Act. Extraescolares
O mércores, día 18, o alumnado de 1º de ESO acudirá ao centro sociocultural de Negreira a unha representación de teatro con música e malabares. Terá lugar ás dúas últimas horas
Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.
O vindeiro luns 9 haberá unha visita á cidade de Ourense (Teatro clásico, exposición In Tempore Sueborum). Serán 30 alumnos/as desde 3º ESO a 2º BAC das materias de Latín, Grego e Cultura Clásica.
O vindeiro luns día 9 de abril o noso alumnado participará na fade de zona do club de Debate en Teo. Participarán un total de 18 alumnos/as de 3º e 4º ESO e 1º BAC, saído do centro ás 8:45 e regresando a Negreira ás 20:30
O vindeiro día 16 de abril, o alumnado de 1º ESO asistirá a partir das 11:35 a un videoforum organizado pola Deputación da Coruña sobre muller e deporte, que terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural.
Un grupo de 10 alumnos e alumnas de 3º ESO, 1º BAC e 2º BAC participará na V Olimpiada Filosófica que se celebrará en Santiago. Podedes ver o programa aquí.