IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

CS FP

Premio á reciclaxe intelixente

29/07/2022

Noraboa a o equipo formado polos alumnos do ciclo superior de Informática Mynor Alexander Folgar Peláez e Jordan Garabal Fernández que foron proclamados gañadores do premio do III Concurso Científico Luis Gustavo Rodríguez Taboada no nivel D(alumnado de Formación Profesional) polo traballo "Reciclando hardware informático para uso escolar", organizado polo IES Laxeiro de Lalín.

Utilizando placas base inservibles, teclados e demáis restos de equipos informáticos deseñaron e construiron reloxos, libretas de notas, chaveiros moi orixinais e ao tempo funcionais. Magníficas ideas para alongar a vida de obxectos que doutro xeito rematarían sen máis nun vertedoiro.

 

  • Premios e distincións
  • Informática
  • CS FP
  • 1 adxunto
  • Calendario

Prazas libres no ciclo superior de Informática

20/07/2022

Informamos que quedan varias prazas libres no ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). As persoas interesadas poden poñerse en contacto co centro.  

  • Últimas novas
  • CM FP
  • CS FP
  • Calendario

O IES Xulián Magariños, estupendamente representado na Galiciencia

12/05/2022

O IES Xulián Magariños na Galiciencia!! As profesoras Natalia Freire e Josefa Paulos coordinan os dous equipos que presentan os seus proxectos de economía circular na máis importante feira científica escolar de Galicia, un sobre contenedores SMART que fan reconto automático dos envases que teñen e envían un aviso por internet cando están cheos, e outro sobre "upcycling" de refugallo informático. "La Voz de Galicia" tamén menciona os nosos proxectos.

 

  • Na prensa
  • Act. Complementarias
  • Informática
  • Tecnoloxía
  • 4ºESO
  • CS FP
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Aberto o prazo de solicitude de BECAS do MECD

01/09/2021

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitude de becas ao estudo para estudos non universitarios (Bacharelato, ciclos medios e superiores de FP, e ciclos formativos de Grao Básico)

A solicitude deberá formalizarse por vía telemática  no formulario accesible en  https://sede.educacion.gob.es

Portada - Becas y ayudas para estudiantes | Ministerio de Educación y Formación Profesional (becaseducacion.gob.es)

Tamén abrese o prazo para Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de Apoio Educativo.

 

BECAS DE CARÁCTER XERAL: LIGAZÓN Á TEXTO DO BOE

  • Becas e axudas
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • CB FP
  • CM FP
  • CS FP
  • Calendario

CLASES SEMIPRESENCIAIS EN 1º DE ASIR E EN 1º DE SMR

25/09/2020

AVISO PARA O ALUMNADO DE 1º ASIR e 1º SMR (CAMBIOS: ACTUALIZADO 30/9 ás 17:30)

Debido a que a un día do peche da matrícula en 1º de ASIR o número de inscritos é de 30, e ante a imposibilidade de manter as medidas de seguridade unicamente con mamparas de metacrilato, o alumnado deberá ter as clases en modo semipresencial.

Para isto, estableceranse dúas quendas de 15 alumnos/as que se alternarán por semanas diariamente. O vindeiro luns, día 28, comezará a primeira quenda, desde Almón Rodríguez, Pablo ata López, Javier.  O resto do alumnado recibirá por medio da aplicación Abalar, da páxina web do centro e da Aula Virtual a información do profesorado do ciclo sobre como debe seguir as clases.
 
Asimesmo se impartirán al clases de 1º SMR de forma presencial pois o número de alumnado matriculado finalmente impide manter a distancia mínima de seguridade pese a ter mamparas de seguridade. O alumnado alternarase diariamente.
 
A dirección


  • Últimas novas
  • Comunicados
  • CS FP
  • Calendario

BECAS do Ministerio de Educación para o curso 2020-2021

14/09/2020

Atentos/as aos prazos para solicitar as becas de estudio de este ano !!!

  • Becas para alumnado de Bacharelato, FP e outros estudos : ATA 1 de OUTUBRO. Ver toda a información.
  • Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ATA 30 de SERTEMBRO. Ver a información.
  • Becas e axudas
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • CM FP
  • CS FP
  • Calendario

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

25/06/2020

O alumnado dos ciclos medio e superior que pasa para 2º curso ou repite 2º curso formalizará a súa matrícula de xeito presencial no centro o día 2 de xullo, de 10:00 a 13:30 da mañá.

Documentación a presentar:

- Fotocopia do DNI

- Resgardo do pago de seguro escolar

- Impresos cubertos

En caso de non poder acudir ese día lembre que o prazo de matrícula remata o día 8 de xullo as 13:00

DESCARGUE AQUÍ OS IMPRESOS

NOTA: O alumnado que desexe matricularse en 1º ou repita ese curso debe seguir os pasos do proceso de admisión. O prazo será do 25 de xuño ata o 8 de xullo ata as 13:00 horas. (IR Á PÁXINA DA CONSELLERÍA).

  • Últimas novas
  • Comunicados
  • Informática
  • CM FP
  • CS FP
  • 1 adxunto
  • Calendario

Impresos de matrícula ABAU 2020

26/05/2020

Ligazón a páxina WEB da CIUG onde podedes descargar o impreso de matrícula e o impreso das Taxas.

IR Á PÁXINA DE IMPRESOS

Lembrade que para poder matricularse na ABAU hai que ter aboado tamén os dereitos de Expedición do Título. 

(como encher o impreso de taxas do título)

Condsellería de  Educación, Universidade e F.P.        Código 07

Delegación de : Servizos Centrais                           Código 13

Servizo de :  Ensino Medio                                     Código 03

Taxa denominación : Expedición de títulos               Código 302003

O prezo 2020 é de

52,94   // 26,60  // 0  para título de bacharel ou técnico superior (tarifa normal / Familia numerosa cat. xeral / Familia numerosa cat. especial)

21,64  //  10,84 //  0 para título de técnico (tarifa normal / Familia numerosa cat. xeral / Familia numerosa cat. especial)

Pódese encher o impreso online en:

http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

 

  • ABAU
  • 2ºBAC
  • CS FP
  • Calendario

Programa A Ponte da USC. Encontros Virtuais, 6, 7 e 8 de abril.

31/03/2020

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais"  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

 Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

  • Últimas novas
  • Comunicados
  • Orientación
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • CM FP
  • CS FP
  • Calendario

ACTO OFICIAL DE INICIO DE CURSO

09/10/2019

Mañá mércores terá lugar o acto oficial de inicio de curso no Ies Xulián Magariños. Contaremos coa asistencia dos alcaldes de Negreira e A Baña e a Inspección Educativa, e o persoeiro homenaxeado será o Profesor Miguel Ángel Santos Rego, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e entre outros moitos galardóns, Premio Nacional de Investigación Educativa en 2008. Impartirá unha conferencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior titulada " A Educación diante da sociedade do coñecemento: retos asumibles". Será no salón de actos as 12:30 horas.


Tamén se presentará a X edición do premio de Investigación Humanístico, organizado polo IES Xulián Magariños, que levará o seu nome e está dotado con 300€.

  • Act. Complementarias
  • Últimas novas
  • Comunicados
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 4ºESO
  • CM FP
  • CS FP
  • 1 adxunto
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Febreiro 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728

Novas

  • Curso 22-23
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22
  • Curso 19-20

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016