Iniciar sesión: Acceso

SEGUNDA AVALIACIÓN

CON DATA 3 DE ABRIL, SEGUINDO INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA CON COMPETENCIAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN, PÉCHASE A SEGUNDA AVALIACIÓN NA ESO E NO BACHARELATO 

Ainda supoñendo unha grande dificultade no caso de moito profesorado e en moitas materias, seguindo instrucións da Consellería procedeuse a avaliar a todo o alumnado, e con data 3 de abril comunicaranse as cualificacións.

Avaliaronse actividades, tarefas, traballos e traballo, rexistros e contidos curriculares impartidos ata o 13 de marzo de 2020.

A notificación das cualificacións farase a través da aplicación gratuita abalarMobil.

(clica 1 adxunto)

SEGUNDA AVALIACIÓN

Comunícase ao alumnado e ás familias que, seguindo instrucións da Consellería con competencias en materia de educación, con data 3 de abril pecharase a segunda avaliación do presente curso, coa correspondente comunicación de cualificacións.

Isto farase con garantías nos seguintes termos:

  • A avaliación só terá en conta os aspectos curriculares e o traballo desenvolvido ata o 13 de marzo de 2020, último día antes da declaración do estado de alarma.
  • A avaliación desenvolverase telemáticamente.
  • A avaliación terá que estar pechada a data 3 de abril de 2020.

O centro complementou estas ordes coas seguintes instrucións dadas ao/á/s titores/as e ao profesorado:

  • A dirección do centro estableceu un procedemento de avaliación telémática con garantías para o alumnado, tentando normalizar o máis posible o proceso avaliador.
  • O profesorado terá en conta, cada un/ha na medida das súas posibilidades, só os exames, probas, tarefas, traballo/s, anotacións e rexistros feitos ata o 13 de marzo de 2020.
  • Cada departamento didáctico recollerá esta incidencia nas súas actas de departamento.
  • O 3 de abril as cualificacións estarán en Abalar Móbil a partires das 10:00 horas (no arquivo adxunto hai instrucións para descargar a aplicación).

(consulta)

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

(clica 1 adxunto)

VOSTEDE PODE FALAR

HORARIO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA

O centro está pechado para toda a comunidade escolar. Atendemos:

LUNS a VENRES: de 10:00 - 13:30 horas.

MÈRCORES: de 17:00 - 18:00 horas 

no teléfono 886110513

NOVAS DA CONSELLERÍA

No seguinte enlace podedes consultar as novas da Consellería

(preme o enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

APRENDENDO NA CASA 3

Informamos do recurso educativo on line ACULTURASEGUE da Consellería.

(preme o enlace)

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48051/xunta-propon-unha-pro...

APRENDENDO NA CASA 2

Informamos da iniciativa estatal Aprendemos na casa para alumnado de entre 6 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividad lectiva presencial motivada polo estado de alarma.

Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en TVE, La 2 e Clan TV. 

(consulta)

https://www.educastur.es/documents/NDP+Rtve-MEFP.pdf.pdf.pdf

PRÓRROGA ESTADO DE ALARMA

O goberno ampliará o estado de alarma ata o 13 de abril

APRENDENDO NA CASA 1

A UNESCO ven de publicar en intranet a súa BIBLIORECA DIXITAL MUNDIAL.

(preme o enlace)

https://www.wdl.org/es/

DÍA DE SAN PATRICIO

17/03/2020 00:06
20/03/2020 00:06
Atlantic/Bermuda

O IES Val do Tea mira no seu día ás vilas amigas de Tuam e Oileáin Aráan, compañeiras nos Erasmus

“Invoco á terra de Irlanda / Que o seu mar fértil sexa moi sulcado / que o monte sexa fértil, con froitos abundantes / froita espallada nos seus bosques mollados / e non sequen nunca as augas nos ríos e nas fervenzas” (fragmento atribuído a Amhairghin mac Míled -AMERGÍN-)

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa