Act. Extraescolares
O xoves 8 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato visitará diversas facultades do campus da USC. Haberá clase normal a 1ª hora.
Alumnado de 2º de ESO participa no campionato escolar en Outes. Se queredes ver máís fotos, xa sabedes: "no feisbuc"
O último día de clases, xoves 21 de decembro, o departamento de galego organizou unha ruta literaria sobre o poeta X.M. López "Ardeiro", que tivo lugar de 8:45 a 11. Participou na ruta o alumnado de 2º de BAC, acompañados polos profesores María Rey, Noemí Villar, Amancio Liñares, Clara Cristela, Ricardo Rodríguez e Adelino Pose e posteriormente houbo un acto no salón de actos do instituto coa participación do alumnado de 1º de BAC e 4º de ESO.
O alumnado de 4º ESO e de 2º BAC A terá a oportunidade de participar nunha xornada de observación astronómica o próximo martes 19 de decembro, acompañados poe especialistas na materia. Clica na imaxe para agrandar.
Alumnado de 2º de Bac difundiu o proxecto de fabricación de conectores para cúpulas xeodésicas na maior mostra científica escolar que se celebra en Galicia. Galiciencia tivo lugar os días 22, 23 e 24 de novembro en Ourense.
O alumnado de comercio visitou Fairway, , feira e congreso sobre o camiño de Santiago celebrado no Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago
http://www.fairwaysantiago.com/
Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco (estudantes e participantes no Club de Debate do IES Xulián Magariños de Negreira, que achegarón ideas para o futuro da lingua entre a xente moza)
LGx15. O futuro da lingua galega