI. Bo traballo!
O xoves o alumnado de 3º e 4º ESO foi a Coruña a disfrutar da obra de teatro " Don Juan Tenorio" e visitar varios museos DOMUS, MUNCYT) acompañados dos profesores Ana Barrientos, Natalia Freire, Susana Madrea e Pedro Núñez. Ata tiveron tempo de achegarse a torre de Hércules. Unha excursión moi completa.
E o venres, o alumnado de 1º e 2º de ESO poido asistir a unha sesión interactiva sobre cultura americana organizada polo departamento de inglés.
Hoxe a última hora celebramos o tradicional Magosto, amenizado magníficamente polo grupo de música tradicional "O Son do Pote" de Lousame a quenes agradecemos a súa disposición a colaborar con nós. Ademáis de castañas e música, houbo xogos tradicionais organizados dende o departamento de Ed. Física e baile para os que se animaron.
Hoxe no auditorio de Negreira o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e FPB puido disfrutar dunha divertidísima representación teatral a cargo do grupo de teatro Cabareteiros, da escola de teatro municipal de Negreira. "Selfie a go go", dirixida por Sandra Lesta, unha intelixente parodia sobre a evolución do xeito de comunicarnos en familia e entre amigos. Grazas por colaborar con nós de xeito desinteresado e moito éxito coas vosas montaxes teatrais.
Informamos que o Instituto dispón de libros suficientes para garantir o préstamo a todo o alumnado matriculado en:
1º ESO Inglés
2º ESO Inglés
3º ESO Lingua Castelá, Lingua galega, Bioloxía e Xeoloxía
polo que para estas materias non sería necesario adquirir os libros por parte das familias.