Act. Extraescolares
Mañá venres, 25 un equipo composto por 4 alumnas de 4º de ESO, acompañadas do profesor Amancio Liñares, participarán na I olimpiada galega de Historia na facultade de Historia do campus de Ourense. Moita sorte!
P.D:O noso equipo chámase O Kalivera 30 H. P. (nome dunha das novelas curtas do escritor Xulián Magariños Negreira).
Mañá un grupo de alumnos/as de 4º ESO e 2º BAC acudirán coa profesora Elena Paredes a visitar a EASD Mestre Mateo de Santiago, onde poderán coñecer a ampla oferta de estudos artísticos e as instalacións.
Segundo comentan os nosos enviados especiais a Londres, a viaxe de estudantes de 3º de ESO, acompañados polos profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares á capital inglesa está a ter unha intensa actividade cultural. Podedes facer o seguimento en exclusiva na nosa páxina de Facebook, que contén todo o apoio gráfico.
Noraboa aos equipos do IES Xulián Magariños que participaron na gran final de Club de Debate en Ferrol e como sempre deixaron moi boas impresións. Este ano a victoria foi para Ames, a quen tamén felicitamos cariñosamente, que gañou nunha disputadísima final a o equipo 1 do noso centro.
A pesar de que non gañaron, o noso alumnado tivo como sempre unha actitude magnífica e dedicáronlle a María Blanco, quen para o curso que ven trasládase de centro, unha despedida moi emotiva con peza de gaita incluída.
Dous alumnos/as de 2º e 3º de ESO participan na final intercomarcal de Badminton en Serra de Outes.
Os días 20 e 21 de Abril 7 alumnos e alumnas do servzo de mediación do centro acompañados pola coordinadora, Kety Lois , a orientadora, Cristina Galdo, a xefa de estudos, María Blanco, a vicedirectora, Clara Rodriguez e o director, Adelino Pose, asistirán as VI Xornadas da Rede de Centros para unha convivencia positiva, que terán lugar no IES Plurilingüe Fontexería da vila de Muros. O IES Xulián Magariños colabora na organización destes encontros.
O 11 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á depuradora e á potabilizadora de Negreira saindo a segunda hora e regresando a última.