Calendario de exames de setembro e período de matrícula en setembro (actualizado)
EXAMES DE SETEMBRO
IMPORTANTE: O alumnado que levou libros de texto procedentes do fondo solidario ou adquiridos coas axudas da Xunta para preparar os exames de setembro e o resto de alumnado beneficiario do fondo de libros do curso 2017-18 que falte por devolver libros ten que traelos e deixalos en Conserxería.
Tal e como recolle a orde de convocatoria (artigo 5) "As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18"
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.
MATRÍCULA DE SETEMBRO (NOVAS DATAS)
Os días para formalizar a matrícula en setembro serán :
2º Bacharelato e probas ABAU : Xoves 6 de setembro
1º Bacharelato, 3º e 4º de ESO : Venres 7 de setembro
1º e 2º de ESO : Luns 10 de setembro
Adxunto | Tamaño |
---|---|
exames_setembro_18.pdf | 29.27 KB |
informacion_exames_setembro.pdf | 80.33 KB |