Iniciar sesión: Acceso

A música sempre presente no VdT

Este luns tivemos unha nova sesión musical, nesta ocasión a cargo a nosa exalumna Alcira e Paula Carrera, que moi amablemente achegaron o seu bo facer musical ao alumnado de 4º ESO, 3º PDC e tamén ás familias do Club de lectura.

Grazas, Alcira, Paula, e parabéns polo voso fermoso traballo! Sempre é un pracer escoitarvos.

Visítannos dous grandes alumnos do CDM!

O pasado xoves estiveron connosco Alberto R. Boente, exalumno deste centro, e Daniel Corral. Ambos os dous son alumnos do CDM de Ponteareas cun futuro prometedor! E así o viñeron demostrar ao longo de toda a mañá, durante a que tocaron todo o noso alumnado, demostrando así que, ademais de grandes persoas, son tamén grandes músicos.

Parabéns, Alberto e Dani, polo voso traballo e moita sorte con todos os proxectos que iniciedes de agora en diante!

E Trécola achegounos as aventuras de Pituquito!

O pasado luns, día 20, visitou o noso centro a compañía Trécola Producións e con ela os seus monicreques! Viñeron desde Lugo para facernos rir, para explicarnos como naceron os monicreques, quen foron Guiñol e Barriga verde e para lembrarnos a pureza da adolescencia.

Parabéns, Trécola polo voso fermoso traballo e polas risas e ledicia que transmitides! Sen dúbida, unha fermosa experiencia para o alumnado de 2º ESO.

  

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA ESO CURSO 2024/25

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

CONVOCATORIA

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1. Electrónica: utilice esta aplicación e presenta a solicitude na Sede Eletrónica:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=gl

Importante: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

Necesitará ter

a) Conta de Chave365 (https://www.xunta.gal/chave365/que-e) ou,

b) Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma (https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html)

2. Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro (https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791)

3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II (imprimindo desde a aplicación (https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791) ou recolléndoos no centro, e presénteos no centro en horario lectivo.

Importante: o alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai a estar escolarizado no curso escolar 2024/25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023/24.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE: a información está no:

Artigo 11 da Orde da convocatoria

Artigo 12 da Orde da convocatoria

  • Solo no caso de que a situación familiar cambiase, teñen que aportar a documentación que acredite dito cambio (novos membros da unidade familiar, sentenzas de separación, discapacidades, etc.).
  • No caso que sinale que se opón á comprobación telemática pola administración terá que presentar a documentación.
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

Luisa Villalta. Letras Galegas 2024

No IES Val do Tea celebramos as Letras Galegas os 365 días do ano!

Hoxe compartimos convosco un novo traballo de Ondas no Tea, nesta ocasión xira en torno á figura de Luisa Villalta, autora á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas este ano. Presentación de Alejandro, semblanza a cargo do alumnado de 3º PDC e recitados dos alumnado de Artes Escénicas.

Agardamos que vos preste e que celebredes este día a carón dun bo libro!

"Escoito a voz que me silencia:

comezo a expresar o necesario."

                                  Luisa Villalta

XORNADA DE ACOLLIDA AO NOSO FUTURO ALUMNADO DE PRIMARIA

O pasado mércores día 15 de maio, o alumnado de 6º de primaria dos nosos centros adscritos veu a pasar a mañá con nós, ao seu futuro centro. Participaron en diferentes obradoiros onde, por un momento, foron artistas, detectives, científicos, matemáticos, acompañados en todo momento por alumnado de 1º da ESO, que tamén lles fixo unha visita guiada polas instalacións do instituto. Ademais tiveron a benvida e despedida amenizadas por alumnado de 1º de bacharelato de artes: os nosos artistas musicais. Sen dúbida, unha mañá ben divertida e interesante. Agardámosvos en setembro!

DATAS ABAU. PRAZOS E PROCEDEMENTOS DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO

Segundo a Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa:

  

  1. Datas das probas da ABAU:

    • −  Convocatoria ordinaria4, 5 e 6 de xuño de 2024.

    • −  Convocatoria extraordinaria2, 3 e 4 de xullo de 2024.

  2. Prazos e procedemento para as reclamacións:
  3. PARA OS TRÁMITES DE RECLAMACIÓN, O HORARIO DA OFICINA DO CENTRO É DE 9.00 A 14.00 HORAS

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS CURSO 2024/25

No taboleiro do noso centro están publicadas desde o día 15 de mario de 2024, as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido na ESO e en Bacharelato por curso e pola orde de puntuación provisional total obtida. (Taboleiro ao lado de conserxería)

O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura como alumnado en reserva.

Lembrade que está prohibido facer fotos pola Lei de Protección de Datos.

Tamén están dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado

 SEGUINTE PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO:

Formalización da matrícula na ESO e BACHARELATO: do 23 de xuño ao 8 de xullo.

Segundo a normativa vixente, o alumnado que non se matricule no prazo sinalado, PERDE O DEREITO Á PRAZA NO CENTRO.

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa