Unha vez rematada a matrícula informámosvos que o centro disporía de libros de texto suficientes para prestar ao alumnado dos seguintes cursos e materias, independentemente de que se solicitara o fondo solidario de libros ou non.
MATERIAS DAS QUE DISPOMOS DE LIBROS SUFICIENTES PARA PRESTAR A TODO O ALUMNADO MATRICULADO
3º ESO : Matemáticas aplicadas
4º ESO: Matemáticas aplicadas, Lingua Castelá, Lingua galega, Relixión, Francés 2ª lingua e Xeografía e Historia (lembramos que o alumnado de sección bilingüe non precisa de libro de texto).
As cifras de matriculados poderían variar lixeiramente estes últimos días, pero recomendamos non apresurarse na adquisición dos libros de texto ata que se faga o reparto do fondo solidario de libros.
O mércores 15 de setembro, día de inicio de curso, será o día adicado as presentacións. Non haberá servizo de transporte escolar.
O alumnado acudirá a hora indicada e esperará no exterior, gardando as distancias de seguridade, a ser chamado polo seu titor/a. Unha vez rematada a presentación deixarán o centro.
As clases comenzarán no seu horario habitual o xoves 16, día en que xa funcionará o transporte escolar. Retomamos o horario habitual de hai 2 cursos, sendo a xornada de mañá de 8:45 a 14:25, e o martes pola tarde de 16:20 a 18.00. (os ciclos medio e superior teñen outro horario)
IMPORTANTE: INFORMACIÓN PROTOCOLO COVID
Toda a información referenta ao protocolo de actuación, as medidas adoptadas polo centro e as medidas de obrigas de familias e alumnado as teñen no apartado COVID do menú Curso 21-22 desta web
O vindeiro martes, 14 de setembro, pola tarde, terán lugar as tradicionais reunións informativas para as familias do alumnado de 1º ESO.
Debido á limitación de aforo do salón de actos obrigada polo protocolo sanitario, celebraranse en 3 quendas en correspondencia cos grupos de alumnado existentes pudendo asistir únicamente UNHA PERSOA por familia. Pregase que o alumnado NON asista á reunión xa que o día seguinte terán unha xornada de presentación específica. Os asistentes esperarán fora do centro ata ser chamados.
O horario será o seguinte
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO A : 18:00 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO B : 18:30 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO C : 19:00 horas
Poden consultar en que grupo está incluído o alumnado no seguinte documento de asignación de grupos
Resumimos neste cadro as datas sinaladas de setembro en relación ao inicio de curso. O alumnado de 1º , 2º e 3º ESO que tivera que realizar as probas extraordinarias de setembro formalizará a súa matrícula preferentemente o día 6 de setembro e o alumnado de 4º ESO e bacharelato o día 7. (Información sobre os impresos de matrícula e a documentación adicional a presentar ). A devolución dos libros de texto farase en conserxería os días 1 e 2 de setembro coincidindo coa asistencia aos exames.
NOTA: Este calendario queda pendente de aprobación pola inspección educativa e de calquera nova orde que dean as autoridades sanitarias.
IMPORTANTE: Aínda quedan libros do fondo libros por devolver. O alumnado que non devolvera os libros estes días debe proceder á súa entrega o luns en conserxería. Lembramos que a non devolución dos libros prestados impide poder participar no préstamo solidario para o curso 21-22.
No noso centro ofertamos o ciclo de Formación Profesional Básica de Servizos Comerciais.
Se queredes saber máis da Formación profesional básica tedes toda a información nesta páxina web da Consellería de Educación. Ahí responden a todas as dúbidas sobre os requisitos para matricularse, os prazos, as vías de obtención do título e a oferta dispoñible nos centros de toda Galicia.
Por resumir, o prazo de admisión e matrícula está aberto entre o 1 e o 10 de setembro.
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
- A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Que hai que facer para matricularse?
- Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
- A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitude de becas ao estudo para estudos non universitarios (Bacharelato, ciclos medios e superiores de FP, e ciclos formativos de Grao Básico)
A solicitude deberá formalizarse por vía telemática no formulario accesible en https://sede.educacion.gob.es
Tamén abrese o prazo para Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de Apoio Educativo.
En 1º de ESO, no que respecta ás materias que NON entran dentro do Programa Edixgal e polo tanto necesitan libro de texto (Matemáticas, Xeografía e historia, Inglés e Francés) o centro dispón das seguintes existencias : Matemáticas: 49 libros, XH: 51 libros, Inglés:67 libros e francés: 17 libros, que serán repartidos entre o alumnado.
O consello escolar acordou que no reparto se priorice ao alumnado con menor renta polo que se prestarán en primeiro lugar ao alumnado que resulte adxudicatario das axudas para adquisición de material escolar. De haber libros sobrantes procederíase a un sorteo dos mesmos entre o alumnado restante. A falta da matrícula definitiva en setembro case podemos asegurar que o alumnado adxudicatario do vale de material escolar recibirá en préstamo por parte do centro os libros de Matemáticas, Xeografía e Historia e Inglés.
Como o reparto final non o podemos coñecer ata ter os datos de matrícula definitiva en setembro solicitamos ás familias que non se apresuren en mercar os libros de texto.
Adxuntase calendario coas datas das probas extraordinarias de setembro
● As probas realizaranse os días 1 (mércores), 2 (xoves).
● Non haberá servizo de autobuses.
● O alumnado deberá esperar no patio a ser chamado aos exames e abandonará o centro ao rematalos.
● O alumnado que teña libros do fondo libros os devolverá en conserxería os propios días de exame.
● Aulas dispoñibles: Salón de actos, aula de FP Básica e Informática 1.
O vernres 3 ás 20:00 horas publicaranse, por Abalar Móbil, as cualificacións. A partir dese momento, o alumnado pode poñerse en contacto co seu profesorado, vía correo electrónico, para solicitar aquelas aclaracións que consideren oportunas.
● Os boletíns co consello orientador poderán recollerse en conserxería no momento de formalizar a matrícula (días 6 e 7).
● O prazo de presentación de reclamacións abranguerá os días 6 (luns) e 7 (martes) ata ás 14:00 horas.
● A resolución de reclamacións será o día 8 (mércores).
O xoves 8 publicaremos no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe de solicitudes excluidas. (alumnado de 2º a 4º ESO)
As persoas solicitantes poden tamén acceder por vía electrónica ao seu expediente na aplicación FONDO LIBROS mediante certificado dixital ou chave 365.
Os interesados poderán reclamar ata o día 13 de xullo.
Publicamos tamén no taboleiro de anuncios a listaxe de beneficiarios das axudas para adquisición de material escolar (vale de material) (alumnado de 1º a 4º ESO).
