Definitivamente, temos un problema!
Segunda tanda de traballo na Auditoría medioambiental do centro. Transcorridos dous meses dende a última limpeza, os alumnos recolleron máis de 10 bolsas de residuos que estaban espallados polos patios e xardín. Principalmente trátase de envases de plástico, como xa o demostrou a análise dos residuos atopados na primeira fase do traballo.
Definitivamente temos un problema recorrente con este tipo de envoltorios. Precisamos de máis concienciación (non só no centro, tamén no entorno familiar e social. Non se trata só do feísmo ou do problema medioambiental que xeran: pensemos que a maioría dos alimentos que estaban envoltos neses plásticos non son o que os expertos en nutrición consideran nutricionalmente correctos.
De novo moitas grazas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía por organizar este tipo de actividades, e facemos un chamamento as familias para que dialoguen e debatan cos seus fillos sobre esta problemática.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1613164929806.jpg | 54.11 KB |
1613164929880.jpg | 57.19 KB |
1613164929844.jpg | 38.19 KB |