Iniciar sesión: Acceso

Visitamos os centros adscritos

Esta semana, o Equipo Directivo achegouse aos nosos centros adscritos de Primaria, o CEIP Fermín Bouza Brey e o CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo, para convidar o alumnado de último curso a asistir a unha xornada de acollida que terá lugar proximamente no noso centro. Foi un pracer compartir estas mañás co noso futuro alumnado!

Saboreando o ceo

Saboreamos onte o ceo coa voz e os contos da nosa alumna Boutaina (que leu para nós en árabe), con pasteis ricos (tamén árabes), coa amorosa presencia das persoas que se achegaron a esta sesión do club de lectura de familias na que lemos Saboreando el cielo, de Ibtisam Barakat.

Chegamos a Palestina, o lugar da resistencia. Deteñamos o xenicidio con doces, con libros, con encontros, con mamás lectoras! Grazas, mamás por virdes sempre, polos doces e os marcapáxinas que nos ganchillastes.

 

XORNADA DE ACOLLIDA 4º ESO (CENTROS DA CONTORNA)

O vindeiro xoves 25 de xaneiro contaremos con alumnado de 4º da ESO de centros da contorna para falar sobre as ensinanzas de bacharelato.

Visítannos os Pallasos en rebeldía

O pasado venres, o pallaso Iván Prado (pallaso en rebeldía) achegouse ao noso insti para falar das accións que desenvolven en Gaza (ademais de noutras partes do mundo en situación de risco e conflicto) os Pallasos en rebeldía. O circo combatendo as balas e o xenocidio.
Tamén nos presentou o seu libro Palestina tiene nombre de mujer. A cultura combatendo a barbarie. "Defender la alegría como una trinchera".
Grazas, Iván, e grazas ás pallasas e pallasos por facer dos espazos da dor e da inxustiza lugares máis amables e habitables!

PROBA DE AVALIACIÓN INICIAL

PROBA DE AVALIACIÓN INICIAL

RESOLUCIÓN do  7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.

Artigo 13.   Proba de avaliación inicial

1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento.

2. Durante os días 17, 18 e 19 de xaneiro de 2024, realizaranse nos centros EPA e nos IES autorizados as probas de avaliación inicial

  PROBA DE NIVEL
  IES VAL DO TEA - CURSO 2023 - 2024
ÁMBITO CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO SOCIAL DA COMUNICACIÓN
DATA Mércores 17/01/2024 xoves 18/01/2024 Venres 19/01/2024
HORA 12:25 h - 13:25 h 9:35 h - 10:35 h 10:45 h - 11:45 h
AULA 1B3 - XADREZ 1B3 - XADREZ 1B3 - XADREZ

LISTAXE PROVISIONAL DA PROBA EXTRAORDINARIA DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO FINAL NA MODALIDADE DE HÍPICA

 PUBLÍCASE EN DOCUMENTO ADXUNTO A LISTAXE PROVISIONAL DA AVALIACIÓN Á PROBA EXTRAORDINARIA DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO FINAL NA MODALIDADE DE HÍPICA

ENTREVISTEA. Grandes deportistas do Val do Tea!

Compartimos convosco o noso novo programa, nesta ocasión dedicado aos grandes deportistas que percorren os corredores do Val do Tea!

Para comezar, deixámosvos 2 entrevistas: Nerea e Yeray, xogadores de voleibol; e Adrián, xogador de fútbol.

Escoitádeas!

 

Patinando sobre xeo

Este mércores o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de ir patinar sobre xeo na pista instalada en Samil (Vigo). Sentou ben un pouco de deporte para arrincar esta 2ª avaliación con forza!

DATAS E HORARIOS DAS PROBAS ABAU 2024: CONVOCATORIA ORDINARIA

PARA MÁIS INFORMACIÓN, PODEDES ACCEDER Á PÁXINA WEB DA CIUG A TRAVÉS DA ICONA QUE TENDES NA MARXE INFERIOR DEREITA DESTA PÁXINA WEB.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2024

ORDE do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa