CM FP
Novas datas para as probas de acceso a ciclos:
Ciclo medio: 10 de xuño
Ciclo superior : 11 de xuño
Atentos/as aos prazos para solicitar as becas de estudio de este ano !!!
- Becas para alumnado de Bacharelato, FP e outros estudos : ATA 1 de OUTUBRO. Ver toda a información.
- Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ATA 30 de SERTEMBRO. Ver a información.
O alumnado dos ciclos medio e superior que pasa para 2º curso ou repite 2º curso formalizará a súa matrícula de xeito presencial no centro o día 2 de xullo, de 10:00 a 13:30 da mañá.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do DNI
- Resgardo do pago de seguro escolar
- Impresos cubertos
En caso de non poder acudir ese día lembre que o prazo de matrícula remata o día 8 de xullo as 13:00
NOTA: O alumnado que desexe matricularse en 1º ou repita ese curso debe seguir os pasos do proceso de admisión. O prazo será do 25 de xuño ata o 8 de xullo ata as 13:00 horas. (IR Á PÁXINA DA CONSELLERÍA).
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais" orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Mañá mércores terá lugar o acto oficial de inicio de curso no Ies Xulián Magariños. Contaremos coa asistencia dos alcaldes de Negreira e A Baña e a Inspección Educativa, e o persoeiro homenaxeado será o Profesor Miguel Ángel Santos Rego, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e entre outros moitos galardóns, Premio Nacional de Investigación Educativa en 2008. Impartirá unha conferencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior titulada " A Educación diante da sociedade do coñecemento: retos asumibles". Será no salón de actos as 12:30 horas.
Tamén se presentará a X edición do premio de Investigación Humanístico, organizado polo IES Xulián Magariños, que levará o seu nome e está dotado con 300€.
O Concello da Baña pon a disposición dos adolescentes que vaian cursar Bacharelato ou algún ciclo de formación profesional nos institutos e Negreira ou Santa Comba durante o curso 2019-2020 un servizo de transporte para facilitarlles os desprazamento ata os centros escolares.
As familias bañesas que desexen utilizar este servizo deberán poñerse en contacto canto antes coa concellaría de Cultura para comunicar os datos pertinentes e facilitar a organización do transporte para todas as persoas interesadas.
Últimos días para presentar a solicitude de admisión a ciclos!
A oferta de ciclos formativos do IES Xulián Magariños queda como segue.
- Formación Profesional Básica: Familia profesional de Comercio e Marketing: "Servizos comerciais"
- Ciclos medios de FP: Familia profesional de Informática e Comunicacións: "Sistemas microinformáticos e redes" (20 prazas)
- Ciclos superiores de FP: Familia profesional de Informática e Comunicacións: " Administración de sistemas informáticos en rede"
As datas para presentar a solicitudes de admisión serán do 24 de xuño ao 2 de Xullo.
CURRÍCULOS OFICIAIS
A Xunta convoca axudas económicas ao alumnado de Formación Profesional que realiza a formación práctica en centros de traballo ou cursa FP Dual.
O alumnado de FOL dos ciclos Medio e Superior terá unha sesión de formación sobre primeiros auxilios impartida por voluntarios da Cruz Vermella o vindeiro 10 de abril.
ATENTOS!. Se vos gusta o periodismo, a investigación e a televisión comprometida coa sociedade. As entidades AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) e Asamblea de Cooperación pola paz desenvolverán un obradoiro de televisión gratuíto para alumnado e profesorado do centro. Dito obradoiro desenvolverase os xoves 7, 14, 21, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, de 16 a 18 horas dentro do proxecto "Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento" do que o noso centro forma parte.
Nas distintas sesións abordarase a parte técnica do proceso audiovisual (cámara, micrófono, iluminación) e tamén a parte dos contidos, partindo da importancia de traballar un bo guión e a variedade de formatos que se poden utilizar, sempre baixo o enfoque da comunicación para o cambio social (temáticas de xénero, medio ambiente, dereitos humanos, etc.) e intentando que o obradoiro sexa unha ferramenta de transformación social para o IES Xulián Magariños e para Negreira.
O alumnado interesado ten dispoñible como adxunto un modelo de autorización que deberá estar asinado polo pai/nai/titor legal no caso de que sexa menor de idade e ser entregado a Orientación ou en Vicedirección.
