Iniciar sesión: Acceso

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIIFICACIÓNS FINAIS

PERÍODO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS ORDINARIAS: XOVES E VENRES, DE 09:00 - 14:00 (AMBOS OS DOUS DÍAS). AS RECLAMACIÓNS FANSE NA SECRETARÍA DO CENTRO CON REXISTRO DE ENTRADA, DIRIXIDAS Á DIRECCIÓN E SEGUNDO MODELO NORMALIZADO

ENTREGA ORDENADOR E/OU KIT INFORMÁTICO

Todas as familias beneficiadas polo préstamos dun router con conexión máis un equipo informñatico ou dun router con conexión dos prestados pola UAC (Consellería) deben entregalos en condicións optimas xunto coas tarxetas o vindeiro xoves 25 no centro en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Todas as familias beneficiadas dun préstamo de ultraportátil cedido polo centro deben entregar o equipo entre os días 25-26 de xuño, no centro, en horario de 09:00-14:00, agás que o/a alumno/a tivera algunha materia suspensa (ainda que estea promocionado/a)

RECOLLIDA CUALIFICACIÓNS E ENTREGA DE LIBROS

1º BACHARELATO

Este alumnado (e os seus/súas titores/as legais) recibirá as súas cualificacións no seu correo electrónico ou, por defecto, na conta de correo que figura na base de datos do centro. O envío de cualificacións será o martes 23 entre as 17:00 - 20:00 horas.

ESO

Este alumnado (e os seus/súas titores/as legais) recibirá as súas cualificacións PRESENCIALMENTE NO CENTRO no momento en que entreguen os libros das materias que teñan aprobadas ao longo do martes 23 xuño segundo as seguintes quendas:

 

MARTES 23

09:00 – 11:00

1º ESO

12:00 – 14:00

2º ESO

16:00 – 17:45

3º ESO

18:15 – 20:00

4º ESO

 É moi importante respectar as quendas asignadas, tanto por razóns sanitarias como por organización do centro.

Non haberá que acceder ao interior do edificio, serán atendidos/as en filas independentes para cada grupo na parte leste do edificio.

MATRÍCULA ABAU 2

PROCEDEMENTO EN OFICIÑA

1.RECOLLIDA DE IMPRESOS, OS DÍAS 10 E 11 NO SEGUINTE HORARIO (AMBOS OS DÍAS):

2ºBACHARELATO A: 10:00 - 11:00 HORAS

2ºBACHARELATO B: 11:00 - 12:00 HORAS

2ºBACHARELATO C: 12:00 - 13:00 HORAS

(CUBRIR O IMPRESO PODE FACERSE TAMÉN TELEMÁTICAMENTE)

2.PAGAR A TAXAS

3.ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO, OS DÍAS 12 e 16 NO SEGUINTE HORARIO:

2ºBACHARELATO A: 10:00 - 11:00 HORAS

2ºBACHARELATO B: 11:00 - 12:00 HORAS

2ºBACHARELATO C: 12:00 - 13:00 HORAS

MATRÍCULA ABAU 2

MATRÍCULA ABAU 1

PROCEDEMENTO EN OFICIÑA

1.RECOLLIDA DE IMPRESOS, OS DÍAS 10 E 11 NO SEGUINTE HORARIO (AMBOS OS DÍAS):

2ºBACHARELATO A: 10:00 - 11:00 HORAS

2ºBACHARELATO B: 11:00 - 12:00 HORAS

2ºBACHARELATO C: 12:00 - 13:00 HORAS

(CUBRIR O IMPRESO PODE FACERSE TAMÉN TELEMÁTICAMENTE)

2.PAGAR A TAXAS

3.ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO, OS DÍAS 12 e 16 NO SEGUINTE HORARIO:

2ºBACHARELATO A: 10:00 - 11:00 HORAS

2ºBACHARELATO B: 11:00 - 12:00 HORAS

2ºBACHARELATO C: 12:00 - 13:00 HORAS

 

 

MATRÍCULA ABAU 1

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS 2º BACHARELATO

NESTE ENLACE TEDES A INFORMACIÓN, PRAZOS E PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2ºBACHARELATO.

(preme o enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/reclamacionsbacharelato

ENTREGA BOLETÍNS 2ºBACHARELATO

A ENTREGA DE BOLETÍNS COA CUALIFICACIÓN ORDINARIA PARA O ALUMNADO DE 2º BACHARELATO SERÁ MAÑÁ LUNS 8, A PARTIRES DAS 21:00 HORAS A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO. ENVIARANSE AO CORREO ELECTRÓNICO DO/A ALUMNO/A OU, NO SEU DEFECTO, Á QUE FIGURE NA BASE DE DATOS DE XADE. INGUALMENTE DEBERÁN CHEGAR POR ABALARMÓBIL.

NOVAS DO PORTAL EDUCATIVO

O IES VAL DO TEA ADMITIDO PROVISIONALMENTE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL).

(clica no enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31192

NOVAS DA CONSELLERÍA

PUBLICADAS AS Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instruciónsdo 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao obxecto de ampliar e de concretar determinados aspectos relativos aavaliacióne criterios depromoción edetitulación, recollidos nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, procede ditar as seguintes instrucións,

1. Obxecto e ámbito de aplicación

1.1. Estasinstrucións teñen por obxectoampliare concretardeterminados aspectos dasInstruciónsdo 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20nos centros docentesdaComunidade Autónoma de Galicia, no relativo acriterios de avaliación,promoción etitulaciónpara o presente curso 2019/20.

1.2.Son de aplicación en todos os centros educativos non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas establecidas naLei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no contexto da aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID19.

2. Probas finaise avaliación final

2.1 Os centros educativos non poderán realizar probasde modo presencialao alumnado. Aquelescentros que tiveran previsto a realización deprobaspresenciais, coa finalidade de aumentar as oportunidades do alumnado para superar as materias pendentesou con avaliación negativa,só poderán realizalasde modo non presencial,polo mesmo mecanismo co que cada centro se viñese comunicando co seu alumnado no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial. Se os docentes o consideran oportuno, asprobas poderán ser substituídas pola realización de traballos ou actividades que permitan unha avaliación obxectiva do alumno ou alumna.

2.2. As probas extraordinarias do mes desetembro, realizaransena modalidade presencial ou non presencial,en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración. Ditas probas versarán exclusivamente sobre os obxectivos, as aprendizaxes e as competencias desenvolvidas en modo presencial durante o primeiro e o segundo trimestre.

2.3. Os centros educativos celebrarán conxuntamentea sesiónda terceira avaliación parcial e asesión da avaliación final,levantándose a correspondente acta. Valorarase o esforzo do alumno ou da alumna na realización das tarefas e actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación de aprendizaxes propostas,e o interese amosadono seguimento da actividade educativa desenvolvidano períodonon presencial, tendo especial consideración ás dificultades de carácter tecnolóxico, social ou persoal que puideran ter concorrido en cada un dos alumnos e alumnas. En todo caso, a valoracióndas actividades realizadas na fase non presencial poderá ter valor positivo para a cualificación final do alumno ou da alumna.

2.4. Polascircunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentosde avaliaciónos centros educativosrexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Nonserexistrarán cualificacións da terceira avaliación.No caso das ensinanzasdeformación profesional rexeranse polasúa normativa específica.

3. Criterios de promociónen educación secundariaobrigatoria, en formación profesional básicae en bacharelato

3.1. En educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básicae en bacharelato, independentementede que a adopción dadecisiónsobre promoción se adopte por parte do equipo docente na convocatoria ordinaria de xuño ou na extraordinaria de setembro, os alumnos e as alumnas que promocionen dun curso a outro dentro da mesma etapacon materias non superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, a fin de posibilitarlle a recuperación desas materias.

3.2.Os resultadosda convocatoria extraordinarianon alterarán as decisións de promoción que se tiveran adoptado na avaliación final ordinaria, agás que sexan máis favorables para o alumno ou alumna. Para estes efectos, a situación de non presentado/a (NP) na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na avaliación ordinaria.

4.Criterios de titulaciónen bacharelatoOs centros educativos poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios para a obtención do títulode bacharelatosen ter en consideración as limitacións que afecten ao número de materias non superadas, cando a xuízo do equipo docente, o alumno ouaalumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos xerais de etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico.En todo caso,a nota media da etapa debe ser igual ou superior a 5.

5. Informe individualizadoO informe individualizado recollido no punto7.4das Instrucións do 27 de abrilserá coordinadopolo profesorado titorcoas aportacións doprofesorado dogrupo. Facilitarase o modelo aos centros educativos.

 

(preme o enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/28_05_2020_instrucions_c...

 

CALENDARIO PRESENCIAL 2º BACHARELATO

PUBLICADO NA AULA VIRTUAL DO CENTRO O CALENDARIO PARA A ASISTENCIA PRESENCIAL DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa