CM FP
Para ver algunhas fotos da Charla celebrada hoxe no Salón de Actos co título "Busca Activa de Emprego, clica na imaxe seguinte:
O alumnado do Ciclo Medio de Comercio decorou con "Yolanda Escaparates" a Biblioteca para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016, profesor coordinador Jaime López Otero.
Visita de Miguel Villar , da directiva da asociación de empresarios de Negreira ENE, ao ciclo medio de Actividades Comerciais. Coñeceu a aula de escaparatismo e charlou co alumnado e o profesorado na aula de informática, informándose da campaña "A un paso de ti" para visibilizar en internet ás pemes e comercios de Negreira. Ao final comentou que levaba unha moi boa impresión do alumnado e que ENE colaboraría coa campaña enviando información da mesma aos seus asociados.
Éxito do alumnado e da campaña "A un paso de ti". Nos dous primeiros días de campaña 13 empresas de Negreira asinaron, co departamento de Comercio e Márketing, para participar na mesma convencidos da súa utilidade.